jueves, 25 de febrero de 2010

¡SUSPENDIDAS TÓDALAS ACTIVIDADES!

A Federación Galega de Baloncesto, seguindo as recomendacións da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en vista da adversa situación meteorolóxica que atravesa nestas datas a nosa Comunidade e por unha cuestión de prudencia, toma a decisión de SUSPENDER TODA A COMPETICIÓN DESTA XORNADA nas LIGAS FGB e LIGAS das DELEGACIÓNS ZONAIS.
Polo tanto suspéndense TODOS os encontros de carácter autonómico e zonal a disputar na nosa Comunidade Autónoma esta fin de semana (26, 27 e 28 de febreiro). Así mesmo, a Federación Galega de Baloncesto habilita a fin de semana do 27 e 28 de marzo como data para ubicar de novo esta xornada para todas as competicións FGB, excepto para a Liga FGB Sénior Feminina cuxa nova
data de xogo será a do 19 de marzo.
Todos os clubs que desexen fixar os seus encontros noutras datas diferentes das anteriores, previo acordo entre os dous equipos implicados e notificado á Federación Galega por escrito, poderán facelo sen que isto lles supoña custe monetario algún.
Suspendida a Concentracións das Preseleccións de Minibasket.
Nesta mesma liña de prudencia, a FGB anuncia tamén a suspensión da xornada de adestramentos que as preseleccións galegas de Minibasket tiñan previsto realizar este domingo, 28 de febreiro, nas dependencias do Colexio Compañía de María en Santiago de Compostela.
Para evitar confusións, a Federación comunicará persoalmente esta incidencia a todos os pais ou responsables das xogadoras e xogadores convocados para esta concentración.

viernes, 19 de febrero de 2010

¡XORNADA CATEGORIAS INFERIORES!

LIGA PROVINCIAL:
JUNIOR FEM
C.P. CASÁS-CB BURELA
Domingo 21 ás 12:00 no Pavillón O Palomar de Lugo.

LIGA ESCOLAR:
INFANTIL FEM.
CB CELTAS FOZ-CB BURELA
Sábado 20 ás 12:30h no Pavillón de Marzán.

ALEVIN FEM.
CB BURELA-ED MONDOÑEDO
Sábado 20 ás 12:30h no Pavillón Monte Castelo.

¡ENTREVISTA A ÁLVARO FERREIRA!

Coa entrevista a Álvaro Ferreira, xogador alevín do noso clube que está foi seleccionado pola Selección de Lugo e preseleccionado coa Selección Galega, comezamos unha serie de entrevistas que imos a facer aos rapaces e rapazas das nosas categorías inferiores.

CB BURELA: ¿Cantos anos tes agora mesmo?
ÁLVARO: Doce recién cumpridos.

CB BURELA:-¿Como empezaches no baloncesto?
ÁLVARO: Empecei nas escolas deportivas a practicar varios deportes (fútbol sala, tenis, baloncesto…) e o balonceto foi o que máis me gustou e xa empecei a xogar en benxamines.

CB BURELA: -¿Cal é o teu adestrador actual e cal foi o adestrador co que empezaches no mundo do baloncesto?
ÁLVARO: O meu adestrador actual é Lolo e co que empecei foi con Manolo.

CB BURELA: -¿Qué tal vai o equipo nesta tempada?
ÁLVARO: Moi ben. Ata o de agora xogamos tres partidos e gañamos os tres. Esperamos gañar a liga coma o ano pasado e xogar os provinciais.

CB BURELA: -¿Qué é o que máis che gusta dos adestramentos?
ÁLVARO: Aprender a facer cousas que antes non facía.Grazas aos entranos sinto que vou mellorando.

CB BURELA: -¿Cal é o xogador teu xogador favorito e a que xogador che gustaría parecerte?
ÁLVARO: O meu xogador favorito e a quen me gustaría parecerme é Pau Gasol porque é moi completo.

CB BURELA: -¿Cantas veces fuches convocado coa Selección Galega?
ÁLVARO: Estiven convocado nas 5 concentracións que houbo da selección mini galega no centro de tecnificación en Pontevedra, dúas en Santiago, unha en Allariz e outra en Sada.

CB BURELA: -¿Qué se sinte ao ir preseleccionado ou convocado coa Selección Galega?
ÁLVARO: Unha gran alegría por ir convocado e poder aprender moito para despois poder xogar có meu clube.

CB BURELA: -¿Cal é o mellor recordo que gardas do baloncesto?
ÁLVARO: A miña primeira convocatoria coa selección galega xa que foi unha gran sorpresa.

CB BURELA: -¿Madrid ou Barça?¿Por qué?
ÁLVARO: Madrid porque dende moi pequeño sempre fun aficionado ao Real Madrid e pareceme un gran clube.

CB BURELA: -¿Qué botas de menos no baloncesto da nosa comarca(A Mariña)?
ÁLVARO: Que participaran máis equipos na nosa liga xa que estamos moito tempo sen xogar partidos.

CB BURELA: -Un desexo para o ano 2010…
ÁLVARO: Chegar a xogar o Campionato de España coa selección galega e gañar os provinciais co meu clube.

10 RESPOSTAS CURTAS DE ÁLVARO

1. XOGADOR DA NBA-Pau Gasol.
2. XOGADOR DA ACB-Felipe Reyes.
3. UN CICLISTA-Alberto Contador.
4. MOTO GP: LORENZO OU PEDROSA-Pedrosa.
5. FÓRMULA 1-Fernando Alonso.
6. XOGADOR DE FÚTBOL-Kaká.
7. XOGADOR DE FÚTBOL SALA-Luis Amado e do Burela FS Juanma.
8. TENISTA-Rafa Nadal.
9. UN ADESTRADOR-De fútbol Del Bosque e de Baloncesto Pepu Hernández.
10. PORTEIRO-Iker Casillas

sábado, 13 de febrero de 2010

¡RESULTADOS CATEGORIAS INFERIORES!

De formidables podemos definir os resultados obtidos polos nosos equipos das categorias inferiores conseguindo o pleno de tres victorias en outros tantos partidos disputados.
O equipo alevín mixto impúxose na casa ao CB Celtas de Foz por 35-25. Pola súa parte o alevín femenino impúxose tamén na casa e ao CB Celtas por un apretado marcador de 32-30.
Finalmente, o infantil femenino volveu a gañar nesta ocasión no pavillón municipal de Viveiro perante o conxunto local por un aplastante 6-48, demostrando ,así, a súa hexemonía na liga conseguindo a sexta victoria consecutiva da tempada.

miércoles, 10 de febrero de 2010

¡O EQUIPO SENIOR DESCANSA!

A liga do equipo senior femenino sufre este fin de semana un pequeno parón por mor das festas de entroido. Aínda que non disputarán partido este fin de semana as rapazas de Manolo manterán os horarios dos seus adestramentos semanais para preparar a seguinte xornada de liga na que se enfrontarán na casa ao Peleteiro de Santiago.

¡XORNADA CATEGORIAS INFERIORES!

LIGA PROVINCIAL:
JUNIOR FEM
Xornada de DESCANSO

LIGA ESCOLAR:
INFANTIL FEM.
CB VIVEIRO-CB BURELA

ALEVIN FEM.
CB BURELA-CB CELTAS FOZ
Sábado 13 ás 12:00h no pavillón Monte Castelo.

ALEVIN MIXTO
CB BURELA-CB CELTAS FOZ
Sábado 13 ás 11:00h no pavillón Monte Castelo.

lunes, 8 de febrero de 2010

¡NOVA DERROTA DO SENIOR EN NOIA!

Partido igualado o disputado onte en Noia polo noso equipo senior e que ao final se decantou do bando local por 59-47.
As rapazas de Manolo logo dun primer cuarto igualado e con constantes alternativas no marcador viñeronse abaixo no segundo cuarto no que os rebotes ofensivos e a floxa defensa permitiron que o rival encestase con suma facilidade, tendo ata tres opcións en algún ataque.
Tralo descanso, e logo da charla do míster, as nosas rapazas púxeronse un pouco as pilas e foron facendo caso as directrices marcadas dende o banquillo, conseguindo poñerse a cinco puntos, cando restaban cinco minutos para o remate do partido.
En liñas xerais bo partido das nosas rapazas que reflexa a melloría que viñan amosando nos últimos partidos xogados.
Por parte burelá xogaron e anotaron: Raquel Blanco (7 ptos.), Tania Blanco (9 ptos), Vicky Cuba (12 ptos.), Lucía Paz (8 ptos.), Carmen Ventoso (2 ptos.), Tania Paleo (6 ptos.) e Eva Vilar (3 ptos).
Os parciais por cuartos foron os seguintes: 13-9 / 24-13 / 8-9 / 14-16.

sábado, 6 de febrero de 2010

¡VIAXE A NOIA!

O vindeiro domingo 7 de febreiro o noso equipo senior femenino desprazárase a Noia para a disputa do seu partido correspondente á 9ª xornada de liga. As rapazas de José Manuel Cobas "Manolo" viaxan con toda a ilusión do mundo de intentar acadar a segunda victoria da tempada e poñer fin a unha racha negativa de varias derrotas. O partido disputárase ás 19:00h no pavillón municipal de Noia e a saída do autobús está prevista para as 14:45h (Estación de Bus).

¡Sorte rapazas!

jueves, 4 de febrero de 2010

¡CONVOCATORIA DA FEGABA!

O noso xogador alevín Álvaro Ferreira Martín foi convocado pola Federación Galega de Baloncesto para asistir á concentración da preselección alevín masculina galega, que se encontra no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
É un orgullo para un clube modesto coma o noso o que un dos nosos xogadores disfrute desta oportunidade moi interesante para a súa formación como xogador é a participación nesta concentración da federación. Na páxina web da Federación Galega de Baloncesto www.fegaba.com, aparece a lista completa dos xogadores preseleccionados.


¡Noraboa Álvaro!

lunes, 1 de febrero de 2010

¡XORNADA CATEGORIAS INFERIORES!


LIGA PROVINCIAL:
JUNIOR FEM.
Xornada de DESCANSO

LIGA ESCOLAR:
INFANTIL FEM.
CB BURELA-ACD XOVE
Sábado 6 ás 11:00h no pavillon Vista Alegre.

ALEVIN FEM.
CB BURELA-COLEXIO O PILAR
Sábado 6 ás 10:00h no pavillón Monte Castelo.


¡CALENDARIO DE LIGA EQUIPO SENIOR!