lunes, 31 de mayo de 2010

¡COMPRICASE A COUSA!

Mal partido o disputado polas nosas rapaz@s na tarde do domingo na capital herculina. A falta de acerto no tiro e a defensa en zona que plantexou o equipo local dende case que o principio fixo que se perdera o partido por 24 puntos de diferenza, sendo o resultado final 46-22.
De novo toca remontar, pero nesta ocasión antoxase máis compricado, pero confiamos en que as nosas rapazas se van a deixar a pel na pista e facer todo o posible para conseguilo.
O partido de volta xogarase o vindeiro sábado ás 12h. do mediodía no pavillón Vista Alegre e a pesar da festividade local esperamos que a xente se acerque ao pavillón a animar as nosas xogadoras.
Por parte do CB Burela xogaron Laura Claro, Araceli, Lucía, Laura Chao, Irene, Ana, Tania Paleo e Vicky.

¡SORTE RAPAZ@S!

miércoles, 26 de mayo de 2010

¡PRIMEIRO ASALTO!

Xa temos confirmada a hora da disputa do primeiro partido da finalísima da Copa Galicia. Será o vindeiro domingo ás 18h. en terras coruñesas. As nosas rapazas viaxarán con toda a ilusión do mundo e tratarán de colleitar un resultado positivo que lles permita afrontar o partido de volta con tranquilidade e con opcións de facerse có título.

¡MOITA SORTE RAPAZ@S!

domingo, 23 de mayo de 2010

¡QUE PASE O SEGUINTE!

Obxetivo conseguido. Ao final as rapazas de Marco e Manolo conseguiron impoñer a súa superioridade como locais e remontar os seis puntos de desvantaxe que traían de partido de ida e facer posible o soño de disputar por primeira vez a final da Copa Galicia.
O partido daba comezo ás 12 h. do mediodía cun gran ambente nas bancadas que non pararon de animar durante todo o partido.
Xa dende o principio as xogadoras burelás marcaron o ritmo do partido e conseguían amplas diferenzas no marcador que as clasificaban, de forma provisional, para a final.
Nos dous primeiros cuartos temos que destacar a gran defensa e o acerto anotador das rapazas de Marco Justo, o que fixo que ao descanso se fosen xa con quince puntos de ventaxa. As xogadoras viguesas non foron quen de superar a excelente defensa e ao descanso só foran capaces de anotar vinte puntos.
Tralo descanso, e co temos na bancada ao fatídico terceiro cuarto que non lles senta demasiado ben as nosas rapazas, reanudouse o partido e dito e feito, todo o que antes entraba agora non e xunto ás numerosas perdas de balón fixo que o Celta Baloncesto conseguise reducir diferenzas e e deixar a vantaxe obtida en tan só tres puntos.
Veulles ben o minuto de descanso as nosas rapazas porque volveron a recargar as pilas e facerse outra vez có mando do partido, chegándose á súa conclusión cunha diferenza de vinte puntos, 64-44.
Agora a seguir adestrando e a preparar a final contra o potente Basket Coruña e que se xogará tamén a dobre partido, sendo o primeiro en terras coruñesas e o segundo en Burela(as datas e horarios están pendentes de confirmar).
Por parte do CB Burela xogaron Laura Claro, Araceli, Lucía, Laura Chao, Irene, Raquel, Tania Paleo e Vicky.

¡NORABOA RAPAZ@S!

jueves, 20 de mayo de 2010

¡A REMONTADA É POSIBLE!

Trala disputa do partido de ida en terras pontevedresas e logo de caer derrotadas por seis puntos de diferenza toca xogar o partido de volta na casa e arroupadas pola afección, no que esperemos que se consiga a ansiada remontada e as rapazas de Marco e Manolo se clasifiquen por primeira vez para a disputa da final da Copa Galicia. O partido será o sábado 22 ás 12h no pavillón Vista Alegre.

¡MOITA SORTE RAPAZAS!

sábado, 15 de mayo de 2010

¡DERROTA NA COPA GALICIA!

Toca remontada. Tralo partido disputado polas nosas rapazas hoxe á mañá en Vigo teremos que xogarnolo todo a unha carta no partido de volta que se xogará no pavillón Vista Alegre de Burela a vindeira fin de semana. Logo dun partido moi disputado por ambolos dous equipos o equipo local ,Maristas Celta Vigo, impúxose por 58-52 ao noso equipo junior feminino. Agora toca afinar a puntería e conseguir superar eses seis puntos de desventaxa que nos permitan clasificarnos por primeira vez para a final da Copa Galicia.
Por parte do CB Burela xogaron e anotaron Vicky (7 ptos.), Irene (8 ptos.),Laura Chao (7 ptos.), Laura Claro (6 ptos.), Lucia (9 ptos.), Araceli (15 ptos.) e Ana.

¡ÁNIMO RAPAZAS!

viernes, 14 de mayo de 2010

¡NOVA VIAXE A VIGO!

De novo as rapazas do noso equipo junior teñen que deprazarse a terras pontevedresas para a disputa do partido de ida das semifinais da Copa Galicia contra o Maristas de Vigo. A expedición burelá partirá o venres ás 17h da estación de autobuses de Burela e dormirán en Vigo xa que o partido disputase o sábado ás 10h da mañá. Unha vez rematen o partido poñeran rumbo de novo cara Burela.

¡MOITA SORTE RAPAZAS!

lunes, 10 de mayo de 2010

¡RESULTADOS FASES FINAIS PROVINCIAIS!

Non nos acompañou moito a sorte nas fases finais dos campionatos provinciais que se disputaron a pasado fin de semana en Lugo, xa que ningún dos nosos equipos consigueu plantarse na final e optar ao título. As rapazas do alevín feminino, adestradas por Laura Chao, tiveron que conformarse co 4º posto e os rapaces do alevín masculino, adestrados por Lolo, conseguiron impoñerse ao Maristas no partido polo terceiro e cuarto posto e acadar o 3º posto da súa categoria. Os partidos disputáronse no Anexo 1 e 2 do Pazo Municipal dos Deportes e os resultados foron os seguintes:

-Categoría Alevín Masculino:

Semifinal: Estudiantes de Lugo 79 - CB Burela 75 (Despois da prórroga)

3º e 4º posto Maristas 46 - CB Burela 59

-Categoría Alevín femenino:

Semifinal: María Auxiliadora 66 - CB Burela 33

3º e 4º posto CB Burela 45 - Estudiantes de Lugo 69

¡VICTORIA DO JUNIOR!

Ao final consigueuse o obxectivo. As nosas rapazas do equipo junior desprazáronse o sábado cara terras pontevedresas para pernoctar alí e xogar o día seguinte o partido de volta de cuartos de final da Copa Galicia. Parece que a estancia alí lles sentou de forma inmellorable xa que saíron á pista e non se deixaron impresionar por nada e derón un golpe de efecto colleitando tamén a victoria na pavillón do Seis do Nadal. As rapazas de Marco impuxéronse por 50-53 e conseguiron o pase ás semifinais, a espera de coñecer o seu rival.
Por parte do CB Burela xugaron Tania Paleo, Vicky Cuba, Araceli Palmeiro, Laura Claro, Laura Chao, Lucía Paz, Irene Fernández e Ana.

¡NORABOA RAPAZAS!

jueves, 6 de mayo de 2010

¡PARTIDO DE VOLTA!

As nosas rapazas do equipo junior desprazaranse o vindeiro domingo a terras viguesas para a disputa do partido de volta dos cuartos de final da Copa Galicia. As nosas rapazas acuden á cita cunha ventaxa de once puntos conseguida no partido de ida e que esperamos que sexa suficiente para pasar a seguinte rolda. O partido disputarase ás 12h. no pavillón do Seis do Nadal.

¡MOITA SORTE RAPAZ@S!

¡FASES FINAIS PROVINCIAIS!

O vindeiro sábado dia 8 os nosos equipos alevin masculino e feminino desprazáranse ate Lugo para a disputa das fases finais provincias das súas categorias. Ambolos dous equipos acuden á cita como campións comarcais.
As datas, horarios e os pavillóns donde se van a disputar son os seguintes:

Categoría Alevin Masculina no Anexo 1 do Pazo dos Deportes de Lugo
Ás 10:30 horas 1ª Semifinal 1º Liga Centro - 3º Liga Centro
Ás 12:00 horas 2ª Semifinal CB BURELA - 2º Liga Centro
Ás 16:30 horas 3º e 4º Posto
Ás 18:00 horas Final Provincial

Categoría Alevin Feminino o no Anexo 2 do Pazo dos Deportes de Lugo
Ás 10:30 horas 1ª Semifinal 1º Liga Centro - 3º Liga Centro
Ás 12:00 horas Semifinal CB BURELA - 2º Liga Centro
Ás 16:30 horas 3º e 4º Posto
Ás 18:00 horas Final Provincial

¡SORTE RAPAZ@S!

lunes, 3 de mayo de 2010

¡ENTREGA DE TROFEOS COMPETICIÓNS ESCOLARES!

O vindeiro sábado 8 de maio os responsables da Agrupación Deportiva A Mariña farán a entrega dos trofeos aos dous primeiros clasificados de cada categoría nas competicións deportivas de en idade escolar nas modalidades de fútbol sala e baloncesto.
Nesta ocasión o noso clube terá unha ampla representación xa que serán tres os equipos que serán galornados; o alevín feminino adestrado por Laura Chao, o alevín masculino adestrado por Lolo que quedaron campións nas súas respectivas categorias e tamén as rapazas do infantil feminino adestradas por Carlos Madar e que recolleran o subcampionato da súa categoría.
Dende o Clube Baloncesto Burela sentimonos moi orgullosos de tod@s eles/elas e queremoslles dar, unha vez máis, a nosa máis sincera noraboa.

¡NORABOA A TOD@S!

¡4000 VISITAS!

Non nos queda máis remedio que seguir dandovos as grazas a tod@s os que seguides o noso blogue. Nesta ocasión xa son máis de 4000 as grazas que vos temos que dar. Non nos cansaremos de agradecervos as numerosas visitas que a diario facedes a nosa páxina e esperamos que vos sirva de moita utilidade e coñezades todas as novas relacionadas có noso clube que pouco a pouco vai medrando.

¡GRAZAS A
TOD@S!

domingo, 2 de mayo de 2010

¡VICTORIA NA COPA GALICIA!

Onte á mañá deu comezo a disputa da copa Galicia para o noso equipo junior feminino co partido contra o Seis do Nadal de Vigo que se xugou no pavillón Vista Alegre e que rematou con victoria burelá por 47-36. O partido comezou con moitas precipitacións e escasa puntería por ambolos dous bandos que fixo que ningún equipo conseguirá despegarse no marcador. De feito, ao descanso, o electrónico reflexaba un axustado 22-21 a favor do equipo local. Tralo descanso reglamentario as rapazas de Marco e Manolo cargaron as pilas, empezaron a funcionar millor e todo o que antes non entreba agora si e empezaron a coller ventaxas máis amplas no marcador. Ao final victoria por 47-36, onces puntos de diferenza que esperamos sexan suficientes para o partido de volta que se disputará o vindeiro domingo dia 9 en terras pontevedresas e pasar á seguinte rolda e non teñamos que lamentarnos dos 25 tiros libres fallados polas nosas xogadoras.
Por parte do CB Burela xogaron Tania Paleo, Laura Chao, Laura Claro, Irene, Raquel, Vicky, Lucía, Ana e Araceli.

¡Noraboa rapazas!