martes, 30 de marzo de 2010

¡CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MINIBASKET!

Crónica dende San Fernando:
Xornadas intensas e inolvidables para Alvaro e todos os integrantes da selección galega. Finalizada a fase de grupos, Galicia acadou o ascenso ó grupo especial ó gañar todos os seus encontros cun grupo humán moi homoxeneo e de gran nivel. Primer partido contra Extremadura, un equipo duro e rocoso, con bastante estatura pero que a selección galega solventou cun gran xogo vencendo os nervios lóxicos do primer partido. Victoria por 84-65.
O domingo, segundo partido do grupo ante Navarra. Rival mais fácil do grupo e dominio total da selección galega vencendo cun contundente 100-49, resultado que resumen ben ás claras o dominio aplastante da nosa selección.
Hoxe luns tercer partido decisivo. Asturias solventara os seus enfrentamentos e o choque resultaba vital para acadar o ansiado ascenso. Partido moi competido cun baloncesto rápido, asfixiante en defensa e onde a maior categoría do equipo galego saleu a relucir nos momentos decisivos conseguindo unha gran victoria por 92-73
Gran exito da seleccion galega e inolvidable e única experiencia para Alvaro que está a disfrutar "de lo lindo" formando parte deste equipo de gran calidade. Todo un orgullo para o rapaz local. Xogou a un bo nivel competindo con unha gran defensa (é o teito do equipo galego) e sumando ó resto do equipo en ataque. Inmensa alegría ó conseguir o ascenso ó igual que o equipo femenino, cánticos da Rianxeira na grada así como do himno galego, e manteo dos entrenadores.
Mañá, mércores, partido contra o campión do outro grupo, a potentísima selección da comunidade valenciana. Gran premio para despedir o campionato, coa xa logrado ascenso.
Seguiremos informando. Un saúdo

jueves, 25 de marzo de 2010

¡ÁLVARO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA!

Como xa vos informamos con anterioridade o noso xogador alevin Álvaro Ferreira vai a participar no Campionato de España coa selección galega da súa categoria. Dende o noso blogue imóslle facer un seguimento detallado e iremosvos informando puntualmente de todo o que ocurra ali. De todos modos deixamosvos o enlace da páxina da Federación Española de Baloncesto onde van a tratar todo o relacionado con este campionato.
http://www.feb.es/NoticiaDesarrollo.aspx?idNoticia=32074
¡Sorte Galicia!

miércoles, 24 de marzo de 2010

¡SELECCIÓN GALEGA ALEVIN!

Logo de facilitar a lista dos doce rapazes seleccionados a selección galega da categoria alevin masculino disputou o pasado finde semana un triangular en Mirando do Ebro contra as seleccións de Castela e León e Asturias. A selección irmandiña sumou duas victorias en ámbolos dous partidos disputados, impoñéndose no primeiro partido á selección de Castela-León por 89-72 e no segundo partido á selección de Asturias por 89-76.
Trala disputa deste torneo a selección acaba coa súa fase de preparación e pora rumbo a San Fernando o vindeiro xoves para a disputa do Campionato de España de seleccións territoriais.
¡Sorte Galicia!

lunes, 22 de marzo de 2010

¡AO FINAL NON PUIDO SER!

A pesar de xoar dous partidos esta fin de semana o noso equipo senior non consigueu nada positivo e encaixou dúas novas derrotas. O primeiro partido disputárono na tarde-noite do xoves en Lugo contra o Ensino. En liñas xerais non fixeron un mal partido as rapazas de Manolo xa que circularon o balón con criterio, fixeron boas seleccións de tiro; de feito ao descanso ían gañando de dous puntos, pero un segundo tempo nefasto no que só anotaron oito puntos, pesou demasiado e acabaron perdendo por 51-39.
Xa na tarde do domingo, en Vista Alegre, xogaron o seu segundo partido da semana. Este partido foi todo o contrario ao disputado o xoves xa que nos dous primeiros cuartos as nosas rapazas fallaron demasiado no tiro exterior o que lles fixo irse ao descando cunha desventaxa de cinco puntos.Tralo descanso puxerónse as pilas e todo o que non entraba ao principio agora sí e conseguiron poñerse tres puntos enriba a falta de dous minutos para a conclusión do partido. Novos erros de precipitación e exceso de individualismo en algunhas ocasións decantou o partido do lado visitante por un axustado 45-48.
¡1,2,3 EQUIPO!

miércoles, 17 de marzo de 2010

¡ÁLVARO FERREIRA SELECCIONADO!

A Federación Galega de Baloncesto deu a coñecer as listas definitivas dos 12 xogadores que representarán á nosa Comunidade no XXIII Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket CLAS do 27 ao 31 de marzo en San Fernando (Cádiz) e na que figura o noso xogador alevin Álvaro Ferreira.
Esta relación dos xogadores que estarán na localidade gaditana, deuse a coñecer nesta mesma fin de semana ao conxunto de rapaces que participaron coas derradeira preselección galega masculina na súa concentración de Xinzo de Limia. Precisamente foi este traballo da fin de semana permitiu ao corpo técnico da selección perfilar a lista de 12 nomes e desenvolver un intenso traballo preparatorio nesta recta final antes da inminente cita de Cádiz. O bloque masculino traballou na localidade ourensá de Xinzo de Limia na cal levou a cabo dous adestramentos durante xornada do sábado e un novo adestramento e un encontro amigable o domingo. Neste enfrontamento, que se disputou ante Selección Preinfantil de Ourense, predominou desde o inicio a igualdade entre ambos conxuntos e, a pesares das contadas ocasións nas que o combinado ourensán conseguía impoñerse no marcador, os xogadores galegos volvían rapidamente a igualar o tenteo, amosando na pista todo o traballo realizado na concentración.

O camiño das Selección Galegas de Minibasket cara Cádiz ten establecida unha parada previa xa que esta mesma fin de semana participarán en Mirando do Ebro (Burgos) nun torneo preparatorio a disputar coas regras que rexerán no Campionato de España e organizado pola Federación de Castela e León e o Concello de Miranda do Ebro.
¡Noraboa Alvaro!

¡DOBRE CITA PARA O SENIOR!

Logo de disputar dunha xornada de descanso o noso equipo senior volta á competición e faino por partida dobre. O primeiro partido xogarase o vindeiro xoves ás 20.30h no anexo do Pazo dos deportes en Lugo contra o Ensino, mentres que o domingo pola tarde serán as rapazas do Peleteiro de Santiago as que visiten Burela para enfrontarse as nosas rapazas. O partido dará comezo ás 18:00h e xogarase no pavillón Vista Alegre.
¡Moita sorte rapazas!

martes, 16 de marzo de 2010

¡XORNADA CATEGORIAS INFERIORES!

LIGA INTERZONAL
SENIOR FEM.
ENSINO LUGO-CB BURELA
Xoves 18-3-2010 ás 20:30 no anexo do Pazo dos Deportes de Lugo.

CB BURELA-PELETEIRO
Domingo 21-3-2010 ás 17:00h. no Pavillón Vista Alegre.

LIGA PROVINCIAL
JUNIOR FEM.
Xornada de descanso.

LIGA ESCOLAR
INF FEM.
ACD XOVE-CB BURELA
Venres 19-3-2010 ás 12:00h. no Pavillón Municipal de Xove.

ALEVIN FEM.
COLEXIO O PILAR-CB BURELA
Sábado 20-3-2010 ás 11:00h. no Pavillón Colexio do Pilar.

ALEVIN MASC.
Xornada de descanso.

lunes, 15 de marzo de 2010

¡ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO CETI!

Ao redor de 50 rapaces e rapazas chegad@s dende diferentes lugares da comarca da Mariña (Viveiro, Xove, San Cibrao, Foz, Burela...) participaron na mañá do domingo no pavillón Monte Castelo na I Xornada do Centro de Tecnificación Itinerante que a Delegación Lucense de Baloncesto puxo en marcha recentemente, donde puideron disfrutar dunha gran variedade de xogos e exercicios de coordinación, técnica, habilidade...
Os tres adestradores da selección galega alevín feminino , así como, Óscar Engroba, Director técnico da Delegación Lucense de Baloncesto forn os encargados de impartirlles as ensinanzas e consellos a tódolos alí presentes durante as dúas horas que durou a xornada. Ás 13.30h remataba a xornada agradecéndo a presenza a tódol@s asistentes e esperando voltar a velos en vindeiras ocasións.

¡DIGNO RIVAL, DIGNA DERROTA!

Vibrante, emocionante, divertido... de todo tivo o partido disputado na tarde do sábdo entre a selección galega alevin e o equipo infantil do noso clube. O que no principio parecía unha victoria fácil do combinado galego non foi tal, xa que as rapazas de Carlos Madar despregaron todas as súas forzas e gañas e puxerónlle as cousas moi complicadas. O partido comezaba cun intercambio frenético de canastras entre os dous equipos, manténdose esta tónica no segundo e terceiro cuarto, chegándose ao descanso cunha ventaxa de dous puntos a favor do CB Burela. O paso polos vestiarios, por mor do descanso, non lles sentou nada ben as xogadoras burelás xa que o partido cambiou totalmente ao facer o combinado galego un parcial de 0-17 que as poñía con 15 puntos de diferencia e establecer a maior diferencia do partido ao reamte do cuarto cuarto. Aínda así, as nosas rapazas non se viñeron abaixo e pelexando e correndo intentando remontar o partido. Ao final non puido ser e o combinado galegoimpúxose por un apretado 57-61.
Destacar que o numeroso público que se acercaron ata as gradas do pavillón Monte Castelo puideron disfrutar dun fenomenal partido entre o combinado galego que prepara a súa participación no Campionato de España e as rapazas do noso equipo infantil, que como están a demostrar na súa liga están a facer unha temporada brilante.
¡Sorte Galicia!

domingo, 14 de marzo de 2010

¡RESULTADOS CATEGORIAS INFERIORES!

Outra xornada redonda no que aos resultados das categorias inferiores se refiere. Volvimos a facer pleno de victorias en tódolos partidos disputados. O primeiro partido xugarono o venres á tarde o equipo junior feminino que se impuña ao Estudiantes de Lugo por 59-47, partido que no seu día fora aprazado por mor do temporal. Na mañá do sábado tocáballe o turno aos máis pequenos, que tampouco fallaron xa que conseguiron pechar os seus partidos con victoria. Comezaba a mañá co partido do alevin feminino que se impuña ao colexio Martínez Otero por 20-17, seguindo coa súa racha triunfal de victorias xa que as rapazas de Laura Chao todavía non coñecen a derrota na liga. Ás once deu comezo o outro partido no que o infantil feminino se impuña tamén ao colexio Martínez Otero por un claro 40-12. Finalmente, na tarde do domingo o equipo junior xogaba o seu segundo partido do fin de semana, impoñéndose por un claro 64-37 ao CP Casás de Lugo, pechando asi a súa participación na liga provincial cun pleno de victorias en tódolos partidos disputados.
!Noraboa rapazas!

viernes, 12 de marzo de 2010

¡VICTORIA DO EQUIPO JUNIOR!

Nova victoria do equipo junior feminino no partido disputado esta tarde no pavillón de Marzán e que se correspondía coa xornada do 28-2-2010 e que foi aprazada polo temporal. As rapazas de Marco Justo impúxeronse por 59-47 ao Estudiantes de Lugo sumando una nova victoria e á espera de cerrar a súa participación na liga provincial cun pleno de victorias no caso de gañarlle ao CP Casás no partido que disputarán este domingo no pavillón Vista Alegre.
¡Noraboa rapazas
!.

jueves, 11 de marzo de 2010

¡1000 VISITAS!

Grazas a tod@s polo voso apoio sen o cal sería moi difícil seguir adiante. Dende a grande familia que formamos o Clube Baloncesto Burela (directivos, adestradores, xogadores...) queremosvos agradecer as numerosas visitas que facedes a nosa páxina e que fan que xa pasemos das 1000. Esperamos que vos sexa de moita utilidade e que nos deades moitas ideas coas que poidamos seguir mellorando.
¡1 saúdo!

miércoles, 10 de marzo de 2010

¡CONCENTRACIÓN DA PRESELECCIÓN GALEGA ALEVIN FEMININO EN BURELA!

Hoxe tivo lugar no Concello de Burela a presentación deste evento, coa participación da Concelleira de Deportes Neves Cando, a Delegada da federación de baloncesto Patricia Rico, do Director da área técnica da Delegación Oscar Engroba e o presidente do noso clube Pedro Chao. A vila de Burela acollerá esta fin de semana a derradeira concentración da preselección galega alevín feminina de baloncesto, antes de que ésta configure a súa lista definitiva para participar no campionato de España do vindeiro 27 de maio, segundo anunciou hoxe a concelleira de Deportes.
Neves Cando sinalou que “grazas á colaboración establecida entre o Concello de Burela e a Federación Galega de Baloncesto esta preselección desprazarase ata a vila para desenvolver unha fin de semana de intenso traballo no que se combinarán adestramentos e a disputa dun encontro que terá lugar o sábado ás 17 horas no pavillón dos institutos fronte a un combinado de xogadoras de Burela e de Foz”.
A edil nacionalista explicou que “as xogadoras galegas desta preselección alevín feminina de baloncesto, entre as que se atopan tres rapazas da provincia de Lugo, aproveitarán a súa estancia en Burela para preparar a cita do campionato de España do vindeiro 27 de maio, pero tamén a próximo cita oficial que terá lugar os días 20 e 21 de marzo en Miranda de Ebro”.

Centro de tecnificación itinerante

A concelleira de Deportes suliñou que “ademáis o domingo 14, aproveitando aquí a presenza destas xogadoras, a Delegación de Baloncesto de Lugo organiza en Burela a primeira das xornadas que se levarán a cabo nesta tempada 2009-2010 a través do seu centro de tecnificación itinerante. Trátase dunha actividade aberta a todas as xogadoras e xogadores infantís minis e preminis da zona da Mariña que desexan achegarse a Burela para traballar os fundamentos individuais e os distintos aspectos deste deporte do baloncesto”. A xornada de traballo desenvolveráse entre as 12 e as 14 horas do domingo tamén no pavillón dos institutos baixo a supervisión do director técnico da Delegación Lucense de Baloncesto, Óscar Engroba e estarán presentes, ademáis dos adestradores da zona, os seleccionadores galegos.

¡XORNADA CATEGORIAS INFERIORES!

LIGA PROVINCIAL
JUNIOR FEM
CB BURELA-ESTUDIANTES DE LUGO
Venres 12-3-2010 ás 17:30h. no Pavillón Torqués de Marzán.
JUNIOR FEM
CB BURELA-CP CASÁS
Domingo 13-3-2010 ás 18:00h. no Pavillón Vista Alegre.

LIGA ESCOLAR
INF FEM
CB BURELA-MARTÍNEZ OTERO
Sábado 13-3-2010 ás 11:00h. no Pavillón Vista Alegre.

ALEVIN FEM
CB BURELA-MARTÍNEZ OTERO
Sábado 13-3-2010 ás 10:00h. no Pavillón Monte Castelo.

ALEVIN MASC.
Xornada de descanso.

lunes, 8 de marzo de 2010

¡O JUNIOR FEMININO, CAMPIÓN PROVINCIAL!!

Noraboa a todo o equipo junior feminino, tanto ás xogadoras Tania, Raquel, Laura Chao, Vicky, Irene, Lucía, Iria, Araceli, Ana, Tania Paleo, a lesionada Laura Claro ,que de algún modo tamén é particípe, e ao corpo técnico formado por Marco Justo e Manolo polo título de campións provinciais que lograron o pasado finde semana derrotando por 54-72 ao equipo junior das ED Lourenzá na súa casa. As nosas rapazas cantan o aliron restando dúas xornadas para o remate da súa liga, logo dunha tempada brilante xa que logo de quedarse ás portas da clasificación para a liga galega, no campionato da provincia amosaron a súa superioridade sen ceder unha soa derrota no que vai de liga. Agora as junior deberán de xogar os dous partidos restantes que lles quedan contra o Estudiantes e o C.P. Casas de Lugo e seguir coa súa preparación de cara a disputa da Copa Galicia.
¡Noraboa Campionas!.

¡2ª VICTORIA DA TEMPADA!

O noso equipo senior feminino, por fin , consigueu a segunda victoria da tempada logo de impoñerse onte no pavillón Vista Alegre ao Castro Riveras de Lea por 56-43. As rapazas de Manolo lograron sacarse o mal sabor de boca e poñer fin a unha serie de varias derrotas consecutivas e darlla unha alegría a súa afección.Por parte do CB Burela xogaron Laura Chao, Tania Blanco, Carmen, Raquel, Tania paleo, Lucia, Iria, Irene, Vicky e Eva.
¡Noraboa Rapazas!

¡RESULTADOS CATEGORIAS INFERIORES!

Seguimos a colleitar bos resultados das categorias inferiores do noso clube xa que un fin de semana máis vovleron a facer pleno de victorias. O equipo alevín feminino impúxose por 38-29 ás ED Lourenzá no pavillón Monte Castelo. As rapazas de Laura Chao seguen amosarse intratables no que vai de liga xa que contan tódolos seus partidos por victorias. Pola súa parte, o alevín mixto impúxose por un claro 44-10 ao colexio Martínez Otero, no partido disputado tamén o pasado sábado no pavillón Monte Castelo.
¡Noraboa a tod@s!

jueves, 4 de marzo de 2010

¡O SENIOR TAMÉN VOLTA A XOGAR!

O vindeiro domingo 7-3-2010 o noso equipo senior volta a xogar un partido de liga logo do parón sufrido polos partidos aprazados e polo temporal da fin de semana pasada. Nesta ocasión as pupilas de "Manolo" recibirán no Vista Alegre ás rapazas do Castro Riveras de Lea. O partido dará comenzo ás 18:00h. e as nosas rapazas esperan repetir o resultado do partido de ida que rematou coa primeira e, ata o de agora única ,victoria da tempada.
¡Sorte rapazas!.

¡XORNADA CATEGORIAS INFERIORES!

LIGA PROVINCIAL
JUNIOR FEM
ED LOURENZÁ-CB BURELA
Domingo 7-3-2010 ás 12:00h. no Pavillón Municipal de Lourenzá.


LIGA ESCOLAR
INF FEM
EDM CERVO-CB BURELA
Sábado 6-3-2010 ás 10:30h. no Pavillón A Veiga (San Cibrao).


ALEVIN FEM
CB BURELA-ED LOURENZÁ
Sábado 6-3-2010 ás 10:50h. no Pavillón Monte Castelo.


ALEVIN MASC.
CB BURELA-MARTÍNEZ OTERO
Sábado 6-3-2010 ás 11:50h. no Pavillón Monte Castelo.

martes, 2 de marzo de 2010

¡NOVO ENLACE!

No día de hoxe engadimos un novo enlace que se corresponde co blogue do adestrador do noso equipo junior feminino, Marco Justo. Nel tratará de escribir todo o relacionado có baloncesto, o que pensa sobre él e sobre o que vive día a día.
Aquí vos deixamos a súa dirección http://marcojusto.blogspot.com/ esperando que vos guste e que lle saquedes moito proveito.
¡Moita sorte Marco!