lunes, 26 de septiembre de 2011

¡XOGA CON NÓS!

Un ano máis damos comezo cos adestramentos dos máis pequenos. Os horarios e dias de adestramento para a tempada 2011-2012 son os seguintes:
CATEGORÍA BENXAMIN (ano 2002 en diante)
Martes: 16:00-17:00h.
Venres: 16:00-17:00h.
No Pavillón Os Castros.

CATEGORÍAS ALEVIN e INFANTIL MASCULINO (anos 2000 e 2001)
Martes: 17:00-18:00h.
Venres: 17:00-18:15h.
No Pavillón Os Castros.

CATEGORÍA ALEVIN FEMININO (anos 2000 e 2001)
Martes: 18:00-19:00h.
Venres: 18:15-19:30h.
No Pavillón Os Castros.

INSCRICIÓNS: Poden facelo en calquera dos pavillóns a partir do Martes dia 27 nas horas de adestramento ou chamando ao teléfono: 670 49 37 26.

¡NON O DUBIDES, ANÓTATE XA!

viernes, 11 de febrero de 2011

¡DOMINGO 13: TOD@S A BURELA!

BURELA ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO UNHA XORNADA DE BALONCESTO DESTINADA ÁS CATEGORÍAS CADETE, INFANTIL E MINIBASKET TANTO MASCULINAS COMO FEMININAS DE TODA A PROVINCIA.

Burela acollerá o domingo 13 de febreiro unha xornada de baloncesto destinada ás categorías cadete, infantil e minibasket tanto masculinas coma femininas de toda a provincia. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Deportes, Neves Cando.

A edil nacionalista sinalou que “seguindo coa colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, que xa nos permitiu o ano pasado acoller en Burela unhas xornadas de concentración da selección galega alevín feminina de cara ao campionato de España e asímesmo desenvolver a primeira das xornadas do centro de tecnificación itinerante, que puxo en marcha dita Federación… agora colaborando nós coa Delegación Zonal de Baloncesto de Lugo e co Clube Baloncesto Burela váise desenvolver o domingo 13 de febreiro unha nova xornada de traballo destinada a completar o programa destes centros de tecnificación”.

Neves Cando explicou que “ditos centros son unha ferramenta de seguimento dos xogadores e xogadoras máis novos. Trátase dunha convocatoria aberta, unha completa xornada de adestramentos e exercizos orientada ás categorías cadete, infantil e minibasket tanto masculinas como femininas. Os clubes da Mariña e de toda a provincia poderán enviar ata un máximo de 3 xogadores e 3 xogadoras, que segundo a súa idade seguirán un plan de traballo desde as 12 da mañá ata as sete da tarde nos dous pavillóns de Burela, o Vista Alegre e o dos institutos”.