domingo, 23 de diciembre de 2012

Cruz para as cadetes

As cadetes perderon nun final apretado


  Última xornada do deporte escolar antes do Nadal con sorte dispara para os noso equipos:
  • O equipo infantil feminino perdeu por 12 puntos na pista do CB Ribadeo, equipo co que esperamos competir con máis igualdade na segunda volat da liga en Burela.
  • O equipo alevín 2001 gañou na pista focense de Marzán ó Celtas de Foz por 28-51, diferencia que podía ser maior pero que permiteu ter un partido tranquilo no que mellorar o noso xogo de cara a partidos máis esixentes despois das vacacións.
Infantil B co seu adestrador Madar
     Os infantís masculinos acudiron a un torneo en Lugo con dous partidos contra Estudiantes e Cidade de Lugo no que poideron competir cos mellores da súa categoría infantil. No primeiro partido contra Estudiantes de Lugo perderon despois de quedarse con 4 xogadores por eliminacións por faltas nun partido igualado e contra Cidade de Lugo perderon por unha diferencia maior polo cansancio acumulado pola mañá e polas baixas de Noel lesionado e de Ángel. Boa experiencia para os nosos que esperamos repetir no futuro.

     Por último, as cadetes disputaban un partido atrasado contra Estudiantes de Lugo en Vista Alegre, partido moi importante porque son rivais directas polas primeiras prazas. a primeira parte foi boa con diferencias para as locais (19-12 e 35-29) que podían ser maiores  pero que as pérdidas de balón (14 na primeira parte) deixaron ás luxenses dentro do partido. Un mal terceiro cuarto e o cansancio acumulado levou a un final apretado onde as lucenses tiveron máis acerto en ataque e conseguiron unha pequena diferencia nos 2 últimos minutos que lles sirveu para levarse o partido (58-65).
   Xogaron Katia, Noa, Saray, Teba, Tamara, Elena, Tatiana e Paula, destacando en anotación Noa e Tatiana con 43 puntos entre as dúas.

O CB BURELA DESÉXALLES BO NADAL 



viernes, 21 de diciembre de 2012

No Nadal non paramos

Próxima xornada e calendario de Nadal

  O CB Burela non para nas vacacións e os/as xogadores/as do noso clube van poder seguir adestrando nas vacacións para mellorar o seu nivel de xogo e competir no ano 2013 nun nivel un pouco máis alto. So descansan os grupos de iniciación e os benxamíns.
   Tamén disputaremos a última xornada do deporte escolar antes do Nadal con partidos en Foz contra os Celtas (alevín 2001) e tamén en Ribadeo contras as locais (infantil fem. B).  
    O equipo infantil masculino desprázase a Lugo para disputar un torneo no que vai ter partidos o sábado pola mañá e pola tarde.
    Podes consultar os horarios na imaxe inferior:
Preme na imaxe para poder vela máis grande


  As seniors teñen un parón na liga pero van adestrar os días libres do Nadal (as cadetes deben ir esos días), e adestrarán mércores xoves e venres da vindeira semana en Vista Alegre de 21 a 22.30h e a semana seguinte no mesmo horario pero aínda non está confirmado a pabillón. Tamén estamos a estudar a posibilidade de disputar algún partidop amigable para voltar a coller o ritmo de competición.

BO NADAL


miércoles, 19 de diciembre de 2012

Noticias da base

A base faise notar

   Interesante partido fratricida entre os dous equipos infantís femininos do CB Burela no Pabillón Vista Alegre o pasado domingo antes do partido das seniors. Victoria clara do Infantil B nun partido con moita intensidade pero falto de acerto de cara ó aro. O resultado final de 14- 28 debe animar ás derrotadas a aumentar as súas gañas para recortar esta diferencia diante do seu equipo xemelgo que xogou un pouco mellor e tivo a Paula como xogadora máis destacada.
 Os dous equipos cos seus adestradores
    Un partido entre amigas que no futuro compartirán equipo e que se volverán a enfrentar na segunda volta da liga escolar infantil.

    Por outra banda, 4 representantes do noso clube participaron nunha xornada de tecnificación da Federación Galega de Baloncesto en Lugo cos mellores infantís (ano 2000) e cadetes (ano 1998) masculinos e femininos  da provincia. De seguro de que tanto Noa e Tatiana en cadetes como Marco e Paula en infantís nos deixaron quedar ben e poideron amosar os seus progresos máis recentes.
Podes velo na web da Federación AQUÍ
   Está previsto un adestramento de tecnificación en Foz para alevíns o 27 de decembro ó que acudiremos e do que xa se dará aviso nos adestramentos.



lunes, 17 de diciembre de 2012

NOVA VICTORIA DAS SENIORS

As senior gañan a Sarria

   Sexta victoria das seniors na 2ª Feminina FGB diante dun combativo CB Sarria que non se rindeu nunca aínda que sempre foi a remolque no marcador.
    Dominio local desde o principio (propiciado por unha boa defensa) que non se traducía en rendas altas (14-11 no 1º cuarto e 21-19 ó descanso) polos erros no pase e tiros fáciles que non ampliaban o marcador.
      Despois do tempo de descanso arreón defensivo e de transicións rápidas das burelesas o que decantaron o marcador xa de forma clara (42-26 ó final do 3º cuarto, aínda que se anulou un triple lonxano de Lucía un tanto dubidoso) e deixaban casi resolto partido para o último cuarto. Pero despois dun parcial tan favorable (21-7) volveron os erros  e o Sarria con varias contras e tres triples achegaronse no marcador ata os 5 puntos finais de ventaxa (49-44).
    Un partido gris que só nos deixa unha boa victoria e a necesidade de acumular adestramentos durante o parón do Nadal (non temos partido ata o 19 de xaneiro) para mellorar o ritmo de xogo e incrementar a eficacia ofensiva.
   Xogaron Melani (7), Mar (5), Lucía (2), Irene M., Marta (4), Claudia (4), Margarita (13), Irene F. (2) e Miriam (12).
Podes agrandar a imaxe cun doble clic
   Esperamos recuperar efectivos e afrontar con novos ánimos a segunda parte da liga , unha vez cumprido o obxetivo de competir nestos 9 primeiros partidos co hándicap da falta de pretemporada e adestramentos e a clasificación en segundo posto a estas alturas é un importante logro.

sábado, 15 de diciembre de 2012

Ligas escolares

Benxamíns a tope

  Na mañá do sábado disputamos unha nova xornada do deporte escolar con 3 partidos en Burela con resultados diversos que agora pasamos a analizar:
  • Benxamín mixto, con partido diante do Martínez Otero de Foz e cunha brillante victoria (42-27) que sigue deixando líderes ós/ás de Manolo , invictos despois de catro xornadas. Queda claro que xa son candidatos ó campionato, aínda que deben refrendalo en partidos difíciles a domicilio. Xogaron Antón, Luís, Alejandra, Julia, Claudia, Hugo, Pablo F.,Fernando e Diego N.
O equipo Bernxamín Mixto de Manolo Cobas
  • Alevín Masculino, co partido entre o noso alevín 2001 e o Martínez Otero, partido igualado desde o inicio, con moitos erros e que aproveitou o equipo de Foz para acumular unha renda de 12 puntos ó inicio do último cuarto. Cambiaron as cousas e o equipo local mellorando a defensa e con rápidos contraataques chegou a empatar o partido e ter varias opcións finais de gañar ,para rematar o partido con empate a 34 puntos. A prórroga deixou ver o cansancio dos locais (só 8 xogadores) e rematou coa victoria visitante por 40-44. Xogaron David B., Diego P., Gabriel, Ángel, Hugo, Pablo F., Alberto e Artai.
  • Alevín Masculino, co partido entre os 2 primeiros clasificados , o noso alevín 2002 e o CB Ribadeo. Gran 1ª parte con dominio dos ribadenses (con xogadores máis altos e maiores en idade) pero sin grandes diferencias. O mal 3º cuarto dos locais xa deixaba resolto o partido para o último cuarto con 20 puntos de ventaxa, pero o equipo local sigueu pelexando e rematou o partido 36-54. Xogaron Adrián, Miguel, Iván, Pablo R., Cristian, Alex, David F. e Xoel.
    Para mañá queda un partido esolar, partido infantil feminino entre os 2 equipos de Burela o domingo ás 17h. (de estos partidos tamén vamos a ter na cateogría alevín)  para rematar co prato forte das senior no mesmo pabillón o domingo ás 19h. contra o CB Sarria (6º clasificado) .

viernes, 7 de diciembre de 2012

A base sigue xogando

Partidos adiantados e amigables para a base

  Nesta ponte de decembro a activvidade redúcese pero seguimos entrenado e xogando tanto nas ligas escolares Xogade como con amigables contra clubes do noso entorno.

   En canto ás ligas escolares, partidos adiantados para o alevín 2002 cunha victoria sobre os Celtas de Foz cun festival anotador que os sigue mantendo no coliderato do grupo (co CB Ribadeo) e unha nova victoria moi cómoda en San Cibrao contra o Cervo dos benxamín (3 partidos, 3 victorias) que os deixan líderes en solitario do seu grupo.
Amigables da ponte de decembro do CB Burela
  En canto ós amigables, debut dos máis pequenos (iniciación) en Xove, o que de seguro nos ofrecerá a cara máis divertida e inocente do baloncesto e que lles servirá como reforzo dos adestramentos que realizan. 
  Asimesmo, tamén debutan as benxamíns femininas en Xove para preparar a liga benxamin feminina que empezará cando remate a mixta que xa están disputando.
   Tamén os infantís masculinos reciben ó  CB Vegadeo en Vista Alegre esperando competir mellor co equipo asturiano que lles gañou nunha recente visita a Vegadeo.

  Por último, as demáis categorías siguen co seu plan de adestramento para preparar a xornada das súas ligas e as senior doblan adestramentos para preparar o partido do seguinte domingo contra o CB Sarria.


lunes, 3 de diciembre de 2012

Domingo perfecto a domicilio


As senior e as cadetes gañan fora

   Domingo perfecto para o CB Burela nas ligas FGB femininas con dúas importantes victorias a domicilio diante de rivales directos e que deixan líderes ás cadetes e segundas ás seniors dos respectivos grupos .     Boas sensación e melloría no xogo fai que debamos pensar que van a competir cos equipos da parte alta da clasificación ó final da liga. Queda unha xornada antes do parón do Nadal onde poden afianzar as posicións de privilexio e conseguir nas vacacións elevar o nivel do seu xogo para mellorar o rendemento individual e colectivo na segunda volta das súas ligas. Podes ver as clasificacións e a vindeira xornada nas imaxes que apardecen abaixo (clicando sobre elas se poden agrandar).

                                          

                     Clasificación 2ªSenior   FGB                                                      
  
                                                      

 
 Clasificación 2ª Cadete FGB                                                                   

  O partido cadete en Foz contra o Celtas rematou cun 38-51 e un final tranquilo para as nosas que non fixo perigar a victoria, fundamentada nas variantes defensivas que romperon o ritmo das locais e un ataque contra zona eficaz e ordenado . Xogaron Katia, Lara, Noa, Tatiana, Teba, Tamara e Saray. 
   O vindeiro compromiso é contra Estudiantes de Lugo , un rival duro que optrá o final da liga ós postos de privilexio.
CB BURELA CADETE FEM. 12-13

    En Coruña cun horario tardío (domingo, 19h.) esperábanos un rival clasificado en 2ª posición e con só unha derrota na liga , o Fixagal María Pita, que iba a poñernos a proba. Ibamos con só 8 xoagdoras (3 juniors) pero moita ilusión e ganas de xogar, e así se iniciou o partido cunha forte defensa e transicións rápidas que nos deron as primeiras ventaxas  (8-15). No segundo cuarto a presión coruñesa e algúns erros  fixeron apretarse o marcador pero nunca chegou a poñerse diante o equipo local para chegar ó descanso cunha pequena renta de 5 puntos (19-24) e todo aberto para a segunda parte. Intensidade defensiva e un ataque sólido fixo aumentar as ventaxas ata os 10 puntos (29-39) para iniciar o último cuarto con rentas cada vez máis amplias ata 15 puntos (35-50) e rematar con 2 minutos de relaxación que reduciron a diferencia ata os 6 puntos (46-52).
    Xogaron Marta (8), Melani (4), Mar (11), Lucía (3), Claudia (2), Irene Fdez., Maragarita (15) e Miriam.
         8-15  /  19-24  /  29-39 /  46-52
   Destacamos ó noso equipo en defensa, nas recuperacións e debemos mellorar nas transicións e nas pérdidas de balón que lastran o bo xogo que realizamos en defensa. Toca seguir progresando e aproveitar o parón da ponte de decembro para acumular sesións de adestramento e mellorar o noso xogo.
     Na vindeira xornada (16 de decembro) recibimos a unhas vellas coñecidas (CB Sarria) coas que tivemos unha gran rivalidade nos últimos anos tanto en cadetes como en junior e que seguro non serán unhas rivais doadas.

sábado, 1 de diciembre de 2012

Intensa matinal de basket escolar


Todos os equipos de baloncesto escolar en xogo

     Intensa matinal do baloncesto escolar para o CB Burela, con 5 partidos en Burela e 2 en Foz. Gran interés nas gradas por parte dun público que completou medio aforo no Pabillón Monte Castelo, onde os resultados foron:
  • Alevín masc.  CB Burela 2001 - 21  CB Ribadeo 49, partido no que a calidade e rotación dos visitantes se impuxo despois do descanso (13-19). Mal partido dos locais cun gran número de pérdidas e tiros fáciles fallados que aproveitou o gran favorito da competición para levarse unha cómoda victoria. Xogaron Artai, Alberto, Diego, Hugo, Pablo F., David B., Angel e Gabriel.
  • Benxamín mixto  CB Burela  43. CB Ribadeo 29, importante vistoria cunha gran 1ª parte (31-9) e unha segunda parte onde o equipo visitante se puxo a 7 puntos pero no último cuarto acabou perdendo por 14 puntos. O benxamín mixto sigue invicto e suma a súa segunda victoria na liga .  Xogaron Diego F., Antón, Claudia, Julia, Alejandra, David, Daniel, Hugo, Pablo F.,Fernando e Diego N.
  • Alevín masc.  CB Burela 30 - CB Viveiro  16 , mal partido dos locais con moitísimas pérdidas de balón, cun resulatdo moi baixo (13-10 ó descanso) no que só no último cuarto o resultado foi definitivo para os locais. Xogaron Adrián, Miguel, Alex, David F., Iván, Xoel, Pablo R. e Cristian.
  • Alevín Fem. CB Burela 40-Cb Viveiro 27, primeira victoria das locais nun partido onde lograron ter unha ventaxa tranquilizadora e non pasaron apuros.
  • Tamén pola mañá xogaron os infantís masculinos de Manolo  Cobas contra Ribadeo e lograron unha importante victoria por 49 a 37 logrando así seguir invictos despois de 2 xornadas e liderar o grupo. Xogaron Alex, Marco, Pablo Rubal, Manuel, Noel, Brais, Luismi, Angel e Adán.
Moito público na matinal do sábado no Monte Castelo
   Por outra parte, o equipo infantil feminino e o alevín feminino restante caeron con claridade na visita a Foz (Martínez Otero) con diferencias moi amplas (30 ptos.) e sen opcións de victoria en ningún dos dous partidos.

   Quedan os 2 pratos fortes do fin de semana, o derbi local en Foz entre Celtas e Burela (cadete fem. FGB) e a visita das senior a Coruña para enfrentarse no pabillón de Riazor ó potente equipo do Maria Pita o domingo ás 19 h.

jueves, 29 de noviembre de 2012

Este fin de semana...BASKET a tope!!

Baloncesto para todos os gustos

  Este fin de semana voltamos cunha axenda cargadísima de partidos do CB Burela, con partidos en Burela, Foz e as senior en Coruña.

   A matinal do sábado no Pabillón Monte Castelo é completa: benxamíns mixtos (11h.), alevíns 2001 (10h)  alevíns 2002 (12h.) contra CB Ribadeo e CB Viveiro.  Os infantís masculinos xogan ás 10h no Vista Alegre.

   As alevíns B femininas xogan ás 13h no Monte Castelo.

   As alevíns A  e as Infantís A femininas viaxan a Foz para enfrentarse ó Colexio Martínez Otero e as cadetes teñen un derbi contra Celatas de Foz o domingos ás 12h en Foz.
Pincha na imaxe para poder vela mellor
   As senior viaxan o domingo á dificil cancha do Maria Pita coruñés, rival da zona alta da clasificación cun horario inusual (domingo 19h.). Esperamos que as baixas que arrastramos non nos afecten tanto como nos últimos partidos.

Sorte a todos/as e que os equipos sigan progresando aínda que non volvan coa victoria.
 

lunes, 26 de noviembre de 2012

Bo inicio do deporte escolar

Esperanzador debut nas competicións escolares

  Este fin de semana iniciamos a competición oficial no deporte escolar, con boas sensacións que deben ser refrendadas nas xornadas que quedan antes do parón do Nadal. Na matinal do sábado 6 partidos (4 no Pabillón Monte Castelo) congregaron a gran cantidade de público que desexaba ver os avances dos máis pequenos no mundo da canasta.

   O equipo benxamín mixto debutou en competición cunha sobrada victoria diante do CB Viveiro (60-16), cun plantel de 12 xogadores/as e con Manolo Covas ó mando.

    En categoría alevín masculina doble partido con dúas victorias  para empezar a competición que deben reforzar a moral dos dous equipos. Diante do ADC Xove o alevín 2002  cun resultado moi amplo (52-25)  e coa aportación anotadora de todos os xogadores. Por outra parte o alevín 2001 derrotou ó CB Viveiro  por 44-32 e con moi boas impresións do avance dos nosos xogadores.
Alevín 2002 contra Xove
  Por último, o novo equipo infantil de Manolo Covas arrollou ó Cb Viveiro por 60-12 e sigue dando mostras dun gran nivel dos seus xogadores.

    En categoría feminina tocaba visitar ó Lourenzá-Mondoñedo e non houbo tanta sorte pois voltaron cunha doble derrota (abultada en categoría alevín e máis axustada en categoría infantil). toca mellorar nas vindeiras semanas.

    Xa en competición cadete feminina (2ª FGB) o noso equipo voltou a senda das victorias cunha aplastante victoria diante do Ensicid lucense (75-18) e atópase a 1 victoria do liderato provincial. Toca derbi en Foz a vindeira semana para tentar de seguir moi arriba na clasificación e manter esta liña de xogo.


SENIOR FEMININO: DINÁMICA NEGATIVA

Derrota na casa diante Pulpalia Lugo

   Nova derrota do equipo senior feminino do CB Burela diante dun rival directo polos postos altos na liga, o Pulpalia de Lugo. O domingo pola tarde, no Pabillón Monte Castelo nos enfrenatmos a un equipo experto que está chamado a estar na parte alta da táboa de clasificación, partido que debía medir as nosas posibilidades nesta liga, pero con só 5 senior disponibles e 3 junior facían que este choque fose máis difícil para un clube que está pagando a falta de pretemporada, a falta de horarios de entreno e as baixas diante de equipos experimentados e que non permiten que os nosos erros queden sen castigo no marcador.
Esforzo inútil de Mar e Marta
  Partido lento e igualado no primeiro cuarto (13-12) e cun lixeirom despegue local no 2º cuarto (19-15 ) para chegar ó descanso cun resulatdo de 22 a 21 para as locais. Unha forte defensa individual local era contrarrestada cun acerto exterior das lucenses que deixaban moi aberto o partido para a segunda parte.
  As de Pulpalia saíron fortes despois do descanso e acumularon rentas de ata 7 puntos que quedaban reducidas a 4 para o inicio do último cuarto no que a falta de acerto no tiro das locais unido ó cansancio pola falta de rotación das locais fixeron que só se anotaran 5 puntos e que as lucenses se levaran o partido.

     Polo CB Burela xogaron Melani (4), Mar (4), Lucía (1), Marta (6), Claudia, Margarita (12), Irene F (8) e Tania (2).
                                13-12   //   22-21   //   32-36   //   37-41

   Esperamos contar con máis efectivos para a visita a Coruña diante doutro rival destacado (Maria Pita) e poder sacar un bo resultado para encarar o parón do Nadal cun novo plan de adestramentos  para encarar a 2ª parte da liga con posibilidades de competir con todos os rivais en igualdade de condicións.

jueves, 22 de noviembre de 2012

Completo fin de semana de ..BA-LON-CES-TO!!

TODAS AS CATEGORÍAS EN COMPETICIÓN


     Este fin de semana todas as categorías do CB Burela compiten nas súas respectivas categorías, tanto nas ligas FGB como nas ligas escolares que empezan o sábado 24. 

    As categorías masculinas de minibasket e o novo equipo infantil inician a súa competición na casa , no Pabillón Monte Castelo, o sábado desde as 10h ata as 14h. As alevíns femininas (1 grupo) e as infantís femeninas desprázanse a Lourenzá.


   Por outra parte, as cadetes volven a xogar como locais o domingo no Monte Castelo diante do Ensicid lucense coa obriga de borrar o mal resultado anterior e voltar ó camiño da confianza e bo xogo ó que nos tiñan acostumados.

   Por último, as senior xogan na casa diante do Pulpalia de Lugo (domingo 16h. Monte Castelo) coa intención de seguir nos postos altos da táboa diante dunhas rivais que comparten estes postos de privilexia na liga 2ª Senior Feminina FGB
     

domingo, 18 de noviembre de 2012

Fin de semana amargo para o CB Burela

Decepción en cadetes

    Fin de semana de derrotas para o CB Burela, xa que a engadir á derrota do equipo senior feminino en Coruña, tamén sairon derrotadas as infantís femininas e os infantís masculinos na visita amigable a Vegadeo , e o domingo pola mañá sufrimos unha nova derrota diante do líder de grupo Galén-Ensino.
Katia e Noa contra o Lourenzá-Mondoñedo
   Partido importante dos dous equipos que lideraban a liga e que se disputaban a imbatibilidade na presente liga. Empezou ben o Burela cunha aguerrida defensa e acerto no tiro exterior (Noa 2 triples en 4 minutos) que xa marcaban diferencias (13-7) no 1º cuarto. Tónica parecida con cómodas ventaxas locais no segundo cuarto paro con porcentaxes de acerto baixos e moitas perdas de balón, aínda así se dominaba o 2º cuarto por 25-20. A a segunda parte prometía igualdade pero o desacerto local, as pérdidas facían encaixar un parcial de 2-10 en 3 minutos que daba a volta ó marcador e que poñía ás lucenses a disfrutar das súas primeiras ventaxas, rematando o cuarto 37-41  e deixando un último cuarto de desenlace incerto.
    Pero despois dun inicio prometedor (41-41) un baixón físico e defensivo das locais permitiron ás visitantes distanciarse no marcador ata o final 45-59.
     As claves, un paupérrimo porcentaxe de tiro (20% en T2), pérdidas absurdas e a falta de rotación para manter intensidade ata o final. Destacaron Noa con ¡22rebotes!  e Saray con 12 ptos.

Xogaron: Katia (6), Noa (10), Saray (12), Teba, Tamara (6), Tatiana (7), Paula, Elena (2), Lara e Luna C.

Esperamos que a confianza non se perda de cara a vindeiros compromisos.

    Por outra parte este próximo fin de semana empezamos as ligas escolares e o mércores xa publicaremos os compromisos de todas as nosas categorías.

sábado, 17 de noviembre de 2012

Amarga derrota en Coruña

SENIOR FEM: DERROTA EN CORUÑA

   Nova xornada na 2ª Interzonal Senior Fem. e desprazamento a Coruña para xogar contra Sta. María Mar, equipo con 2 victorias locais e 1 derrota que debía darnos unha idea do nivel do noso grupo. 

   Viaxamos coas baixas de Miriam, Carmen, Mar e Carla por motivos profesionais ou persoais que nos mermaron sobre todo no noso xogo interior, ddiante dun equipo experimentado e conxuntado que nos iba a poñer as cousas moi difíciles. Iniciamos o partido na nosa línea defensiva con moita velocidade en ataque e dispuxemos das primeiras ventaxas (6-14) mediado o 1º cuarto. O equipo local incrementou a súa defensa coa pasividade arbitral o que nos fixo encaixar un parcial de 12 a 0 e rematou o cuarto con 18-14. O segundo cuarto se mantivo en ventaxas curtas do equipo local agás nos últimos minutos onde unha serie de malas decisións en ataque ( e posterior contraataque local) supuxeron unha ventaxa de 10 puntos ó descanso (36-26).
  
Araceli, lesionada
    Mal pintaban as cousas para o noso equipo, desquiciado polo criterio arbitral e con sistemas de ataque moi pouco adestrados, pero conseguimos saír de novo co noso esforzo defensivo e ir limando as diferencias ata rematar o 3º cuarto cun punto de diferencia a favor (45-46). Unha enorme defensa con rápidas contras conseguía meternos no partido e empezar o último cuarto con esperanzas de victoria. Non foi así porque despois dun cuarto tan brillante volvimos ós erros anteriores e encaixamos u demoledor parcial  (12-0) que nos deixou sin posibilidades de igualar de novo o marcador. O resultado final foi de 65 a 52. Destacaron polo noso equipo Margarita (defendida ó límite), Marta e Irene Fdez en ataque.

    Pero a derrota non é o peor (seo equipo se esforza non hai nada que obxectar), o peor foi a lesión nun xoenllo de Araceli, pendiente de diagnóstico, pero que a vai alonxar das pistas durante un tempo (esperamos o máis curto posible) , que é a nota máis negativa do partido.

  Xogaron : Melani (5), Lucía (4), Marta (8), Claudia (2), Margarita (16), Irene Fdez. (8), Tania (4), Araceli (5), Sol e Irene M.

viernes, 16 de noviembre de 2012

NOVA XORNADA

ACTIVIDADE PARA ESTE FIN DE SEMANA

  Este finde temos actividade federada e encontros amigables en Vegadeo. Estos partidos previos á liga escolar (que empeza o vindeiro fin de semana) son os que siguen:
  1. Infantil feminino : CB Vegadeo-CB Burela    -  Municipal Vegadeo    Sábado 11.30h
  2. Infantil masculino: CB Vegadeo-CB Burela    -  Municipal Vegadeo  Sábado  17.30h.
Equipo infantil  contra CB Viveiro (sábado 10)
   En canto á actividade federada temos un interesante partido en Burela contra Galén Ensino (xogándonos a 1ª posición do grupo) e un viaxe co Senior a Coruña para xogar contra Sta María Mar.
  1. Cadete feminino: CB Burela-Galén Ensino    - Vista Alegre   -   Domingo   12h.
  2. Senior feminino : Sta María Mar - CB Burela  - Ponte Pasaxe   Sábado   18h.
Clasificación actual 2ª División Feminina FGB
 Tamén podes ver unha pequena crónica do último partido en La Voz de Galicia

   Desexamoslles sorte ós nosos/as pero , sobre todo, bo xogo e deportividade.


martes, 13 de noviembre de 2012

Gran nivel en cadetes

Gran partido das cadetes

   Os equipos femeninos da base competiron este fin de semana, con resultados diversos, tanto en competición oficial como en partidos amistosos co CB Viveiro e o CB Vegadeo.
     As alevíns xogaron en Viveiro e fixeron un bo partido gañando por 4 puntos, deixando clara unha mellora no seu xogo a escasas 2 semanas do inicio da liga escolar comarcal. Por outra parte , as infantís xogaron o sábado en Viveiro cunha derrota amplia (20 ptos.) e o domingo en Burela melloraron as súas prestacións na derrota mínima diante do CB Vegadeo.

      Xa en competición oficial (liga FGB cadete, 2ª división), o CB Burela tiña un partido de rivalidade comarcal diante do ED. Lourenzá-Mondoñedo, resolto cun moi favorable resultado de 81-28.
CB Burela cadete fem. 2012/13
  O partido non tivo moita historia pois xa no 1º cuarto o resultado era casi definitivo (22-7), para chegar ó descanso cunha diferencia de 26 ptos (41-15) e máis do mesmo na segunga parte para alcanzar a diferencia final de 53 ptos (81-28). Intensidade defensiva e unha bon movemento de balón diante da zona visitante chegaron para demostrar unha superioridade total en todos os aspectos do xogo. Non podemos destacar a ninguén polo esforzo defensivo colectivo, pero debemos mencionar o debut cunha canasta da infantil Lara.
    Xogaron:  Katia (14), Noa (22), Saray(7), Elena(-), Lara(2), Tatiana (23), Teba(1) e Tamara (12).
  Na clasificación son segundas e o vindeiro partido serán en Burela o domingo contra o lider Galén-Ensino.

sábado, 10 de noviembre de 2012

O Senior feminino suma e sigue

Quinta victoria das senior

   Partido sen historia no pabillón Monte Castelo entre as locais do CB Burela e o equipo Nova Facial Laracha, que visitaba Burela sen coñececer aínda a victoria. Tampouco foi Burela un cambio na súa tendencia negativa pois levou resultado abultado (94 a 20), que indica unha diferencia enorme de potencial entre os dous equipos.
Debut de Carla Candia con 16 ptos.
     O inicio foi tremendo das locais cun parcial no 1º cuarto de 28-4, cunha forte defensa que impedia a circulación de balón e facía que as visitantes perdesen moitos balóns que se convertía en puntos fáciles para as de Burela. o 2º cuarto outro parcial de 25-8 levaba o partido ó descanso cun apabuillante resultado de 53 a 11. Quedaba unha segunda parte onde se fixeron probas para vindeiros compromisos máis difíciles , pero que deixaron un abultado resultado final de 94 a 20.
     O equipo segue na parte alñta da clasificación con 5 victorias e unha derrota, e inicia un ciclo de partidos (onde se poden ver as posibilidades do CB Burela) con equipos da parte medio-alta da liga, o vindeiro fin de semana diante do Santa María Mar en Coruña.

  Polo CB Burela xogaron: Margarita (17, 1 triple), Miriam (14), Carla (16), Mar (19), Irene Fdez. (10), Marta (6), Claudia (5), Sol, Lucía (2), Irene M. (1), Carmen (2) e Tania (2).
  Parciais:      28-4 / 53-11   Descanso    67-17  /  94-20
     Destacaron todas as xogadoras en defensa e no ataque, tanto Margarita, Miriam, carla, Mar (19 ptos, max. anotadora) e Marta fixreron un completísimo partido.

Boa matinal do sábado no Monte Castelo

Prometedor inicio do infantil masculino

   No pabillón Monte Castelo este sábado se disputaron 2 partidos da base do CB Burela e o CB Viveiro, para devolver a visita feita a Viveiro fai dúas semanas. O alevín do CB Burela derrotou ós de Viveiro por un resultado final de 46 a 29, evidenciando unha melloría no seu xogo. Polo CB Burela xogaron Alberto (6), Diego (6), Antón (2), Gabriel (2), Angel (1), Iván, Pablo (5), David F.,Yago (2), Miguel (2), Adrián (8), Alex (4) e Xoel.
   Tamén debutaron os infantís masculinos, cunha cómoda victoria por 41 a 20, cun xogo esperanzador para un grupo novo que vai intentar competir na liga escolar con outros equipos máis rodados de Foz, Ribadeo ou Viveiro.
Equipo infantil co seu adestrador, Manolo Covas
    Esperamos novos resultados do equipo infantil para confirmar as boas impresións que dixaron no Monte Castelo.


viernes, 9 de noviembre de 2012

Actividade a tope este fin de semana

ACTIVIDADE A TOPE !!
  
   Este fin de semana (10 e 11 de novembro) o CB Burela ten unha axenda completa de actividade, partidos oficiais na casa (seniors e cadetes), amigables contra o CB Viveiro en Burela e Viveiro (alevins e infantís mac. e fem.). Todo isto pódelo ver na imaxe seguinte.
   As categorías benxamín, alevín e infantil deben apurar a súa preparación para a liga escolar que empeza o vindeiro día 24 de novembro,  e os equipos de ligas FGB deben seguir cos bos resultados que nos ofreceron nas primeiras xornadas.
    Por outra banda, xa está en marcha o repintado das liñas de xogo (adaptadas á normativa) no pabillón Vista Alegre, o que nos permitirá competir nunha instalación máis apropiada ás ligas da Federación Galega de Baloncesto.

domingo, 4 de noviembre de 2012

Victoria cómoda en Coruña

As junior tamén xogan... e gañan
    Partido en Coruña para superar a derrota na casa da última xornada diante dun rival débil pola súa clasificación e victoria cómoda diante do ADFRO na matinal do domingo en Coruña. Un partido sin historia, decidido na primira parte e cunha segunda parte de trámite .
      Defensa intensa e ataques rápidos dinamitaron o marcador no 1º cuarto (2-16) cun segundo cuarto brillante para rematar a primeira metade cun parcial de 14 a 36. Boa parte de culpa do resultado foi da gran defensa que impedía tiros e agotaba posesións das coruñesas e as transicións ofensivas que remataban en tiros cómodos .
       A segunda parte xa sin historia, cun intercambio de canastas , non foi brillante e o equipo asegurou a renta sin ningún tipo de agobios.
     As rotacións constantes , moitos minutos e ben aproveitados das junior (en total 29 ptos.), acompañadas polas veteranas, e as gañas de todas as xogadoras nos dan ánimos para seguir na loita polos postos altos da clasificación, esquecendo a derrota local da anterior xornada.
  Xogaron e anotaron : Melani (2), Mar (8), Lucía (1), Claudia (6), Margarita (7, 1 triple), Irene Fdez. (4), Miriam (10), Araceli (2), Sol (2) e Irene Méndez (12).
  Parciais :    2-16 / 14-36  /  22-47 / 31-54
      O vindeiro fin de semana, visita Burela o CB Laracha Nova Facial , que ten que ser un rival perfectamente batible ó estar na parte baixa da clasificación.

domingo, 28 de octubre de 2012

Derrota pola mínima

SENIOR FEMININO: Derrota pola mínima

   Na mañá do domingo disputábamos o partido contra Area 10 coa intención de seguir coa boa línea demostrada no inicio da liga, pero, un inicio desastroso cun parcial de 2-16 nos lastraba para o resto do partido. Melloramos no 2º cuarto pero non o suficiente e o equipo rival dominaba o marcador o descanso por 11 a 27. As claves, a veteranía do equipo rival, a mala presión realizada e a inoperancia ofensiva diante da zona rival.
      Coa lección ben aprendida iniciamos a 2ª parte, elevando a intensidade da nosa defensa, movendo máis o balón, e , con mellor selección de tiro, iniciamos unha pequena remontada , aínda que ó final do cuarto non se reflexaba no marcador (22 a 37). Seguimos defendendo, e pouco a pouco reducimos ventaxas ata colocarnos a 1 punto coa posesión do balón a falta de 18 segundos. Unha mala elección non nos premiteu tirar co que se acbou o partido perdendo pola mínima.
Miriam anotou 9 puntos na 2ªparte
  Destacamos a gran remontada do último cuarto (16-2), que nos debe marcar a liña de xogo para o futuro e o esforzo de todas as xogadoras, que intentaron compensar as 4 baixas coas que contábamos.

   Xogaron Marga (10), Tania (4), Miriam (10),  Mar (4), Lucía (4), Carmen (-), Irene Fdez (4) Melani (-)e Claudia (2).
         Tanteo : 2-16  /  9-11  /  11-10  /  16-2

    A vindeira semana toca viaxar a Coruña para xogar diante do ADFRO, que encaixou 2 derrotas nas 2 primeiras xornadas, polo que unha victoria  compensaría a derrota contra Area 10

sábado, 27 de octubre de 2012

Empezan @s alevíns

EMPEZAN OS/AS ALEVÍNS

    Primeiros partidos amigables das categorías do minibasket do CB Burela. Este sábado se enfrentaron os nosos equipos alevíns cos do CB Viveiro.

    O equipo alevín masculino desprazouse a Viveiro onde se enfrentou ó equipo local nun encontro de preparación para a vindeira liga escolar. O resultado final foi de 33 a 34 a favor do noso equipo, nun encontro onde se poideron ver os avances dos nosos xogadores e tamén se poideron ver os erros normais dun grupo novo que empeza a competir.

   Os anotadores do CB Burela foron : Diego (4), Angel (6), Alberto (2), Antón (2), Gabriel (-), Artai (4), David Basanta (-), Iván (-), Adrián (6), Pablo (4), David Fanego (-), Xoel (2), Alex (2) e Cristian (2).

   Por outro lado, as alevíns enfrentáronse ó alevín fem. do CB Viveiro en Burela cunha victoria axustada por  34 a 32. 

   Estas víctorias aínda que sexan mínimas reforzarán a moral dos nosos rapaces para seguir traballando duro nos adestramentos.

   Por último, lembrar que mañá ás 12h. no pabillón Monte Castelo, o noso equipo senior xoga contra o Area 10 tentando seguir invictas  e colideres da súa liga de 2ª división feminina FGB 

domingo, 21 de octubre de 2012



Doble victoria do CB Burela neste fin de semana

     O Clube Baloncesto Burela senior feminino  acadou unha importante victoria no seu desprazamento a Cambre cun tanteo final de 40 /53. Esta victoria é moi importante por ser o  CB Cambre  un dos equipos a batir do campionato ó ser o vixente campión galego de 2ª división feminina na tempada 2011/12.
       Esta idea nos reforza de cara á liga na idea de que o noso plantel de xogadoras deben optar a estar arriba  nesta liga recén iniciada.

 Na foto, Irene e Margarita  (24 puntos entre elas).
       O partido iniciouse con moitos erros polo que o primeiro cuarto pódese chamar de tanteo (8/10). No segundo cuarto a defensa visitante empezou a facer estragos no ataque local polo que se estirou a diferencia ó decanso a 8 puntos (16/24). No terceiro cuarto mantívose a diferencia nun intercambio de canastas para voltar ós principios defensivos que nos deben facer mellores, e ampliar a diferencia ata os 13 puntos finais .
       

      As anotadoras  do CB Burela foron: Miriam (6), Marta(3), Marga (14), Irene F. (10), Lucía (2), Claudia (x), Carmen (x), Irene M. (1), Melani (4), Mar (6), Araceli (5) e Tania (2) .
       O tanteo por cuartos: 8-10 / 8-14 / 15-15 /  9/14       1 triple (Araceli)  
     Debemos resaltar o debut de outras 2 xogadoras junior (Melani e Claudia) , que se unen ás junior que xa xogaron diante do CB do Lea (Margarita, Sol e Irene M.) 

   O vindeiro fin de semana  recibimos ó Area 10 en Burela.

    Por outro lado, inicio victorioso do noso equipo cadete feminino en Viveiro cun resultado final de 42 /57, nun partido moi disputado, diante dunhas rivais moi melloradas que nos puxeron dificil a victoria.        

jueves, 18 de octubre de 2012

ACTIVIDADE PARA O FIN DE SEMANA : 20/21 OUTUBRO

SENIOR FEMININO: Cambre- Burela (Sábado 12h. Cambre)
CADETE FEMININO: Viveiro-Burela (Domingo 12h. Viveiro)