domingo, 22 de diciembre de 2013

SENIOR: 10 de 10 - Máis líderes

Décima victoria das senior en 10 partidos

     O pabillón Monte Castelo era o lugar elexido para o derby entre os dous equipos senior femininos de A Mariña, un enfrentamento entre os dous primeiros clasificados, cunha diferente idea de baloncesto, por un lado conservador amparado nunha defensa zonal e á inspiración individual das  súas mellores xogadoras e por outro lado un basket atrevido, con defensa aberta e a aportación ofensiva de todas as xogadoras do plantel.
      No equipo local as ausencias por lesión (Lucía Paz e Alba) e as baixas por viaxe de estudos (Margarita e Claudia) deixaban en só 4 seniors acompañadas polas 6 juniors disponibles.

Lucía C. omnipresente
     O inicio do partido deu lixeiras ventaxas do equipo local, froito do esforzo defensivo, aínda que a falta de acerto na longa distancia impedía que o partido se decantara con claridade (18-9). o segundo cuarto foi o mellor das visitantes que coas perdas de balón locais e os erros nas transicións empataba o partido e , incluso, se poñía por diante (21-22, min. 16). Un arreón local vovía a darnos ventaxa 29-24 gracias ó acerto de Lucía C. e Celia.
     Co partido aberto o traballo de desgaste tiña que dar o seu froito e as visitantes empezaban a ter problemas coas faltas e o cansancio (rotación máis limitada) e as nosas conseguían colapsar o ataque laurentino e colocar un demoledor parcial 27-7 para rematar o  cuarto cunha ventaxa clara 56-31. en este cuarto destacaba o acerto anotador de Tatiana (8 ptos. seguidos) no seu mellor partido coas senior.
   Quedaba un último cuarto de trámite onde as juniors Tamara, Saray e Katia se sacudían os nervios e anotaban con facilidade sin que o nivel do equipo sufrira, rematando cun claro 74-37 . No equipo lauentino a mellor foi a pívot María con 15 puntos e un traballo moi interesante.

    Aportación xeral en ataque, defensa intensa, ataque a zona sen problemas e 44 puntos das 6 juniors, que cada día están máis asentadas, dannos esperanzas no equipo para o futuro. Destacaron todas no esforzo defensivo, as juniors na aportación ofensiva e Lucía Carabán  en todas as facetas (casi un triple doble).

  Xogaron e anotaron: Adela (8), Lucía C. (11), Miriam (5), Celia (12) , Mar (6) - 5 inicial- Marta (8), Tatiana (10), Saray (4), Tamara (4) e Katia (6).

                                     Parciais : 18-9 / 11-15 / 27-7 / 18-6

    Somos máis líderes e despois do parón do Nadal visitaremos en Coruña a un dos equipo máis fortes , Sta. María del Mar, que , a día de hoxe só ten 1 derrota no seu haber.

   Toca descansar, e a plantilla ten unha semana de vacacións despois de tres meses de moi bo traballo e actitude.  Noraboa chicas

jueves, 19 de diciembre de 2013

Canteira : O alevín Pablo convocado coa preselección galega

Alevíns: Pablo vai convocado coa selección

     Boas novas para o noso traballo de canteira : O noso alevín Pablo Rubal foi comvocado a participar nos adestramentos da preselección galega de minibasket. O vindeiro domingo 22 se despraza a Noia para participar con outros 15 xogadores nun adestramento que , xunto con outra convocatoria igual, servirá para dar o listado definitivo de 12 xogadores que representarán a Galicia na categoría de minibasket.

Pablo Rubal
   Pablo Rubal leva no noso clube desde idade prebenxamín (2009) e foi subcampión provincial benxamín fai dous anos en Vilalba e agora compite no alevín masculino de Suso Rey.

    Desde o clube temos que lembrar ós nosos adestradores  Lolo , Manolo, Rubal e, agora ,Suso que traballan desde a base con medios moi limitados , e que a través de esta convocatoria se reforzan no seu traballo diario.

      Gracias á participación da selección da Mariña no encontro de seleccións zonais disputada en Santiago, foron elexidos o noso xogador e outro de Viveiro. Máis abaixo pódese ver a convocatoria.

      Como dato anecdótico , non é a súa primeira convocatoria este ano , pois foi convocado a adestrar coa selección sub 12 de fútbol lucense a principios de mes, aínda que, ó final, non foi entre os elexidos.

    Desde o CB Burela desexámoslle que disfrute da experiencia.


lunes, 16 de diciembre de 2013

Senior fem. Novena victoria a domicilio

Sufrida victoria no Corgo

     Novo desprazamento para as nosas senior e nova victoria no Corgo contra Area 10 por un resultado final de 62-76. Novena xornada e séptimo viaxe do equipo diante dun dos equipos que está na zona noble da liga e que o ano pasado nos puxera as cousas difíciles.

Adela, destacada na dirección
     Para este partido contábamos coas baixas de Alba e Lucía Paz por lesión e tamén coa baixa de Mar que acudía con gripe ó partido moi mermada. Sin referencia interior o noso xogo se resinte en defensa e no ataque, deixando o equipo con só 4 seniors disponibles.

   O partido empezaba de forma brillante para as nosas que a base de defensa se adiantaba no marcador 6-14 ós 6 minutos de partido. As pérdidas de balón, os fallos en accións de canasta fáciles e unha arbitraxe difícil de entender (con técnica ó noso adestrador por protestar faltas claras na finalización de contraataques) colocaba ás locais outra vez no partido e deixaba un empate a 16 ó rematar o primeiro cuarto.

    O segundo cuarto foi bastante malo para as nosas, con fallos defensivos, moitísimas perdas de balóns e a falta de acerto exterior igulaba o marcador nun cuarto que remataba cunha canasta de Tatiana 36-37.

   O terceiro cuarto non cambiaba o panorama e as locais estaban por diante no marcador, acertadas no tiro e refuxiadas nunha cerrada zona (40´sen cambiar de defensa), pero a igualdade do marcador era total ó finalizar este terceiro cuarto (51-51).

Celia, 9 puntos
    Despois de oito xornadas con resultados moi claros , tiñamos por diante un cuarto para resolver un partido igualado, e as nosas chicas sacaron o baloncesto que coñecemos e cun parcial final de 11-25 resolveron un partido complicado e no que o resultado final non indica o sufrido traballo que nos costou. Neste cuarto a defensa volveu a funcionar, os tiros de media e longa distancia entraron e o cansancio das locais fixo o resto.

    Destacou Margarita, onmipresente en todas as facetas de xogo (puntos, rebotes, recuperacións), Miriam en ataque e o traballo das juniors Adela e Celia (23 puntos entre as dúas).

   Xogaron: Miriam 13, Lucía C.10, Tatiana 2, Marta 5, Margarita  21, Claudia 2, Adela 14 e Celia 9.

    O equipo queda como líder destacado, cun baloncesto distinto ó da categoría no que non se sae a especular ,  con nove victorias consecutivas ( 7 a domicilio) e recibe o próximo domingo en Vista Alegre ó Lourenzá , segundo clasificado con 2 derrotas, nun derbi no alto da táboa, que, de seguro, será un partido referente para o baloncesto feminino na Mariña.
Clasificación despois de rematar a xornada 9


    

    

jueves, 12 de diciembre de 2013

SELECCIÓN DA MARIÑA: Experiencia positiva

Día para lembrar dos nosos alevíns en Santiago

     O pasado sábado día 7 os noso alevíns Miguel Alves, Adrián Pardo e Pablo Rubal participaron coa selección de A Mariña de Minibasket na Xuntanza de seleccións zonais en Santiago .
    Disputaron ó longo do día tres partidos (contra Vigo, Ferrol e A Coruña), nun formato non competitivo no que compartiron pabillón cos mellores xogadores alevíns de Galicia, vendo o seu propio nivel e o nivel dos demais xogadores e equipos.
Selección Alevín de A Mariña en Santiago
Sama nun tempo morto
    A nivel de resultados colleitaron tres derrotas: iniciaron cunha clara derrota diante Vigo, cunha diferencia física notable e un ritmo de xogo máis alto, outra derota mínima contra Ferrol, no que só un cuarto desastroso os aoartou da victoria, e para rematar outra derrota clara contra A Coruña, cunha diferencia física grande e un xogo de equipo moito máis traballado que os nosos.
      Coa dirección de JA Sama , asistido polo noso adestrador XM Rubal, os nosos foron de menos a máis, mellorando en ritmo de xogo cada partido, adaptándose ás defensas a toda cancha, e coñecendo o sistema e reglas de xogo do minibasket federado ( a liga escolar ten pouco que comparar), así , cando empeze a liga alevín federada estarán máis preparados e a disfrutarán de outra forma.
     Tamén disfrutaron dunha comida en grupo,no restaurante Monte da Condesa, coñeceron nenos de outros sitios de Galicia e fixeron amigos dentro do equipo,cos que, de seguro,se saludarán dunha forma moi amistosa cando coincidan en partido na costa.
  En fim, unha experiencia do máis positiva , que esperamos se repita no futuro, pois A Mariña merece ter nome propio no baloncesto de Galicia.
O grupo despois de comer


lunes, 9 de diciembre de 2013

NOVA VICTORIA EN CASTRO: 8 de 8

LIDERATO CONSOLIDADO EN CASTRO

      Partido aprazado da 1ª xornada coa visita a Castro para xogar cun equipo da zona media da clasificación , CB do Lea, que o ano pasado nos puxera as cousas difíciles, cunha temperatura xélida no exterior e interior do pabillón. Viaxábamos coas baixas de Lucía Paz e Alba por lesión e coa alta da nosa capitana Marta Cifu, que se reincorporaba ó grupo aínda mermada polo esquince sufrido antes do anterior partido.
Tatiana , 15 anos e 12 puntos
       Inicio de partido igualado nos 4 primeiros minutos (7-8) no que as locais sacaban proveito do tiro de 3 mentras as nosas se adaptaban á baixísima temperatura ambiente e á zona local. Pasado este titubeante inicio poidemos ver nos seguintes minutos e no segundo cuarto o xogo das nosas do inicio da campaña. defensa aberta, velocidade en ataque e un ataque a zona consistente, deixando as cousas xa claras 10-29 e 25-55 ó descanso.
       Co partido finiquitado, as nosas non baixaron o ritmo e endosaron outros parciais demoledores (3-23 e 7-23) que deixaban un resultado final nun claro 35-101, entre un equipo que esperaba recluído nunha zona e outro equipo que cada día sae a buscar un baloncesto valente, aberto, rápido e coa colaboración de todas as xogadoras. Despois de dúas xornadas máis grises voltou o caudal anotador co que nos tiñan acostumados nas primeiras xornadas.
    Destacaron todas as xogadoras en esforzo defensivo, cun ataque repartido (6 xogadoras por encima dos 10 puntos)no que xogaron seniors e juniors por igual. 

    Xogaron e anotaron: Miriam (10), Mar (18), Claudia (5), Margarita (19), Adela (13) -5 inicial-  Lucía Ca.(11), Tatiana (12), Tamara, Celia (9) e Marta (3).

    Con 8 victorias seguidas ( 6 como visitantes), o CB Burela aliánzase  no liderato cuns números estratosféricos : 88,5 puntos a favor e 31 en contra de media (unha diferenza de 57 ptos.). 

   Na vindeira xornada (9ª), voltamos a xogar a domicilio, contra o CB Area 10 O Corgo, equipo situado na cuarta posición, e que ano pasado disfrutou da parte noble da clasificación toda a temporada.

viernes, 6 de diciembre de 2013

3 XOGADORES NA SELECCIÓN DA MARIÑA DE MINIBASKET

3 XOGADORES NOSOS COA SELECCIÓN

   Por primeira vez a selección de A Mariña será un dos participantes na "Xuntanza de seleccións zonais de minibasket" , que se celebrará en Santiago o vindeiro 6 de decembro. Para esta selección foron convocados 3 dos nosos xogadores alevíns, Miguel Alves, Adrián Pardo e Pablo Rubal polo seleccionador JA Sama, que estará asistido polo noso adestrador XM Rubal, que coñece ben ós xogadores alevíns de A Mariña.
   Disputarán tres encontros contra as seleccións de Vigo, a Coruña e Ferrol no pabillón do Restollal dos que daremos información a vindeira semana.
Os xogadores seleccionados cos seus adestradores
    O CB Burela é o equipo que máis xogadores aporta ó grupo, pois aparte dos finalmente seleccionados estaba Alex Gómez preseleccionado. Tamén debemos felicitar ós adestradores do noso clube polo gran traballo realizado nos últimos anos nos grupos de minibasket e debemos facer mención de Lolo, Manolo, Rubal e agora Suso, que tiveron  aestos xogadores nos seus grupos de adestramento.
   Os nosos disfrutarán dun día completo de baloncesto cos mellores xogadores alevíns de Galicia nunha actividade á que nunca iba un grupo da costa.

   Desexámoslles a maior das sortes para os partidos do sábado

martes, 3 de diciembre de 2013

SENIOR FEMININO: XA SOMOS LÍDERES

SENIOR: 7 de 7 e líderes

    O noso equipo senior feminino , dirixido por Rubal, consigueu o pasado domingo vencer ás líderes da liga en Vista Alegre e consiguen o primeiro posto aínda que levan un partido menos. O resultado foi claro para as nosas 65/36 , diante dun correoso rival (CB Sarria) que coñecía o noso xogo e que preparara o encontro despois de ver o último partido noso en Lugo. partiamos coa baixa da nosa capitana Marta Cifuentes , lesionada no último adestramento e coa baica de Alba desde novembro tamén lesionada.

Mar e  Marga en ataque
    O partido foi bastante competido e o equipo rival plantexou unha defensa que intentaba atascar o noso xogo, e consigueu sair airoso en moitas ocasións da nosa defensa, polo que a anotación foi moi reducida (15/8) no primeiro cuarto, con varias canastas fáciles falladas polas nosas xogadoras.
    O segundo cuarto mantivo a tónica e a mesma e foi o peor cuarto da liga en anotación (9/7) , que deixaba o partido aberto na segunda parte . As visitantes conseguían manterse no partido aínda que só levaban 15 puntos ó descanso.
     A segunda parte xa se iniciou de forma máis brillante por parte do CB Burela e o parcial do cuarto (22-11) xa indicaba a diferencia real entre os dous equipos, tamén Margarita empezaba a anotar con fluidez e o equipo empezaba a funcionar como nos ten acostumado este ano, cunha defensa moi incisiva e a velocidade na circulación de balón. Destaca que umn quinteto en idade junior xogou boa parte do cuarto sen que o xogo se resentira.

Lucía Paz, lesionada
O cansancio e a acumulación de faltas tiñan que lastar o xogo visitante e un novo parcial de 19/10 deixaba o marcador final en 65-36.

  Xogaron e anotaron: Miriam 4, Lucía C. 8, Mar 8,Tatiana, 4, Lucía Paz 6, Tamara, Claudia 1, Margarita 24, Adela 6 e Celia 4.

   Destacou a actitude do equipo, que ten no seu espíritu colectivo o seu principal valor, e , no ataque destacou Margarita xusto para celebrar o seu 18 cumpleanos.

      A nota negativa foi a lesión fortuita nun xeonllo de Lucía Paz, que tivo que abandonar o partido e estará varias xornadas ausente. Desde o CB Burela lamentamos a lesión e , esperamos a maior da brevidade na súa recuperación.

    Un partido gris pero cunha victoria cómoda , que nos deixa líderes á espera do partido aprazado (domingo 17 h en Castro de R. de Lea), que nos pode dar unha ventaxa tranquilizadora de cara ós seguintes partidos.

Podes ver a clasificación na imaxe de abaixo (clica para agrandala)

lunes, 2 de diciembre de 2013

CANTEIRA: Resultados diversos

Diversidade de resultados da canteira

  Este fin de semana tivemos resultados diversos nos equipos da nosa canterira, pero a dinámica é boa e os equipos van encauzando o seu xogo e mellorando as súas prestacións.

   O equipo junior masculino non consigueu a victoria diante dun poderoso CB Sarria (2º clasificado, cunha traxectoria de equipo desde minibasket) pero plantou cara e só os nosos erros lle impediron dar a campanada. Bo partido dos de Manolo, que se mantivo no partidodurante boa parte do tempo (23-23 no descanso), pero que cedeu nos ultimos min utos pola falta de banquillo e os erros nos tiros libres, onde non se superou o 20% de acerto, e só mellorando este porcentaxe se podería estar no partido ó final ou gañar os sarrianos. O resultado final foi de 41/49 para os visitantes e destacaron Mario en defensa e Christian en ataque.
CB Burela Infantil Feminino, antes de xogar co CB Riabdeo
  O equipo infantil masculino, dirixido por Ángel e Rogelio, tamén saiu derrotado como local do seu enfrentamento cos favoritos CB Ribadeo , por un resultado final de 48/76, resultado enganoso pois os nosos estiveron no partido na primeira metade (incluso por diante), pero o equipo rival aproveitou os erros locais e  a falta de rotacións  e puxo diferencia no marcador. Este equipo está mellorando, e cada día vai a máis, e seguirá ofrecendonos unha gran actitude e destellos individuais cada xornada.
   O equipo infantil feminino, con Madar ó frente, mellorou o seu xogo e acadou unha victoria 54/26 moito máis doada do previsto (CB Ribadeo, un rival co que se pensaba nun resultado igualado). Boa culpa do resultado tan cómodo foi a predisposición ofensiva de todo o equipo e a anotación de Paula (máxima anotadora , 23 ptos.) e a aparición de María (16 ptos.) que pode complementar a Paula no ataque. 3 partidos, 2 victorias e a vindeira visita a Viveiro onde se pode disputar o liderato final da liga.

CB Burela Inicación no pabillón de Xove
  Nos partidos amigables destacan:

   O equipo alevín masculino, cun resultado como local de 53/53 (empate nun amigable , cunha grande anotación e ambiente), onde o equipo acusou as baixas de Adrián, David e Pablo, pero as incorporacións de Pablo Fdez. , Antón e Hugo , do equipo benxamín deron un bo rendemento . moi ben no ataque Miguel (21 ptos.) e Alex (12 ptos.) diante dun equipo con xogadores máis altos no que tame debutaron benxamíns.
  Boas perspectivas para este equipo no inminente comezo da liga federada alevín.
    O equipo de iniciación, coas monitoras Claudia, Marga e Lucía, xogou en Xove co equipo local e consigueu un bo xogo (e a victoria 12/34), o que animará ós nosos máis pequenos de cara ós adestramentos e a futuros partidos amigables. Tamén se poideron ver detalles de algúns xogadores que os poden levar a debutar cos equipos benxamçins na inminente temporada .

viernes, 29 de noviembre de 2013

Fin de semana na BASE

Completo fin de semana

    Este fin de semana temos un menú completo de baloncesto con encontros oficiais FGB para juniors e infantís e amigables para alevín masculino e Iniciación. ademáis, podes ver as clasificacións , a día de hoxe, clicando nas imaxes da dereita.

  • Junior masculino, cun difícil partido como locais diante do potente CB Sarria (sábado 19h., Vista Alegre), no que os de Manolo deben dar o mellor de sí para sorprender ós visitantes, que só perderon un partido  no que vai de liga. Os noso deben volver ás sensacións do partido contra Chantada e esquecerse da última derrota en Lugo diante Sagrado Corazón.                                                   
  • Infantil Masculino. O equipo dirixido por Angel Cao, recibe ó favorito CB Ribadeo (sábado 10,30h., Vista Alegre) coa firme determinación de facerlle frente ó equipo favorito do grupo, pero coa moral das dúas victorias apabullantes conseguidas diante CB Viveiro e Martínez Otero nas dúas primeiras xornadas. Unha boa oportunidade para ver a Marco, Angel, Diego, Noel,... como locais. Non temos referencias dos ribadenses, ó ter aprazados os 2 partidos anteriores.                                                         
  • Infantil feminino, tamén co enfrentamento diante do CB Ribadeo, encontro que se disputará a continuación do masculino (12, 12.30H, Vista Alegre), partido que contamos sexa igualado como en pasados enfrentamentos, pero no que as nosas, comandadas pola moi anotadora Paula, se coloquen por diante no marcador e consigan  unha brillante victoria.

        AMIGABLES - MINIBASKET

    Tamén disputamos amigables o vindeiro sábado, con 2 partidos :
  1. Alevín masculino, cun partido diante o CB Ribadeo, (12.30h. Monte Castelo) onde Suso Rey contará coas importantes baixas de Adrián, Pablo e David. Unha boa oportunidade para comprobar a adaptación ós sistemas do resto da plantilla e dos 3 benxamíns que entran na convocatoria: Hugo, Pablo Fdez., e Antón.
  2. Iniciación, que se desprazan a Xove para disputar un partido contra os locais (Centro Cívico, 10.30h.), e así disputar minutos de competición ou , simplemente, debutar coas cores do CB Burela e nun deporte completo e colectivo como é o baloncesto.

     SORTE PARA @S NOS@S

martes, 26 de noviembre de 2013

CANTEIRA ; Fin de semana positivo

Canteira : casi pleno no fin de semana

   Este fin de semana tivemos moita actividade , tanto nas ligas federadas como en amistosos previos á liga escolar que tanto se demora. E os resultados foron moi positivos , rozando un pleno de victoria para os noso equipos, e os partidos disputados foron:

Marco, destacado
  • Infantil masculino, cunha gran e abultada victoria diante Martínez Otero en Foz, cun contundente 33-78 para os nosos , dirixidos por Angel Cao, cunha intensa defensa, unha gran concentración e aportación de todo o equipo, e a anotación de Marco, novamente destacado, pero coa convicción de que funciona o equipo e que están avanzando para enfrentarse o vindeiro fin de semana ó favorito CB Ribadeo, en Burela, equipo ó que intentarán dar a sorpresa.                                                       
  • Infantil feminino, cunha gran victoria en Mondoñedo 23-64, na que a gran defensa do equipo de madar fixo inútil a eterna defensa zonal das locais e conseguiron unha gran cantidade de recuperacións e canastras fáciles. Esta victoria reforza  a moral do grupo despois da apurada derrota na xornada anterior diante de CB Viveiro. Volta a destacar en anotación Paula pero ben acompañada polo resto.  Xogaron Paula 24, lara 9, Ashley 6, Kesia 2, Andrea, 4,Aida 2, maría 9 e Mireia 6.                                                                                                                                          
  • Junior Masculino, cun difícil desprazamento o sábado a Lugo para xogar diante Sagrado Corazón, equipo co que corresponde pelexar ó final da liga na clasificación. Derrota dolorosa 72-32, na que se pagou a falta de intensidade, a precipitación e na que voltaron a  aparecer individualismos que en nada favoreceron ó grupo. Toca traballar e solucionar problemas para a vindeira xornada.
    En amigables tamén houbo moita actividade:

Alevíns Bural-Viveiro ó rematar o partido
  • Alevín masculino, coa victoria en Burela sodre CB Viveiro 33-31, na que os nosos remontaron ata 6 puntos de diferencia despois do descanso nun partido malo, no que estaban máis pendentes de elaborar os ataques que de anotar. fallos tontos e moitas imprecisións diante dun rival directo na futura liga escolar. Deben mellorar e a mellor forma de facelo é xogar partidos, e se os partidos son igualados , mellor .  Na foto da dereita podemos ver os 2 equipos cos seus adestradores  (podes agrandala,cliclando nela).                                                                      
  • Equipo Alevín feminino do CB Bur 
  • Alevín feminino, cunha boa victoria , tamén diante do CB Viveiro, 26-20, con máis apuros dos que parecía no inicio (10-0) , coa destacada actuación de Carla e Nuria, e a presencia na pista de tres xogadoras benxamíns (Ana, Ainoa e Sofía) que están disputando os seus primeiros minutos de competición.  Xogaron María, Nuria, Ana, Irina, Alejandra, Ainhoa, Carla, Sofía, Ainoa e Jimena. O seu adestrador, Lolo, tomou boa nota das evolucións das súas xogadoras durante o partido.                                                           
  • Benxamín masculino, con outra victoria, esta vez en Viveiro, cun resulatdo axustado 28-32 para os nosos dee Manolo Cobas , nun partido que sirveu para ver ás novas incorporacións , para perderlle o medo á competición e para mellorar o xogo de grupo do equipo. Este equipo , en función do número, pode desdobrarse para a liga escolar e así incrementar os minutos e partidos de todos os xogadores e así as posibilidades de mellora serán maiores.
                 

       

    sábado, 23 de noviembre de 2013

    SENIOR FEMININO: Seguimos en racha

    Nova victoria a domicilio das senior

      Novo partido lonxe de Burela e nova victoria das senior, esta vez en Lugo, diante do Pulpalia, equipo que a pasada temporada estivo na parte alta da clasificación (incluso con posibilidades reais de gañar a liga), pero as nosas estiveron a gran altura (27/65) e suman a sexta victoria consecutiva en seis partidos de liga.

    Tempo morto en Lugo                       Foto: Marta A.
         Diante dun rival duro, as de Rubal debían calibrar o seu nivel despois de cinco victorias aplastantes nas primeiras xornadas e nada mellor que visitar Lugo para coñecer de forma real o nivel do equipo neste inicio de temporada.

        O inicio do partido foi malo e o equipo non consigueu anotar nos primeiros 3 minutos (6/1) pero a partir da primeira canastra de Mar o panorama cambiou radicalmente e a base de defensa e velocidade ir impoñéndose a un rival duro, comandado por MJ Fernández (7 ptos no 1º cuarto dos 9 cos que rematou o partido). Non só empatamos o partido , o equipo púxose por diante 8/16 ó rematar o primerio cuarto.

        O segundo cuarto sirveu para afianzar o noso xogo defensivo e de ataque e incrementar as diferencias (14-35 ó descanso), que as rivais non podían atallar coa defensa individual nin coas variantes de zona que intentaron.

       A segunda metade sigueu pola mesma liña, e as rivais cunha defensa moi física (amparada na pasividade arbitral) tentaban sen éxito reducir as diferencias, que volvían a aumentar ó rematar o 3º cuarto (18/48).
    Lucía C., destacada

        O cuarto final non ofreceu novidades e tivo outro parcial positivo para as visitantes para rematar o partido cun claro 27-65, que deixa clara a diferencia de xogo entre 2 equipos que o pasado curso se repartían as victorias. A única mala noticia foi a lesión de Margarita cun esguince de nocello nunha das últimas xogadas do partido.

       Destacar o esforzo e actitude colectiva dun grupo que se fai cada día máis grande como equipo e que deixa os intereses individuais para centrarse no colectivo. Dobles figuras para Miriam, Lucia C., Mar e Margarita dentro dunha anotación repartida e con protagonismos das juniors. 

    Marga,  lesionada
         Xogatron e anotaron : Miriam (11), Lucía C. (12), Mar (10), Tatiana (4), Lucía Paz (4), Marta (6), Claudia (2), Margarita (10),  Adela (6) e Celia.

        Parciais : 8/16   6/19   4/13    9/17   -  12 faltas, sen eliminadas

       A vindeira semana ,dentro da 8ª xornada de liga, voltaremos (por fin) a xogar en Vista Alegre diante das nosas vellas coñecidas do CB Sarria, equipo co que levamos anos de sana rivalidade en categorías inferiores femininas e agora en senior.

       O CB Burela mantense invicto e achégase ó liderato cada vez máis, aínda que teña un partido aprazado (8 decembro CB do Lea- CB Burela).

     NORABOA ÁS NOSAS XOGADORAS

    viernes, 22 de noviembre de 2013

    Fin de semana completo no CB Burela

    Intenso fin de semana de baloncesto

        Este fin de semana o CB Burela estará representado en todas as categorías tanto en competición oficial como en amigables. Imos repasar os partidos previstos para o sábado 23 e o domingo 24:

    Adrián, baixa por lesión
    • SENIOR FEMININO, cun interesante partido en Lugo contra Pulpalia, que nos pode dar unha imaxe real do nivel do equipo despois de 5 victorias moi doadas. O partido está previsto para as 17h no pabillón de Frigsa.
    • JUNIOR MASCULINO, no que tamén hai un desprazamento a Lugo para xogar no Anexo do pazo ás 18h contra Sagrado Corazón. Parido importante onde , no caso de victoria, os de Manolo poden subir postos na clasificación e optar con posibilidades a un lugar de privilexio.
    • INFANTIL MASCULINO, cun viaxe a Foz para xogar contra Martínez Otero (10h, sábado), coa intención de refrendar a boa imaxe dada no inicio da competición en Burela.
    • INFANTIL FEMININO, con viaxe a Mondoñedo para xogar contra Lourenzá-Mondoñedo, partido onde loitarán por conseguir a súa primeira victoria despois de escapase esta posibilidade no final do anterior partido. será o domingo en horario matinal (12h).
    • ALEVÍN MASCULINO, estrenan Vista Alegre en Burela para recibir nun amigable ó CB Viveiro, no que demostrarán os avances no seu xogo da man de Suso Rey. O inicio está previsto para as 10.30h do sábado. será baixa Adrián pola lesión no seu brazo que o deixará fora das pistas ata ben entrado decembro.
    • ALEVÍN FEMININO, xusto despois do masculino (12h) no Vista Alegre e tamén contra o Cb Viveiro. Deberán paliar o axustado do seu plantel e deixar ver os avances desta longa pretemporada. Seguramente contarán con algunha benxamín para completar a convocatoria.
    • BENXAMÍN MASCULINO, con desprazamento amigable a Viveiro (sábado 11h) para axustar o seu xogo entre os xogadores máis rodados e os novos compoñentes do equipo.
       SORTE A TOD@S

    domingo, 17 de noviembre de 2013

    SENIOR : Victoria facil en Coruña

    As senior arrasan en Coruña

       Nova xornada (6ª) da 2ª división senior feminina FGB e nova victoria  a domicilio do noso equipo senior dirixido por Rubal diante do colista da categoría (ADFRO).

    Alba, lesionada
      O noso equipo segue na súa liña e obtivo un novo resultado abultado na súa visita ó pabillón do equipo colista que sigue sen coñecer a victoria. O resultado de 10-94 deixa moi clara a superioridade aplastante das nosas que poideron obter unha victoria aínda máis amplia.
      
      A pesar das baixas de Alba (lesionada nun nocello para 1 mes), da nosa pívot titular Mar , o equipo está nunha liña moi boa e con só 5 seniors e 6 xogadoras en idade junior ampliaron  a dinámica de abultadas victorias cun xogo basado na defensa e na circulación do balón que desarbolou os tímidos intentos en ataque das coruñesas e a súa defensa zonal.

       O partido iniciouse co xogo habitual de esta temporada e o resultado ós 8 minutos era de 0-27, polo que a nosa defensa xa baixou a súa intensidade e rematou o cuarto cun claro 0-32. Nin a inclusión das juniors baixou o ritmo anotador pois remataba a primeira parte cun casi escandaloso 2-57.

    Katia,debutante
      A diferencia de nivel era tan grande que o partido non podía sevir para adestrar, e tivemos que baixar moito a intensidade en defensa para que alcanzasen os dobles díxitos as rivais e non sobrepasamos os 100 puntos pola diferencia que había no marcador.  A máxima anotadora do equipo foi Miriam, que alcanzou os 17 puntos nos 23 minutos que estivo na pista.

    Xogaron e anotaron: Miriam (17), Lucía C. (11), Katia (6), Tatiana (8), Lucía P (2), Tamara (6), Marta (14), Claudia (7), Margarita (14), Adela (7) e Celia (2).

    Miriam, 17 ptos.
       Moito acerto en media e longa distancia ( 5/8 en triples), 36 puntos das juniors e a aportación excelente das senior ( 4 en dobles figuras) deixan ó equipo aspirando ó liderato aínda que levemos un partido aprazado, e cunhas medias de escándalo, pois as nosas levan medias de 95.8 puntos en ataque e só reciben 30 puntos por partido ( o diferencial chega a casi 66 puntos de diferencia media coas rivais).

       Destaca o debút da séptima junior, Katia (16 anos) que tivo un partido con nota (6ptos.) e que non desentonou no seu primeiro partido en seniors.

        A vindeira xornada novo desprazamento a Lugo para enfrentarnos ó Pulpalia, que leva 2 derrotas en 4 xornadas e que o ano pasado foi dos únicos equipos que nos gañou en Burela ( a principios de temporada). Esperamos que sexa un partido competido no que as nosas poidan poñer en práctica todos os conceptos defensivos e ofensivos que adestran entre semana.



    Base: Inicio da competición infantil FGB

    Inicio en INFANTIL FGB

        Na matinal do sábado o pabillón Vista Alegre foi o escollido para o inicio 2ª división da Liga Infantil FGB no seu grupo Norte. Por primeira vez os nosos equipos participan nunha liga dependente da Federación Galega, e tiveron diversa sorte diante dun rival común, o CB Viveiro, pero deron unha boa mostra do seu potencial:
    Paula - CB Burela
    • O equipo infantil masculino debutou diante do equipo máis fácil do grupo, polo que o seu resultado con victoria era o esperado, pero o conxunto dirixido por Angel Cao gañou por 83-22, marxe máis grande do esperado, o que nos da unha idea da mellora de este equipo que terá rivais máis duros nas vindeiras xornadas . Para a segunda xornada se despraza a Foz (sábado 10 h.) para intentar seguir na senda das victorias diante do Martínez Otero.
    • O equipo infantil feminino tamén se enfrentou ó CB Viveiro, cunha derrota das de Madar por 40-50, resultado que non di o que foi o partido na que as de Burela deixaron escapar unha renda de 12 puntos e remataron ofrecendo o seu peor baloncesto no último cuarto. A clave foi a eliminación por faltas persoais de Paula, máxima anotadora local, no terceiro cuarto o que deixou ó equipo sen resposta diante das de Viveiro.  A vindeira xornada visitan ó Lourenzá-Mondoñedo o sábado 23 (18h), partido no que poden correxir os erros que cometeron no seu debut.
       Por outra banda, os equipos benxamíns recibían tamén na matinal do sábado ó CB Viveiro, esta vez no pabillón dos Castros, e tamén houbo resultados diversos.
    • O equipo benxamín feminino pagou a súa inexperiencia cunha derrota 10-24, pois é un equipo aínda en etapa de acoplamento, com varias xogadoras recén chegadas ó basket e que mellorará a base de adestramentos e partidos co seu adestrador Lolo.
    • O equipo masculino venceu con facilidade (40-24) e xa da un nivel máis que aceptable no que mistura xogadores con experiencia (xa xogaron o ano pasado en alevíns) e xogadores que debutaban en partidos e que empezan a asimilar os conceptos individuais e colectivos do seu adestrador Lolo.

      Por último, lamentamos profundamente a suspensión das ligas escolares de minibasket ata principios do ano 2014 (aducen problemas co transporte gratuito da Xunta), o que deixa ós nosos baloncestistas máis pequenos sen competir e que, de seguro, a liga na que participen será moi curta . 

       Nos cremos na competición como elemento de aprendizaxe, e preferimos competicións serias (horarios, arbitraxes...) polo que non descartamos poder participar en ligas federadas e non escolares nun futuro moi próximo.  
    CB Burela

    lunes, 11 de noviembre de 2013

    SENIOR FEMININO: Nova victoria en Coruña

    SENIOR feminino: Suma e sigue

         O equipo senior feminino do CB Burela desprazouse á Coruña para xogar contra o Basket Coruña un partido que , en principio, se debía ter xogado en Burela, e que por problemas de pabillón se xogou en Coruña, no pabillón de Riazor . Unha nova e clara victoria 35-100 para as nosas nun partido con pouca historia no que as nosas deixaron patente unha grande superioridade, aínda que viaxábamos coas sensibles baixas de Lucía Paz e de Claudia.

         O partido foi igualado nos seus primeiros 5 minutos polos erros claros en canastas fáciles das nosas , que non tiñan o día en ataque diante dun combativo rival. Arranxados os problemas rematamos o 1º cuarto xa con ventaxa 9-17. O segundo cuarto xa foi máis parecido ó xogo que despregamos esta temporada , baseado na defensa e na rápida circulación de balón, e o parcial de 6-30 deixaba ás nosas no descanso cun 15-47 e o partido resolto. Os parciais do segunto tempo (12-28 e 8-25) deixan moi clara a idea da superioridade do xogo do noso equipo diante dun rival refuxiado nunha zona durante moitos minutos do encontro.
    Afinando puntería antes do partido en Riazor
       Coas juniors Adela, Celia, Saray, Tamara (que debutaba en competición senior) e Tatiana na rotación desde o primeiro cuarto e momentos en que o cinco en pista era junior (cunha media de idade que non chegaba ós 17 anos) competimos de forma positiva e , estos partidos para as máis novas deben servir  para mellorar todos os conceptos do xogo, sempre apoiadas polas senior.

        Destacaron todas en defensa e no ataque o ritmo de Lucía C., e a anotación de Miriam e Margarita , que están elevando a súa confianza de cara a compromisos máis dificiles.

       Xogaron e anotaron: Alba (6), Miriam (16), Lucía C. (6), Mar (10), Tatiana (8), Tamara (4), Marta (10), Margarita (16), Saray (8), Adela (7) e Celia (9).

         Destaca tamén o número de faltas persoais 8 só para as locais e ¡22! para as visitantes.

      A vindeira xornada de novo viaxe á Coruña para enfrentarnos a ADFRO, colista da competición sen coñecer a victoria, que , de non haber cambios, será o vindeiro domingo ás 12 h.

     

    Pleno para a base

    Pleno de victorias para a canteira

        O CB Burela consigueu un pleno de victorias nos partidos que disputou en este fin de semana, e para a canteira os resultados foron óptimos tanto na liga junior masculina como nos amigables previos á próxima competición federada ou escolar.

        O equipo junior masculino, conducido por Manolo Cobas, estrenou o seu casilleiro de victorias cunha clara victoria en Chantada 32-87, co que ascende á cuarta praza na clasificación. O traballo realizado de forma intensa desde setembro empeza a dar o seu froito e esta victoria debe de servir como elemento de motivación para intentar pelexar polas catro prazas que dan paso á seguinte fase.
         O partido non tivo moita historia , o dominio en todas as facetas do xogo do noso equipo deu ventaxas durante todo o partido e non deron opción ó equipo rival. Dominio do rebote, defensa intensa e claridade de ideas en ataque foron as claves para esta balsámica victoria. Destacaron todos os xogadores pero merece especial atención o partido de Christian que estivo moi inspirado en ataque (33 ptos).
    Pincha na imaxe para agrandala

         O equipo infantil masculino tamén consigueu a victoria nun amigable en Viveiro contra o equipo local, unha victoria fácil que se chegou a complicar pero que o final solventaron os nosos sen problemas. A destacar a presenza de tres xogadores alevíns na rotación de Ángel Cao. O vindeiro fin de semana recibirán ó CB Viveiro en burela no partido que da inicio á 2ª División Infantil FGB no seu grupo Lugo-Norte.

           O equipo infantil feminino desprazouse na matinal do domingo a Ribadeo, onde consigueu outra victoria diante das locais por 8 ptos de diferencia. Este equipo, dirixido por Madar, empeza a recoller os froitos dun traballo intenso nas últimas semanas. A vindeira semana recibirán xa en encontro oficial ó Cb Viveiro en Burela (2º Infantil feminina Grupo Lugo-Norte).

          Por último, o equipo alevín feminino tamén voltou o sábado de Viveiro con outra victoria , aínda que se desprazaba coas baixas de Jimena e Claudia, e debutaban tres benxamíns no grupo. destacou Carla en ataque e o esforzo en defensa do grupo.

    sábado, 9 de noviembre de 2013

    Canteira : Iniciamos con amigables

    Amigables de preparación da nosa canteira

      O pasado fin de semana o CB Burela tivo unha actividade intensa en forma de amigables para os equipos de base, con partidos en Burela e Ribadeo contra o CB Navia e CB Ribadeo en varias categorías.

      En Burela debutaron os preminis (iniciación) contra o CB Navia cun bo resultado (14/25) para ser a primeira competición na que participaban gran parte dos seus compoñentes. Este grupo coas súas monitoras Claudia, Margarita e Lucía mellorarán ó longo deste ano e estarán ben preparados para iniciar c¡xa a competición escolar de minibasket o vindeiro ano nas mellores condicións.

       Tamén en Burela  se disputaron a competición en benxamíns e infantil masculino con derrotas diante dos equipos visitantes. Estos equipos, dirixidos por Lolo e Angel Cao, están en proceso de acoplamento , con moitos xogadores/as novos que , de seguro , nos darán gratas sorpresas nesta tempada. debemos lamentar a lesión do alevín Adrián Pardo, cunha fractura no brazo esquerdo, que o deixará sen xogar ata dentro dun mes.

    Alevín masculino no triangular de Ribadeo
       Por último, os alevíns masculinos,dirixidos por Suso Rey, participaban nun triangular en Ribadeo, no que derrotaron con claridade ó equipo local e perderon tamán con claridade diante do equipo asturiano do CB Navia, ó non poder contrarrestar a intensidade e agresividade coa que xoga este equipo. Toca mellorar e aprender dos equipos que nos superan para competir mellor no futuro.

      Este fin de semana continuamos coa preparación dos nosos equipos con dous encontros en Viveiro, onde o equipo alevín feminino e o infantil masculino se enfrentarán ó equipo local (10.30 e 12h). O equipo infantil masculino afrontrá a vindeira semana (xunto ó infantil feminino de Madar) o inicio da liga , que este ano por fin é federada e da que renderamos conta semana a semana.

      Este fin de semana tamén xoga o noso equipo junior masculino dirixido por Manolo Cobas, que se despraza a Chantada para intentar estrearse cunha victoria despois de dúas derrotas no inicio da súa liga.

      Por último, as seniors viaxan a Coruña paraenfrentarse ó Basquet Coruña este sábado en Riazor (20h), cun cambio de escenario ó non poder ter o pabillón de Burela, e tentarán seguir imbatidas despois de tres victorias moi amplas. O equipo viaxará con varias baixas-: Claudia, Lucía Paz, Carla Candia e Melani por diversos motivos. Podes ver as xornadas e clasificación na imaxe da esquerda.

       As nosas están clasificadas en cuarta posición, cun partido menos, e xa son o único equipo imbatido da competición. O vindeiro fin de semana voltaremos a Coruña para enfrentarnos ó colista ADFRO.

    lunes, 4 de noviembre de 2013

    Senior Feminino : Test superado en Cambre

    Victoria en Cambre

         O equipo senior feminino do CB Burela desprazábase a cambre o pasado domingo para enfrentarse a un equipo local que contaba por victorias os seus primeiros tres partidos. Era un partido entre os dous equipos que aínda permanecían invictos e que serían rivais na parte alta da táboa.

         O equipo local iniciaba o partido con moita eficacia e mandaba ós 3 minutos (10-6) gracia ó acerto da súa referencia ofensiva Jessica Cortés  (7 ptos). As nosas correxían a defensa e seguían con ataques rápidos co que mandaban no ritmo de xogo para rematar este cuarto 13-29. O ritmo defensivo e o acerto das transicións visitantes facían medrar a diferencia ó descanso (23/51) co que parecía xa resolto o partido.

       Co inicio da 2ª parte as locais aumentan a intensidade da defensa pereo non consiguen parar a sangría das pérdidas de balón e o acerto das nosas para un demoledor parcial (8-28) que deixaba un marcador de 31-79 para iniciar un último cuarto de trámite no que as nosas  anotaban sen descanso ata o marcador final de 49-117, resultado demasiado abultado diante dun rival moi digno que non baixou os brazos ata o final, sufrindo ademáis a lesión dunha das súas xogadoras.

        Merece tamén ser resaltado o magnífico ambiente e deportividade da grada, exemplo a imitar en moitos recintos deportivos.

       Partido para nota das nosas cun ritmo de xogo superior gracias a unha condición física moi boa, cunha defensa asfixiante todo o partido e unha maior velocidade do balón en ataque . 

       Destacaron todas as xogadoras  pero en ataque tanto Marta , as dúas Lucía ,  Margarita ou Mar estiveron especialmente acertadas e tamén merecen mención as juniors (cun paso adiante de Celia: 10 ptos.).

        Despois do partido celebramos o cumpleanos de Mar, unha das nosas capitanas, podendo ofrecerlle esta brillante victoria neste día tan sinalado.

       Xogaron e anotaron;  Miriam (7), Lucía C (10), Mar (18), Tatiana (6), Lucía P (14), Marta (22), Claudia (6), Margarita (17), Adela (7) e Celia (10).

       No futuro máis próximo,  recibimos a visita de Basket Coruña o vindeiro domingo e visitaremos en Coruña ó ADFRO o seguinte fin de semana, rivais da parte medio-baixa , que nos dará opcións de situarnos máis arriba na táboa .

     Podedes ver a clasificación AQUÍ e a crónica no blog de CB Cambre AQUÍ

    lunes, 28 de octubre de 2013

    Domingo de baloncesto en Vista Alegre

    Domingo completo en Vista Alegre

       Tarde de baloncesto en Vista Alegre co estreno en Burela dos equipos senior feminino e junior masculino.

    Imaxe do partido CB Burela - Tigres
      Empezaron os juniors masculinos de Manolo Cobas co partido contra Tigres de Lugo nun partido igualado ata o minuto 14 onde as pérdidas de balón e o escaso rebote daban ventaxas  de máis de 10 puntos ós lucenses. Esta desventaxa continuou e incrementouse durante o terceiro cuarto (20ptos.) e os intentos dos locais de reducir esta ventaxa deron froitos no último cuarto onde se baixou a diferencia s menos de 10 puntos pero rematou o partido con derrota por 12 puntos (62-70).

      Este equipo está aínda en fase de construcción e a xuventude da plantilla da un gran marxe de mellora no futuro.

         Despois era o turno das seniors que recibían ó Bazarra Costa da Morte de Cee, equipo cun partido xogado e gañado.

    Foto de familia do CB Burela Senior e adestradores
        Posta en escea inmellorable cun parcial de 27/6 que evidenciaba unha diferencia no xogo moi grande, cun dominio defensivo total diante dun equipo voluntarioso pero incapaz de ter posición de tiro cómodas. As rotacións non daban respiro ás visitantes que encaixaban outro parcial demoledor no 2º cuarto (30-0) polo que quedaba sentenciado o partido antes do descanso (57/6).
         A segunda parte, de trámite, daba oportunidade de ir probando cousas novas en ataque á vez que as diferencias seguían en aumento (81/16) para cerrar o partido cun 104-28 que deixa clara a diferencia entre os equipos. A nota máis negativa foi a lesión dunha das xogadoras visitantes.

       Destacaron todas a xogadoras en esforzo defensivo e debutou unha nova junior, Saray, que coas outras juniors tivo minutos para perderlle medo á competición senior.

       Golpe de autoridade do equipo que debe verse respaldado contra rivais máis serios como o CB Cambre no vindeiro fin de semana (líder e imbatido) que nos dará unha imaxe máis real das posibilidades do noso equipo na liga.

        Xogaron e anotaron: Alba (4), Miriam (11), Lucía Ca.(5), Mar (20), Tatiana (11), Lucía Paz, Marta Cifu (12), Claudia (4), Margarita (15), Saray (2), Adela (10) e Celia (8). 

    sábado, 26 de octubre de 2013

    Xa está aquí a competición

    Dobre xornada como visitantes

        O fin de semana do 19 e 20 de outubro os equipos junior masculino e senior feminino debutaron nas ligas da 2ª FGB con resultados dispares que pasamos a comentar:O equipo senior feminino desprazábase a Laracha coas baixas da capi Marta Cifu e de Carla Candia e consigueu unha boa victoria diante do equipo local por 29-63, debutando en competición oficial Lucía Carabán e as juniors Adela, Celia e Tatiana (con idade cadete).                                                         Partido de trámite para ver o traballo de pretemporada do noso equipo , que no seu primeiro desprazamento estba formado por  xogadoras cunha idade media inferior ós 20 anos. tamén sirveu para o debut de 3 xogadoras junior que levan adestando con nós desde a temporada pasada .  O equipo rival mellorou as súas prestacións da pasada temporada con novas incorporacións e melloría do seu xogo.Xogaron : Alba, Miriam (9), Lucía Carabán (4), Mar (7), Tatiana (2), Lucía Paz (2), Claudia (7), Margarita (8), Adela (20) e Celia (4).                                                                                                                  O partido empezou moi trabado , con constantes fallos e pérdidas ata que as nosas conseguiron axustar a defensa e poder empezar a correr para deixar o primeiro cuarto en 2-9. O segundo e terceiros cuartos as locais sufriron moito para poder circular o balón a atopar tiros fáciles e as nosas xogadoras combinaban unha asfixiante defensa con ataques posicionais con criterio para agrandar a diferencia a 30 puntos ó final do terceiro cuarto.A diferencia podería ser maior de ter maior acerto nos tiros libres e nos contraataques.                                                                                                                                                     Un CB Burela distinto ó do pasada temporada, cunha actitude e esforzo das xogadoras loables, recollendo o traballo realizado no mes de pretemporada (melloría física sobre todo e na defensa) e o compromiso de que as máis novas (juniors) entren na rotación e disfruten de moitos minutos de calidade. O seguinte partido (domingo 18h Burela) contra Costa da Morte debe seguir na liña do primeiro diante dun rival asequible na que as nosas deben levar a iniciativa durante todo o partido.        Por outra banda, o equipo junior masculino de Manolo Cobas debutou con derrota en lugo diante do Estudiantes de Lugo 70-46. viaxaba o equipo coa baixa de Rivas e a presencia de varios xogadores cadetes e fixeron frente durante varias fases do partido pero o acerto exterior dos capitalinos no último cuato deulles unha victoria sin complicacións. 
      O vindeiro domingo (16h.) tentarán conseguir a súa primeira victoria diante do Tigres de Lugo en Vista Alegre.

    Pretemporada plena de victorias

    Senior Fem. : 3 victorias en pretemporada

        Despois de iniciar os adestramentos de pretemporada no mes de setembro cunha triple ración física, técnica e táctica por semana  o equipo senior feminino presentábase en Burela o 29 de setembro cunha fácil victoria diante do CB Vegadeo 69-39. Debutaron Lucía carabán (procede de Peleteiro de Santiago) e as juniors Adela, Katia, Tamara, Tatiana e Saray . Xogaron Alba, LuciaC(2), Katia (2), Tatiana (19), LucíaP (1), Marta A, Tamara (2), Claudia(2), Marta Cifu (11), Marga (20), Saray e Adela (10).

        Tamén se participou o pasado 6 de outubro nun triangular en Vegadeo con victorias diante o CbBVegadeo 43-64 e Area 10 O  Corgo 44-52.

      No primeiro partido diante o CB Vegadeo a participación de todas as xogadoras e a defensa intensa deu unha victoria fácil onde destacoua direción de Lucía C e a interior Mar. Xogaron  e anotaron : Alba (4), Lucía C (8), Mar (14), Katia (4), Tatiana (2), Tamara (1), Marta Cifu (5), Claudia (5), Marga(3), Saray (2), Adela (12) e Celia (4).

      No partido final a victoria foi máis axustada polo cansancio do partido anterior (foron seguidos) e pola dureza das contrarias, un equipo veterano que non tivo consideración das nosas xogadoras juniors (e Tatiana aínda cadete). Destacou Marga e  a loita interior de Mar.  Xogaron e a anotaron: Alba (4), Lucía C (2), Mar (9), Katia (2), Tatiana (4), Tamara (2), Marta Cifu (4), Claudia (2), Marga(15), Saray (2), Adela (4) e Celia (4). debutou a junior Celia co equipo senior.

      Con isto a pretemporada se da como rematada e o vindeiro compromiso será co CB do Lea o vindeiro 13 de outubro xa de liga.

    lunes, 16 de septiembre de 2013

    2013/14 : Iniciamos unha nova temporada

    2013/14 : Información xeral


       Cos equipos senior feminino e cadete/junior masculino xa no seu traballo de pretemporada damos inicio ás actividades e adestramentos propios da nova temporada.

    Clica para agrandar a imaxe
     Debido ós problemas que existen en Burela co uso dos pabillóns os adestramentos se iniciaran o vindeiro 25 de setembro cos seguintes horarios:
    • Iniciación (2006/2008)  Os Castros  Mércores e venres                      16h-17.15h
    • Benxamíns (2004/05)  Os Castros    Mércores e venres                         16h-17.15h
    • Alevins (2002/03)    Masc/fem  Os Castros Mércores e venres                    17.15h- 18.30h.
    • Infantil masculino (2000/01) Mércores Monte Castelo   18.45h-20h    Venres Vista Alegre   18.30h-20h 
    • Infantil feminino (2000/01)  Vista Alegre mércores e venres  17h-18.30h.
    • Cadete/junior masc (1996/99) Monte Castelo   Martes e xoves 20.15h-21.45h. e Vista Alegre venres 21h-22.30h
        Rogamos puntualidade os primeiros días para presentarse diante dos adestradores e os/as interesados/as en formar parte dos equipos  deben presentarase nos días de adestramento diante dos adestradores e , de necesitar máis información poden dirixirse a Madar no tfno. 670 49 37 26.