viernes, 29 de marzo de 2013

Boas noticias desde o Torneo de Lourenzá

As senior e as cadetes clasificadas para semis

  Boas noticias desde Lourenzá, onde os nosos equipos cadete e senior femininos están a disputar este tradicional torneo onde se xuntan equipos de toda España. Despois de dúas xornadas de partidos moi disputados as nosas consiguen meterse nas semis e intentarán na xornada de sábado darnos unha grata sorpresa pelexando por estar nas finais.

  O equipo cadete chega a semifinais como segundo do seu grupo despois de perder contra Ensino Lugo 28-26 nun pésimo partido onde tiveron opcións de victoria despois dun mal inicio de partido. Na xornada de venres desfixéronse  de Lourenzá - Mondoñedo cun cómodo 41-11 dando xa mostras do potencial que  ten este grupo, reforzado con xogadoras do CB Viveiro (Celia e Fátima) e de Foz (Carla).
As nosas coas participantes de concurso de triples e xogadoras senior do Ensino
  Tamén as senior sufriron para chegar a semifinais, pero despois do empate inicial contra Bujassot Valencia (40-40) onde fixeron un gran partido ensombrecido pola falta de rebote defensivo e a porcentaxe baixa de tiros libres e a derrota clara diante Oribeltza Portugalete 29-57, superadas en intensidade polo equipo vasco, na xornada do venres volveron a realizar un partido completo gañando 48-28 ó equipo rioxano do CB Cenicero ó impoñer a súa defensa e o seu xogo interior. As rivais das nosas sairán do enfrentamento entre Onil alicante e o Ensino Lugo nunha semifinal que xa é un éxito para este equipo de tan recente creación. O noso equipo tamén se reforzou coa base junior de Viveiro (Adela) e coa nosa coñecida pivot de Xove (Marta Alvarez) que adestra con nós cando os estudos lle deixan.

   Tamén, como se ve na foto, as nosas participaron no concurso de triples aínda que os nervios e a falta de experiencia non lles axudou e non superaron  a 1ª ronda agás asdela das nosas senior que quedou ás portas da final.

domingo, 24 de marzo de 2013

O CB Burela ten FUTURO

Amistosos en Vegadeo

 
   Interesantísimo sábado de baloncesto pra os nosos equipos máis pequenos, coa victoria fácil do benxamín mixto diante do Mtnez .Otero B  no pabillón dos Castros que o deixa coa liga xa rematada e líder invicto polo que irá á fase final provincial. enorme temporada dos pequenos/as de Manolo que cun equipo moi novo consigueu uns grandes resultados.
 
   Por outra banda os equipos prebenxamín e o equipo alevín masculino foron a Vegadeo a disputar uns partidos co equipo local:
 

Equipo Prebenxamín Mixto CB BURELA                             Foto: ABEL

   O equipo prebenxamín deu mostra dos seus avances despois dun inverno de adestramento e gañou con facilidade cunha enorme producción ofensiva (44 puntos) nun partido no que o importante era participar, perder o medo ós partidos e saír de burela a xogar ó basket. Todos os nenos e nenas participaron do xogo e o pasaron en grande e vendo as caras da foto se pode ver a ilusión que teñen os nosos deportisitas máis pequenos. O futuro dos nosos equipos de base parece asegurado , en vindeiras temporadas se poderá disfrutar do traballo realizado pola nosas monitoras con este grupo.
Foto postpatido do CB Vegadeo e CB Burela alevín


 
    Tamén se deprazaron a Vegadeo o alevín maslino de Rubal, con 7 xogadores do 2002 e 2 xogadores do 2001, que tamén gañaron con facilidade ó equipo local e tamén amosaron o seu gran potencial ofensivo (83 ptos). Gran ambiente e deportividade en Vegadeo, un clube co que, de seguro, disputaremos no futuro moitos partidos.  Xogaron todos os que se desprazaron, e, aínda que non viaxaron 6 xogadores alevíns, os nososnos deron unha boa impresión en canto a xogo colectivo e a taneto ofensivo.


      Por último, o equipo alevín 2001 non disputou o partido en Burela diante do Celatas de Foz pola imposibilidade dos focenses de presentar un equipo completo, polo que se disputará máis adiante este partido.


viernes, 22 de marzo de 2013

O CB Burela no Torneo de Lourenzá

O CB Burela cadete e senior no "Lourenzá en xogo"

 
   Os equipos cadete e senior femininos do CB Burela partciparán a vindeira semana no clásico torneo de baloncesto feminino "Lourenzá en xogo" que se disputará os días 28,29 e 30 do presente mes de marzo.
 
Clica na imaxe e visitarás a súa web
    O equipo cadete , reforzado por xogadoras de outros equipos de A Mariña, resultou encadrado no grupo B xunto ó Ensino de Lugo e ó Lourenzá-Mondoñedo B e os partidos da 1ª fase serán:
  • Ensino - Burela ,. xoves 28 15h.
  • Lourenzá-Mondoñedo B, venres 29  18h.
    Por outra banda, o equipo senior , encadrado no grupo B, terá como rivais ó Andross Burjasot (Valencia), Oribetza Portugalete (País Vasco) e o CB Cenicero (La Rioja) e os partidos da 1º fase serán:
  1. Andross Burjasot-CB Burela  , xoves 28, 10h.
  2. CB Burela- Oribetza Portugalete, xoves 28, 17h.
  3. CB Burela - CB Cenicero La Rioja, venres 29, 14 h.
  Esperamos facer un bo papel neste torneo e que tamén nos sirva de preparación para os compromisos oficiais que nos quedan .


Nova xornada da base

A BASE REMATA AS SÚAS LIGAS

 
 
  Novo fin de semana de competición e  as ligas escolares van rematando con enor ou maior sorte para os noso equipos:
 
  1. O equipo benxamín mixto remata a súa liga como local diante do Mtnez. Otero B de Foz o vindeiro sábaso nos Castros. O xoves xogou un partido aprazado en Ribadeo e volveu cunha cómoda victoria por 20 puntos de diferencia. A liga benxamín xa é do noso equipo.
  2. Os prebenxamíns desprazaranse a Vegadeo a disputar un partido co equipo local o sábado ás 15.45h. Unha boa oportunidade de ver ós nosos integrantes máis novos e saber os avaces realizados este ano.
  3. Os alevíns A rematan a liga recibindo ó débil Celtas de Foz, e os alevíns B desprázanse a Vegadeo para medir o seu nivel co CB Vegadeo o sábado pola mañá.
  4. As alevíns femininas descansan.
  5. O equipo infantil masculino rematou a súa liga clasificado no terceiro lugar, bo resultado para un grupo novo que debe mellorar moito no ano que ven.
  6. As infantís femininas descansan.
  7. As cadetes femininas disputan o luns 25 (12h Vista Alegre) o partido de ida das semifinais provinciais diante do poderoso CB Estudiantes de Lugo.
  8. As senior xa preparan desde hoxe o torneo de Lourenzá que inician o vindeiro xoves.
 
   Os adestramentos da base  se suspenden na Semana Santa, agás o equipo cadete e o equipo senior que prepararán o torneo de Lourenzá.

domingo, 17 de marzo de 2013

A RACHA DAS SENIOR SEGUE: 10 VICTORIAS SEGUIDAS

NOVA VICTORIA DAS SENIOR

 
  O domingo en Vista Alegre o CB Burela recibía ó María Pita de A Coruña , rival duro, experimentado e 4º na clasificación. Unha victoria das nosas sería moi importante de cara a manter o liderato sen esperar outros resultados. Tamén partíamos coas baixas de Melani enferma, Sol lesionada e Claudia por viaxe de estudos.
 
   O partido empezou igualado (8-9, min.5) pero as nosas xa empezaban a dar coa forma de atacar a zona rival e así se remataba o cuarto cunha ventaxa tranquilizadora (21-12). O segundo cuarto foi igualado e as rivais rentabilizaban´o seu xogo interior  con acerto desde o triple pero non baixaban as rendas das locais que se iban ó descanso con 11 puntos arriba (45-34).
As nosas senior e junior antes dun partido
   No terceiro cuarto as visitantes iban a empezar a acusar o ritmo de xogo alto e baixaron o seu rendemento e xa nos deron unha vantaxa definitiva (64-45) para afrontar un último cuarto onde se administraron as diferencias  tentando non cargar ás nosas xogadoras máis importantes para un resultado final de 77-53.
 
   Destacaron todas as xogadoras polo seu esforso e o seu espiritu de equipo e no ataque debemos destacar a Mar dominando a zona, Miriam co seu tiro exterior e a visión de xogo de Marta. Sen dúbida a mellor proimeira parte das nosas no que vai de liga e un partido brillante que nos fai ter esperanzar de facer un bo papel no Torneo de Lourenzá e nos tres partidos fianis fora de Vista Alegre nosm que nos xogaremos a honra de ser primeiras.
 
 
 Polo CB Burela xogaron: Miriam (18), Mar (21), Irene F. (4), Carla (8), Lucía, Irene M. (4), Marta (14) e Margarita (8).
                                  Tanteo : 21-12 / 24/22 /  19-10 / 13-9   17 faltas (sen eliminadas)


Nova xornada da base con boas sensacións

 
  Unha das últimas xornadas da temporada de deporte escolar en Burela cos seguintes resultados:
  • Nova victoria do Benxamín Mixto de Manolo diante do Pilar de Foz. Partido dominado de principio a fin polos nosos/as e resultado claro: 34-14.
Os nosos alevíns xuntos despois do partido no Monte Castelo

  • Os alevíns volvían a enfrentarse entre sí e victoria (58-44) para o B (2002) favorecido polas baixas de Angel e David e polo reenciontro co bo xogo do equipo rival. Inicio esperanzador para o A e resposta dos máis pequenos de xogo rápido, colaborativo e bastante esfectivo que os fixo ter boas rendas todo o partido diante dun equipo a que non ofreceu o xogo de equipo que nos tiña ofrecido.                
  • As alevíns tamén se enfrentaban entre elas e o resultado final foi máis apretado (20-24) favorecendo ó equipo A polo seu bo inicio de partido. Bo ambiente e pasión nas gradas para un partido que debe ser unha boa oportunidade xogar ó baloncesto entre amigas.
As alevóns antes de iniciar o seu encontro en Burela
  • Os infantís de Manolo recibían ó favorito Mtnez Otero de Foz e non poideron sacar un boa resultado (32-51) pola falta de rotación e o feito de xogar diante dunha defensa zonal todo o partido. Estamos moi contentos do traballo dos nosos infantís e , de seguro, ese traballo dará os seus froitos no futuro.
  • Por últimos, as nosas infantís enfrentábanse en Vista Alegre ó CB Ribadeo, e despois dun gran partido das nosas chegouse ó final cun empate a 40 , que despois de ver o fenomenal partido non se quixo variar e así todo o mundo se foi moi contento. Clara melloría das infantís que lideradas por Paula xa tutean ós equipos que na 1ª volta as gañaban con claridade.

sábado, 16 de marzo de 2013

NOVA XORNADA DA BASE E DAS SENIOR

RECTA FINAL DAS LIGAS ESCOLARES

 
 Empezan a celebrarse as ultimas xornadas das ligas escolares e este fin de semana temos:
 
  1. O equipo benxamín mixto xoga un importante partido diante do Pilar de Foz onde pode casi asegurarse a primeira posición do seu grupo e ir á fase final provincial.
  2. Os alevíns masculinos se enfrentan entre sí o domingo (para non alongar demasiado a xornada do sábado no Monte Castelo) esperando que sexa  un partido igualado con moitos puntos para comprobar os seus progresos.
  3. As alevíns tamén se enfrentan entre elas sin que sexa un resultado fácil de saber pois o nivel dos dous equipos é parecido.
  4. Os infantís masculinos teñen un duro partido diante dos favoritos Mtnez Otero de Foz, pero este grupo en Burela xa deu algunha sorpresa e será un partido moi interesante.
  5. As infantís femininas xogan diante do CB Ribadeo para intentar devolver a derrota que trouxeron de Ribadeo na 1ª volta.
 
     Tamén xogan as senior en Burela, diante dun equipo da parte alta da clasificación o María Pita de A Coruña, equipo do CB Coruña, adestrado por un clásico do baloncesto galego ,Calvelo. Será un partido difícil polo nivel das visitantes e polo parón das nosas que levan dúas semanas sen competir e con poucos adestramentos, Se logran a victoria sería un importante paso para manter o liderato antes dun parón da competición (ata abril pola Semana Santa) que compensaremos participando no Torneo de Lourenzá diante de clubes de toda España.

domingo, 10 de marzo de 2013

Xornada negra da base e suspensión en senior

Mala xonada na base e victoria das cadetes

  No sprint final das ligas escolares moi malas noticias pola derrota dos equipos que compiten nas ligas da comarca.
  • Derrota dos alevíns masculinos B (2002) diante do Martínez Otero que os deixa na terceira praza da liga. Mal partido dos de Rubal onde os erros nos tiros e pases levaron ós locais a ter cómodas rendas. Non podemos disculparnos nas actuacións arbitrais caseiras sempre en Foz pois este equipo debe facer as cousas moito mellor como demostrou na 1ª volta.
  • Derrota das alevins femininas tamén en Foz (38-24) despois duns fatais dous últimos cuartos onde non se defendeu correctamente e onde o ataque non aportou puntos.
  • O equipo B infantil feminino perdeu por 20 puntos tamén en Foz pero o seu xogo deu mostras de melloría e contou con Paula que empeza a liderar este grupo.
  • En Burela, derrota das infantís femininas diante do Lourenzá - Mondoñedo por só seis puntos  e plantando cara a un dos mellores equipos do seu grupo. Boas noticias para as nosas que o vindeiro ano pasaran a ser un dos equipos favoritos.
    Cadetes CB Burela 2012/13 co seu adestrador Madar
    Pero non todo foron malas novas para as nosas, as cadetes gañaron nun partido moi intenso ás Celtas de Foz (38-32) asegurándose a terceira praza da liga FGB lucense . Partido positivo na 1ª parte con  rendas superiores ós 10 puntos  baseado na defensa zonal e mixta . Os partidos fanse moi longos para as nosas (son só 6 cadetes cos esporádica axuda de 2 infantís) e as de Foz remontaron cunha boa defensa e maior acerto exterior chegando a empatar o partido no último cuarto no que se decideu o partido con boas accións individuais das nosas.
   Este domingo (19h.) rematan a liga na cancha do difícil Estudiantes de Lugo coa posibilidade no caso de victoria e basketaverage favorable de optar á segunda praza o que sería un enorme éxito para este equipo tan limitado de efectivos.

   En SENIOR, suspensión do partido en Lugo contra Pulpalia por problemas no equipo lucense, partido que se pasa ó vindeiro 14 de abril.

viernes, 8 de marzo de 2013

Xornada e clasificacións

Xornada do fin de semana e clasificacións

    Nova xornada das ligas escolares e das ligas da Federación (cadetes e senior).  destacan os enfrentamentos contra Martínez Otero en Foz de alevíns masculinos (2002) e femininos w das infantís femininas e contra Lourenzá-Mondoñedo en Burela para as alevíns e infantís femininas en Burela.

     Para as cadetes femininas dobre xornada e rematan a liga regular do grupo lucense da 2ª FGB contra Celtas de Foz o venres 8 (19.30h Vista Alegre) nun interesante partido onde se xogan a terceira praza e o domingo en Lugo contra Estudiantes (19h Anexo Pazo) onde poden ter opcións de chegar á segunda praza ou quedar en cuarta posición).

     Por último, en Lugo tamén ás 19h no Anexo do Pazo , as senior tentarán de conservar a primeira praza contra Pulpalia Lugo nun partido que pode significar a revancha da última derrota das nosas no Monte Castelo (37-41) contra un equipo veterano e ben armado. Se as nosas gañan darían un paso enorme nas súas posibilidades de quedar no máis alto da clasificación e conseguirían alongar a racha de victorias a 10 (unha volta enteira).

  Podes coñecer as clasificacións na web da Fegaba ou clicando nas imaxes de abaixo


  

sábado, 2 de marzo de 2013

As seniors van lanzadas

Novena victoria consectiva das senior

    Novena victoria seguida das nosas diante de un rival directo, o Sta. María del Mar de A Coruña (segundo clasificado), nun partido no que o CB Burela soupo gañar e ter unha diferencia que nos da xa un basketaverage positivo para posibles empates finais).

CB Burela senior feminino.
    Nun partido no que nas gradas estaba Araceli (lesionada de gravidade na 1ª volta) as nosas afrontaban o inicio de partido cun exceso de tensión polo que as perdas de balón e os erros sen xustificación levaban ás nosas a un parcial negativo de 2-9 que só con enerxía defensiva e un pouco máis de acerto se podía empartar no final do cuarto (13-13). O segundo cuarto parecía que voltábamos ós erros (19-24) pero o ritmo de xogo, a defensa e a intensidade iban dando xa os seus froitos e rematábamos o cuarto cunha diferencia positiva de 10 puntos (37-27) cun parcial demoledor de 18-3 para rematar a 1ª parte.
   Unha vez que xa sabíamos o camiño o terceiro cuarto foi de dominio total das nosas cun pacial de 23-4 que deixaba xa decicido o partido (60-28). O último parcial foi de trámite e deixou a diferencia final en 32 puntos (76-44).
     Temos que destacar o enorme esforzo das nosas xogadoras, incansables, o espíritu de equipo que conseguiron e o repartido da aportación ofensiva (6 xogadoras con 10 ou máis puntos). Se temos que destacar a alguén, Carla con 18 puntos saíndo do banco nos ofreceu o seu mellor partido da temporada.

  Polo CB Burela xogaron: Miriam (13), Melani (1), Mar (10), Irene Fdez.(10), Carla (18), Lucía (2), Irene M. (2), Marta (12), Claudia e Margarita (10)       

          Tanteo: 13-13  /  24-14  /  23-4  /  16-13   21  faltas , sen eliminadas

   Como nota negativa, Sol non puido xogar por atoparse indisposta e lucía xogou moi mermada por un esguince do adestramento do venres.

    O vindeiro fin de semana seguen as emocións fortes pois visitamos ó Pulpalia (4º clasificado), pero tentaremos conseguir unha nova victoria e alongar un pouco máis esta racha tan positiva.

Accidentado sábado de deporte escolar

Sábado accidentado no basket escolar 

     Boas novas para o equipo benxamín de Manolo Cobas  pois a súa visita ó Mtnez. Otero de Foz foi positiva cun resultado (19-31 final) aínda que iba a disputar este partido coas baixas importantes de Pablo e Diego. Con esta victoria casi se asegura o primeiro posto da liga benxamín mixta e a súa participación nas finais provinciais.

      Peor sorte correron os alevíns de Rubal, cunha inxusta derrota en Foz diante do Mtnez Otero (38-37) nun partido ó que viaxaban coa destacada baixa de Diego Pardo, enfermo, e que , nun partido moi irregular, perdían varias posesións para gañar (empate a 37) e no que os nervios non nos deixaron anotar no tempo extra e só un tiro libre lles deu a victoria ós locais.
Alevín  A (2001) durante un adestramento
       Tamén volveron cunha derrota os alevíns B (2002) diante dun equipo que vai gañar a liga (CB Ribadeo) pero nun partido no que tiveron opcións (1º cuarto gañando 8-14) pero no que as moitas perdas de balón fixeron que os noso encaixaran unha derrota por 10 puntos. Este equipo deberá mellorar a dinámica de conxunto para rematar a liga nos postos altos nos que está situado desde o inicio da temporada.

     Por último, os equipos infantís tanto masculino como o enfrentamento entre os nosos equipo infantís femininos non se puideron disputar no Pabillón Monte Castelo pola avería do sitemas de elevación das canastras. Deberemos buscar unhas datas para estos partidos.