miércoles, 19 de junio de 2013

Copa da Mariña e torneos fin de tempada

Copa da Mariña

  Os equipos do deporte escolar do CB Burela participaron na Copa da Mariña cos seguintes resultados:
  • O equipo benxamín mixto de Manolo gañou a copa ó impoñerse de novo ó equipo de CB Ribadeo con certa comodidade aínda que o partis¡do se celebrou na cancha ribadense.
  • O equipo alevín Mixto dirixido por Rubal e Madar quedou en segunda posición detrás dos anfitrións, o CB Ribadeo, cun equipo formado por unha mistura dos equipos alevins masculino e feminino, pois unha boa parte dos seus xogadores/as estaban de excursión en Bélxica co seu colexio. Polo tanto o equipo feminino non participou na Copa alevín feminina.
  • Os equipos infantís participaron en Viveiro e remataron na terceira posición.

Clausura das escolas municipais de Xove

    Os equipos alevín masculino e prebenxamín participaron na clausura das escolas deportivas municipais de Xove , onde saíron invictos e conseguiron ser os mellores dos equipos participantes : o prebenxamín de Lolo gañou con comodidade os locais e o alevín masculino quedou en primeira posición do triangular contra CB Viveiro e ADC Xove aínda que varios compoñentes do equipo estaban de excursión fin de curso co seu colexio.
Copa dos noso alevíns en Navia

Torneo de Minibasket de Navia

 Os equipos benxamíns de CB Burela (reforzados con xogadores/as do CB Ribadeo) e o noso equipo alevín masculino participaron na oitaba edición do prestixioso torneo de minibasket de Navia en Asturias a fin de de semana do 7 ó 9 de xuño.
  • Os equipos benxamins participaron en sendos cuadangulares onde acadaron a terceira posición na categoría masculina (dirixidos por Manolo)e a cuarta posición en categoría feminina (dirixidos por Sama).
  • Os nosos alevíns en Navia
  • O equipo alevín masculino dirixido por Rubal non pasou da séptima posición polo gran nivel da competición (os mellores equipos de Cantabria e Asturias) e pola ausencia dos nenos do colexio dos Castros de excursión fin de curso.
   Boa experiencia para os nosos, competindo diante de rivais con gran calidade técnica e táctica e diante de nenos que os superaban en idade e superioridade física.
  O vindeiro ano tentaremos repetir a experiencia con máis garantías de competir .

Amistoso infantil masculino en Burela

  O noso equipo infantil masculino caeu derrotado diante dun combinado infantil do CB Ribadeo e o Cb Vegadeo. Este partido sirveu para ver en acción ós nosos novos xogadores rafa e román que se incorporaron no tramo final da temporada e que nos axudarán no equipo cadete o vindeiro ano.