domingo, 27 de enero de 2013

Senior: Importante victoria en Castro

Fin de semana positivo


    Fin de semana positivo en canto a victorias nas ligas FGB e nos alevins 2002 e derrotas en alevin e infantil femininos.

   En Senior visita a Castro para seguir coa boa racha de resultados e victoria complicadísima por 60-66 nun partido durísimo onde as nosas tiveron que remontar varias veces e xogarse un partido igualado nos últimos tres minutos. Nun ambiente moi frío o noso equipo saiu relaxado e deulle ventaxas cómodas ás locais que tiñan un increíble acerto desde a liña de 3 (5 triples antes do descanso) rematando por detrás o 1º cuarto (15-14) e no descanso (38-32). Coas pilas postas e coa intención de cambiar o ritmo de xogo , o equipo de Burela impuxo un ritmo moito máis rápido , cunha defensa presionante e logrou as primeiras vantaxas no partido (final 3º cuarto 49-55). A cantidade de faltas cometidas levaba ás locais á liña de tiros libres e conseguían neutralizar a ventaxa e poñerse cun esperanzador 60-56, pero a intensidade das nosas volveu a deixar o marcador cunha pequena ventaxa final que nos da unha nova victoria (8v-3d).
  No noso equipo xogaron  Marta (1), Melani (3), Marga (12), Mar (13) , Miriam (11), Tania,, Irene F. (4),  Sol, Irene M.(2), Carla (11), Lucía (5) e Claudia (4).
  O vindeiro fin de semana doble xornada co partido en Burela contra Cambre o sábado e o desprazamento a Lugo o domingo para xogar contra as líderes Area 10 (partido que correspondía ó seguinte sábado de entroido). Estos dous partidos poden ser claves para loitar polos primeiros postos oui deixarnos na parte medio-alta da clasificación.

  En cadete, victoria sen historia en Mondoñedo por 29-42 cun partido nada vistoso diante dunha defensa zonal e con moi pouco ritmo. As cadetes siguen na parte alta da clasificación coas mesmas victorias que as líderes.
Alevín feminino cos seus adestradores o pasado sábado
  
 En infantil e alevín femininos derrotas amplias para as nosas aínda que se ve unha melloría no seu xogo pero a irregularidade fai que perdan as opcións de pelexar polos partidos.

 Por último, os alevíns masculinos do 2002 gañaron por 46-44 ó Martínez Otero de Foz nun partido que tiñan dominado e que se complicaron ó final. Siguen segundos na clasificación cunha soa derrota no seu grupo de basket escolar.

sábado, 19 de enero de 2013

NOVA VICTORIA DAS SENIOR PARA REMATAR A 1ª VOLTA

Victoria diante Costa da Morte 64/21

   Última xornada da 1ª volta e victoria das  senior diante do Bazarra Costa da Morte po un amplio resultado de 64 a 21, que deixa ó equipo cun balance de 7 victorias e 3 derrotas.
   Partido igualado no 1º cuarto cun 13/9 de parcial que indica un mal xogo das nosas con moitas pérdidas e a ausencia da defensa característica do noso equipo. Mellorou algo o xogo no segundo cuarto no que as visitantes empeazron a notar que o ritmo do partido era demasiado alto e o seu cansancio empezaba a notarse (27/15).
CB Burela 2012/13
  Na segunda parte, paseo militar das nosas a base de defensa  e contraaataque (25/2 de parcial) e un último cuarto de trámite para rematar co 64 a 21 final.

viernes, 18 de enero de 2013

Volta á actividade oficial

VICTORIA DAS CADETES 

     Nova xornada da liga FGB 2ª cadete feminina cun partido en Vista Alegre entre o CB Burela e o CB Viveiro, cunha cómoda victoria das nosas por 56-26, nun partido que afianza ás locais na parte alta da clasificación e lle da opcións de pelexar cos poderosos clubes de Lugo polos postos de honra.
Preme na imaxe para vela mellor
   Así na clasificación volta á 2ª posición aínda que na vindeira xornada non vai puntuar pois é semana de descanso e non competirá ata o mes de febreiro.

   En ligas escolares, enfrentamento co CB Viveiro en infantil (co infantil B) cunha derrota clara en Burela (26-43) na que na segunda parte o equipo se veu abaixo (19-18 no descanso), pero no que se veu certa melloría de cara a vindeiros compromisos. En alevín masculino, enfrentamento entre os nosos dous equipos, coa victoria axustada para o alevín B por 48-51. Partido moi disputado, cunha melloría evidente en ataque dos dous equipos e a victoria que podía caer para calquer bando, pois alternaron o dominio o alevín B con ventaxas claras na 1ª parte e o alevín A que dispuxo de 5 puntos de diferencia no último cuarto que non lle foron suficientes polas pérdidas de balón nos 2 últimos minutos. Boas perspectivas de cara ó futuro deste grupo alevín (dividido en 2 equipos) que deberá demostrar os seus avances no futro máis inmediato.

  En Senior, xornada de descanso e este fin de semana partido en Vista Alegre o sábado ás 18.30h, contra o Bazarra Costa da Morte, para rematar a 1º volta da liga. O rival está situado na parte baixa da clasificación e o noso equipo deberá mellorar o seu xogo despois dos adestramentos realizados no Nadal.

sábado, 5 de enero de 2013

ADEUS 2012... BENVIDO 2013 !!!

GRACIAS !!!!

     Unha vez rematado o 2012 non temos moito tempo de facer un balance do ano que pasou, pero temos unha sensación positiva xa sexa polo aumento da familia do CB Burela (xa somos máis de 100!), o aumento dos equipos que participan en ligas oficiais, o novo equipo senior do que esperamos moitas satisfacións, o interés do noso blog (2000 visitas nos últimos 4 meses), ou cuestións mías pequenas pero tamén importantes.
     Temos que incidir nas cousas que fixemos ben e rectificar as que facemos regular ou mal, pero nos queda moito marxe de mellora e , cheos das mellores intencións, seguiremos na mesma liña de traballo e amor polo deporte.
Felices Reis Magos Baloncestísticos
    Rematamos os adestramentos do Nadal con 50 xogadores participando e os adestramentos do equipo senior con 6 adestramentos e 1 partido (gañamos a Vegadeo por 49 a 44) en 2 semanas e retomamos na vindeira semana o ritmo normal de temporada, con ánimos renovados e a ilusión intacta en mellorar o noso xogo e , por consecuencia, os nosos resultados. 
    Tamén participamos nun adestramento de tecnificación da Federación Galega de Baloncesto en idade alevín con 8 participantes que deixaron unha boa impresión dos seus progresos na primeira parte desta temporada. Asimesmo, as cadetes Noa e Tatiana e a junior Margarita reforzaron os equipos do Ensino de Lugo nun torneo na capital lucense , participando sen problemas con xogadoras que participan en ligas de maior nivel (aquí podes ver  a web)
    En canto ó blog, continuaremos reflexando a realidade semanal do noso clube con crónicas, fotos, enlaces, clasifiacións, calendarios, novas, estatísiticas... para mellorar aínda máis o interés polo noso clube.