sábado, 18 de mayo de 2013

Torneo Prebenxamín do CB Burela

Torneo Prebenxamín do CB Burela: Gran ambiente

Gran ambiente nas instalacións escolares dos Castros
  Este sábado 18 o Pabillón dos Castros era o lugar elexido para  este torneo onde os clubes de Xove, Burela, Vegadeo e Navia presentaban os seus equipos prebenxamíns, categoría que non compite de forma oficial e que se considera como a de iniciación ó baloncesto. nenos e nenas de 5 a 9 anos participaban nun torneo onde o máis importante era que o pasaran ben e reforzar o seu gusto polo deporte e polo baloncesto en particular.
Os equipos do CB Burela e CB Xove 

Os equipos do CB Navia e CB Vegadeo 
   O ambiente nas reducidas gradas de este pabillón era moi animado, cunha grande deportividade na pista e na grada e estos 40 nenos e nenas que participaron, pasárono moi ben, disfrutaron dun día de deporte, dunha merenda cos seus amigos e outros novos amigos e se levaron para a casa unha medalla  ben merecida.

    A competición en sí nos deparou un total de 6 partidos onde se podían ver nenos cunha boa clase técnica, cun dominio dos elementos básicos de este deporte e outros nenos máis pequenos que empezan a imitar ós nenos maís grandes. 

   Os resultados eran o de menos pero a nivel indicativo a clasificación final quedou encabezada polo Cb Burela seguido do CB Vegadeo , CB Xove e CB Navia, destacando tamén o feito de que os resultados foron bastante igualados e non houbos grandes diferencias entre os equipos.

    Agradecemos a colaboración dos noso  adestradores, as monitoras que adestran ós máis pequenos, os pais/nais do CB Burela , a Distribuccións Carreiras e moi especialmente ós clubes invitados (Xove, Navia e Vegadeo) , sin os que esta organización non sería posible, coa esperanza de volver a organizar este tipo de torneos no futuro.
CB Burela Prebenxamín Mixto 2012/13
Este tipo de torneos son moi importantes para enganchar ós máis pequenos ó baloncesto (e ó deporte en xeral), moi importante na sociedade de hoxe en día, pois cada día son máis os nenos que só ven o deporte como espectadores e os clubes consiguen que ademáis poidan participar e disfrutar de actividades saudables, con valores, sociais que no futuro sexan importantes.

     GRACIAS  A  TODOS/AS


   Por outra banda o equipo Alevín masculino se desprazou o venres 17 a Navia para disputar un amigable contra o equipo local (dos mellores en Asturias), cun resultado final de 75-51 para os locais , aínda que os nosos experimentaron unha melloría no seu xogo, borrando o anterior mal partido en Burela.
Xogaron: Diego(8), Adrián(4), Alberto(12), Angel(4), Miguel(3), Xoel(1), Cristian(2), Pablo(4) e Alex (13)

Benxamín Mixto: terceiros nos provinciais

Provincial Benxamín: 3º posto

    O pasado domingo o equipo benxamín mixto do CB Burela participou no campionato provincial dsiputado en Lugo. O equipo dirixido por Manolo Cobas acadou unha meritoria terceira posición e compiteu  a un nivel alto , aínda que as baixas coas que participou impediron un maior nivel do seu equipo.
CB Burela Benxamín Mixto 2012/13
    A competición deu inicio cunha difícil semifinal contra o Galén IV de Lugo , equipo con moitísimo traballo técnico e táctico que aproveitou os nervios iniciais dos nosos para coller diferencias desde o inicio e contar con cómodas rendas que souperon manter ata o final, co que perdíamos a semifinal cunha diferencia que rondaba os 20 puntos. O equipo lucense pola tarde conseguía diante do Estudiantes de Lugo o campionato provincial.

     Pola tarde só nos quedaba a final de consolación contra o CB Ribadeo e o resultado foi sempre favorable e rematou o partido con 22 puntos de diferencia, nun partido que os  nosos xogaron sen nervios e poideron deixar nota do baloncesto que saben . Terceiro posto final e a ledicia de competir a este nivel e  as medallas que levaban fixeron que este campionato quede nas memorias destes xogadores que nos darán moitas alegrías no futuro.
NORABOA



lunes, 6 de mayo de 2013

Amigables do fin de semana

Amigables xogados este fin de semana

  Este fin de semana non tiñamos competición oficial polo que se programaron uns partidos de alevíns masculinos e femininos diante o CB Navia e un partido junior feminino diante o CB Viveiro.

  En alevíns , os nosos conxuntos non tiveron nada que facer diante dos equipos alevíns de CB Navia, tanto os equipos masculino como o feminino non deron ningunha opción ós nosos/as, demostrando unha superioridade técnica e táctica indiscutibles que se debe engadir á superioridade física evidente. Dous equipos moi traballados, con gran intensidade no xogo, boa defensa , os conceptos tácticos do minibasket moi ben aprendidos e unha boa técnica individual.
Os dous equipos masculinos posan despois do partido
  Deixan claro cal é o camiño que debemos seguir para mellorar e poder progresar e achegarnos ó seu nivel.

    Por outra banda , as nosas juniors/cadetes xogaron un partido en Vista Alegre contra o CB Viveiro junior feminino, cun resultado amplio (75-52) para ver os progresos das junior que compiten en categoría senior e ver tamén ás cadetes como compiten de ti a ti coas junior da comarca. Destacou Margarita que dixou ver un ritmo superior ó resto  e tamén é reseñable a velocidade das nosas na 1ª parte onde tiveron momentos moi inspirados. Tamén xogou Paula, que non desentonou sendo infantil de 1º ano.

  Polo CB Burela xogaron: Sol, Melani (2), Katia (8), Noa (13), Tamara (6), Tatiana (15), Paula, Irene (6) e Margarita (25).

   Por outra banda , o vindeiro fin de semana os benxamíns mixtos de Manolo participarán no campionato provincial en Lugo por segundo ano consecutivo, cunha base moi sólida e xa estaremos ó tanto do que alí suceda  e daremos cumprida información.

domingo, 5 de mayo de 2013

Subcampionato galego para o CB Burela

¡Subcampionas galegas de 2ª división !

   Encontro de volta da Final do campionato galego de 2ª división feminina 2012/13 onde o Cb Burela debía remontar os 19 puntos de diferencia quenos deixara a derrota como locais contra o CB Allariz. O parte de baixas seguía sendo abultado con Miriam e Irene F. lesionadas (Araceli para toda esta temporada e parte da próxima) e a baixa de última hora de Melani (viaxou pero non podía xogar). Pouca rotación (7 xogadoras) contra un rival moi experto (tanto en idade como en competición) e cunha rotación máis amplia.  Só recuperábamos a Carla para este importante partido.

   Coa idea de competir e tentar conseguir a victoria empezábamos o partido no que despois dun inicio esperanzador (4-7)  as locais tomaban a dianteira nun cuarto moi vistoso no que os ataques brillaban (22-16).     O seguinte cuarto ofrecíanos unha mellor defensa pero as dificultades en ataque eren moi grandes ó non permitir o noso xogo interior (as baixas nos lastran moito no tiro exterior)  e chegábamos ó descanso cunha diferencia de 8 puntos (30-22).
    A nosa filosofía non nos permite rendirnos e seguimos cunha gran defensa e logramos reducir as diferencias ata os 4 puntos (38-34) cando remataba o terceiro cuarto.
   Necesitábamos un esforzo extra para remontar o partido e conseguimos apretar o marcador aínda máis pero un par de canastas anuladas e o acerto final das veteranas locais deixaron o resultado final en 55-48.
     Gran partido a pesar das nosas limitacións, gran esforzo das nosas xogadoras nos demostraron  de que temos nivel para competir con equipos con superioridade física e de experiencia. Destacou de novo Mar xunto con Carla e Marta que levaron o peso da anotación, sendo esta vez as junior menos importantes, aínda que a experiencia seguro que será moi positiva para o futuro.
O CB Burela Sr Feminino posa coas medallas e a Copa de subcampionas
 Polo CB Burela xogaron: Mar (19), Carla (11), Lucía, Irene M (2), Marta (11), Claudia (2) e Marga (3).
                    Tanteo: 22-16  /  8-6  /  8-12  /  17-14        10 faltas, sen eliminadas

Podes vernos na páxina da FEGABA

Rematamos así a temporada, cun enorme éxito para as nosas xogadoras que fixeron cunha mistura de veteranía e xuventude un EQUIPO no que todas son importantes e no que a boa química do grupo e o traballo realizado nos fixo merecedoras de acadar o ascenso de categoría por méritos deportivos , nunha temporada que non esqueceremos nunca.  
GRACIAS RAPAZAS