miércoles, 28 de mayo de 2014

Fin de liga para os alevíns

Final dos alevíns con derrota

  Nova xornada (9ª) da liga de Minibasket FGB e nova derrota do CB Burela diante do Basket Schooll de Ferrol  por 39-72 en Vista Alegre. A este partido se chegaba coa baixa de Alex enfermo e co benxamín Antón moi mermado.

Os nosos en Vista Alegre
  De novo un mal inicio (3-22) marcou un partido que podía ser máis igualado, con moitas precipitacións, pérdidas e erros na finalización. Un segundo cuarto devolveu ó equipo ó partido (15-25), pero o mal terceiro cuarto  (17-40) deixou o partido sentenciado. 

  A segunda metade non cambiou nada as cousas e a diferencia aumentou ata os 33 puntos (39-72), sendo Miguel e Pablo R. os máis destacado no equipo local.

   Con este resultado finaliza a liga dos nosos, coa seguinte xornada (10ª) xa disputada (e victoria diante Rosalía de Lugo) a clasificación en 5ª posición cumple cun aprobado coas espectativas do inicio da competición.
Clasificación final dos nosos

martes, 20 de mayo de 2014

Derrota alevín en Culleredo

Derrota dos alevíns (Culleredo) e amigables

    Nova derrota dos alevíns na cancha do segundo clasificado, o CB Culleredo, equipo que na primeira volta non nos deu ningunha opción en Burela. O resultado final foi 52-38, pero resulta demasiado abultado para os méritos de un e outro equipo. 

Pablo R. en defensa
     Un bo inicio (7-7) e dous malos cuartos ( 25-9) deron paso a un bo segundo tempo onde os nosos gañaron os dous últimos cuartos pero non foron capaces de meterse no partido ó fallar 22 dos 26 tiros libres que tiveron e polas precipitacións no pase ou en entradas a canasta (ata 7 entradas sen oposición falladas).

     En Culleredo destacaron en anotación Alex e Pablo R. e o aporte cada día máis consistente do benxamín Antón (2005).

    O equipo segue a medrar, cada día compiten mellor , pero a falta de competición ata decembro lles está privando dun plus que os faría máis competitivos.

     O vindeiro domingo reciben ós ferroláns de basket Scholl (seguramente 17h.) para despedir a liga, onde teñen asegurada a 5ª praza.

    Por outro lado foi un fin de semana de amigables para as categorías sen liga:
  1. Victoria das Benxamín femininas diante de Lourenzá-Mondoñedo en Vista Alegre por quince puntos de diferencia (40-25).
  2. Derrota das infantís femininas (o equipo que será infantil o ano que ven) diante de Lourenzá 21-31, pola diferencia física e de idade, polo que este  equipo terá un gran futuro.
  3. Victoria das infantís (2000) en Vegadeo por 4 puntos de diferencia, onde souperon xogar nunha pista sempre dificil e só se desprazaron as xogadoras que o ano que ven pasan a cadetes.
  4. Gran victoria dos prebenxamíns , cunha diferencia abultada en Vegadeo, na demostración do potencial dos máis pequenos, ós que lles toca darnos moitas alegrías no minibasket na temporada 2014/15.

sábado, 17 de mayo de 2014

Torneo Concello de Cervo: Casi pleno

Un primeiro posto e dous segundos en San Cibrao

     Destacada participación dos equipos de Minibasket no Torneo Concello de Cervo que se celebrou na Praza do Campo de San Cibrao o pasado sábado día 10 . Os equipos do Cb Burela acapararon as finais e só o CB Ribadeo se impuxo en categoría benxamín.
Alevíns masculino e feminino, finalistas en San Cibrao
    Na categoría alevín  os equipos masculino e feminino coparon as dúas primeiras posicións e non deron opción ó combativo equipo local. O equipo masculino gañou con moita diferencia os seus partidos e non deu opcións ós seus rivais. 

   Na categoría Benxamín, boa participación do equipo A e B, conseguindo un segundo posto o equipo A ó perder na final diante do CB Ribadeo, e sendo o equipo B o terceiro clasificado despois de deixar no camiño ó CB Viveiro e ás Escolas Deportivas de Cervo. No caso de levar un só equipo o noso clube tería moitas opcións de gañar pero a articipación de todos os nenos e nenas que adestran cada semana está por encima de resultados a curto prazo.
Benxamín A e B en San Cibrao
  Moi bo ambiente en San Cibrao cunha climatoloxía excelente, nun tipo de competición ó aire libre que achega o basket nas súas categorías de formación ó público en xeral. Desde o Cb Burela se intentará realizar este verán algún tipo de competición parecida en Burela.
A delegación do Cb Burela no torneo
  Por último destacar que o noso clube foi o máis representado tanto en equipos como en número de participantes en este torneo, polo que debemos felicitarnos ó ver o traballo dos últimos anos reflexado tanto en número de deportistas como na calidade individual e colectiva dos equipos presentes.

 


martes, 13 de mayo de 2014

Base : Derrota dos alevíns en Vista Alegre

Estudiantes Lugo gaña en Vista Alegre

    O equipo alevín masculino do CB Burela que compite en 1ª  división galega recibía en Vista Alegre ó líder do grupo, Estudiantes de Lugo , equipo invicto con gran superioridade física e que xa nos gañou dúas veces neste ano 2014. O obxectivo era mellorar o xogo con respecto á primeira volta e competir cos lucenses polo menos en algún cuarto.

     O partido non foi brillante dos nosos, que baixan o nivel diante de equipos físicos e altos, non acabaron de pensar que podían facerlles daño no 1x1, e xa no primeiro cuarto a diferencia marcouse polos rebotes ofensivos (4-11) e polas perdas de balón (21), sendo a tónica da primeira metade  que rematou cun resultado 17-34. 
      Na reanudación un cuarto sen anotar deixaba un 17-42 para iniciar o 5º periodo no que os nosos con máis forza e seguridade  empataron (10-10) e demostraron que a diferencia non é tan grande. O último cuarto rematou por ampliar a diferencia ata o 33-63 final.
Os alevíns nun tempo morto en Vista Alegre

    En anotación Miguel, Pablo e Adrián levaron o peso con 23 puntos dos 33 do equipo.

     Mención aparte merece a arbitraxe, cun criterio incomprensible , pitando o máis mínimo contacto pero sen pitar faltas perigosas para os nenos, deixando moita marxe na regla dos pasos e favorecendo a defensa máis física. O equipo máis forte (forza e altura) sempre gaña con estas arbitraxes , e aínda que nos falta un escalón (ou dous) para cpmpetir cos de Lugo, a diferencia técnica e táctica entre os dous equipos non é tan grande.

   Tamén debemos destacar a mellora na competitividade dos nosos nenos, que se van adaptando a xogar cos mellores equipos do Norte de Galicia, o que nos vai dar ventaxa á hora de enfrentarnos ós equipos da nosa comarca.

martes, 6 de mayo de 2014

BASE : O BENXAMÍN A ROZA O PROVINCIAL

BASE : O BENXAMÍN A ROZA O PROVINCIAL     

     Bo nivel da canteira do CB Burela coa disputa da final provincial en Vilalba diante do Cidade de Lugo, con victoria apretadísima dos capitalinos por 50-48. O equipo de Manolo sempre deu a cara e só as eliminacións por faltas de Pablo Fdez. (faltando 4 minutos) e de Javier (último minuto)  deixaron moi reducida a rotación dos nosos.

  Gran éxito da nosa base, con dous equipos benxamíns competitivos (unidos poderían ser campións) que nos asegura minutos de xogo e competición para todos os nenos e tamén aumenta o nivel dos nenos de 1º ano ou que acaban de chegar ó baloncesto.

    Nos últimos tres anos somos asiduos de finais provinciais en minibasket e preminibasket, e só nos falta un peldaño máis para rematar estas competicións con victoria. Gran traballo de Manolo e Lolo nos adestramentos.

Os alevíns perden en Ferrol na prórroga


     Por outra banda o noso alevín masculino de liga FGB perdeu na prórroga contra Basket Ferrol a domicilio nun partido no que o mal inicio (nos dous primeiros cuartos perdíamos de 15 ptos.) , erros de canastras fáciles  (bandexas) e pérdidas de balón impediron ós nosos voltar de Ferrol coa sorpresa dunha victoria. Destacaron Miguel e Adrián nun colectivo no que debutou o benxamín de 1º ano Joaquín. 


      Boas sensacións de equipo unha vez adaptados á liga que nos da esperanzas de competir contra os equipos máis fortes da liga nas vindeiras  3 xornadas. O primeiro plato o domingo en Burela diante dos líderes Estudiantes de Lugo.

   

domingo, 4 de mayo de 2014

CAMPIONAAAAS !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Campionas galegas de 2ª división

      Gran partido en Vista Alegre entre os dous mellores equipos de 2ª división galega con victoria final para o CB Burela sobre Seis do Nadal de Vigo 73-72, que , coa victoria en Vigo , da o título de campionas ás nosas.

     Gran ambiente en Burela para presenciar a final, con 250 espectadores animando ó equipo local e levando ás nosas xogadoras co seu impulso.

     Coa presencia do vicepresidente da FEGABA, o alcalde e concelleira de deportes de Burela, representantes políticos locais e do nos maior patrocinador Pescados Rubén no palco de autoridades, o partido era o máis importante da historia recente do noso clube, e o máis importante do baloncesto feminino de xogadoras da comarca. E non decepcionou en absoluto porque as alternativas no marcador, intensidade, nervos, etc , fixeron que os presentes pasaran unha moi boa tarde de baloncesto.

    O partido iniciábase con boas sensacións para o CB Burela, boa defensa, ataques rápidos, dominio no rebote, facían coller as primeiras ventaxas  ás locais 11-4, pero as viguesas  son un gran equipo e forzando erros das nosas no pase conseguiron remontar e colocarse por diante ó rematar o primeiro cuarto (15-20).
   
O partido nos seus momentos máis tensos
      As rivais, co tiro exterior como mellor arma, conseguían a súa mellor diferencia cun 20-28 no marcador, polo que tocaba contrarrestar con cambios defensivos e a aparición de Margarita con 10 puntos no cuarto para deixar o partido igualado ó descanso (33-35).

      A segunda metade non era para cardíacos, pero as nosas fixeron o seu mellor baloncesto neste cuarto cun parcial 20-12 (53-47 no acumulado), gran intensidade defensiva, movemento do balón para salvar a agresiva zona rival , deixando que as nosas xogadoras soñaran coa victoria.

   O último cuarto foi toda unha odisea, pasando por ventaxas locais que casi finiquitaban o partido, remontada visitante a base de triples e presión (5 triples consecutivos) cun marcador 60-65 que lles daba a final a falta de 4 minutos, e o esforzo final das de Burela cunha boa defensa que nos levou a ematar o partido e poñernos por diante no último minuto, para rematar cunha victoria doble que nos fai campionas galegas.

   Xogaron e anotaron: Lucía C. 6, Mar 14, Tatiana 5, Tamara, Marta 12, Margarita 24, Claudia 2, Adela 6 e Celia 4. Non xogaron Saray e Katia.

    Parciais: 15-20 / 18-15 / 20-12 / 20-25  - 23 faltas, sen eliminadas
O equipo coa camiseta adicada a Lucía Paz coas medallas.
Gracias Celia, adela , Alba, Marta, Saray, Rubal, Margarita, Tamara, Claudia,
Katia, Lucia Carabán, Tatiana, Lucía Paz e Mar
     Destacaron todas polo esforzo realizado, destacando no ataque Margarita con 24 puntos, no rebote Mar e na defensa o resto con especial mención ás junior que nos axudan cada día con minutos de calidade e que , as veces , non saen a xogar pero son moi importantes.

    Premio merecido a un grupo que traballou moito durante os dous últimos anos, adestrando ata 3 sesións moitas semanas ( con exámemes....) , doblando adestramentos e partidos co equipo junior, pero aguantando ata o final cunha actitude sobresaínte.

       As rivais, as viguesas de Seis do Nadal-Coia, un gran equipo, con grandes xogadoras, pelexando ata o último segundo, que lle da aínda máis mérito a esta final, que se xogou cunha gran deportividade polos dous equipo e aficións, nun exemplo para os moitos nenos e nenas do nosos clube que estaban presentes.

  Noraboa ó Seis do Nadal polo seu equipo e o subcampionato !!
Foto de familia das finalistas despois de rematar o partido
   Mención especial para o adestrador, Rubal, con dúas finais en dous anos , para Madar que co seu traballo diario fai posible este equipo e para o resto de directiva e colaboradores que nos aportan moito. Gracias

viernes, 2 de mayo de 2014

FINAL en VISTA ALEGRE

CB BURELA - SEIS DO NADAL


     Este sábado recibimos a visita do Seis do Nadal-Coia de Vigo no partido de volta da final da 2ª feminina galega. O partido vaise disputar no pabillón Vista Alegre ás 19,30 h  e o CB Burela trae de Vigo unha renda de 4 puntos (54-58 na ida) polo que o partido está aberto a calquera resultado.

     Estarán presentes o vicepresidente da Federación Galega, representantes do Concello e grupos políticos de Burela, así como os patrocinadores principais do clube, pescados Rubén e ABSA.

    Desde o CB Burela animamos á familia do noso clube (xogadores de categorías inferiores, pais/nais, simpatizantes) así como ós amantes do baloncesto da Mariña a disfrutar de esta final , sendo a entrada gratuita.

      Para o noso clube estar nesta final é xa un éxito, despois dun ano no que as xogadoras e o adestrador traballaron moito para elevar o nivel do ano anterior.

jueves, 1 de mayo de 2014

Canteira: O Benxamín A campión do grupo Norte

-Campionato e sábado de provinciais para os benxamíns

      O CB Burela Benxamín A rematou a liga (grupo Norte de Lugo de  preminibasket FGB) cun brillante campionato  despois de gañar de novo ó noso equipo B  59-33 e rematar a liga cun balance de 10 victorias e dúas derrotas. O equipo dirxido por Manolo Cobas impón a súa lei na Costa diante do favorito CB Ribadeo e co bo papel do equipo Benxamín B do Cb Burela que acadou a terceira posición e que nos da boas esperanzas para a vindeira liga 2014/15.          
Daniel, Hugo, Manolo, Javier, Pablo
Luís, Jorge, Gabriel e Raúl
     
    Este equipo formado por nenos do 2003 acompañados por prebenxamíns do 2005  fixo unha liga moi regular e só perdeu dous partidos en Ribadeo . Nas súa filas destaca a aportación de Hugo ,Pablo  e Luís como veteranos ,  os recén chegados Javier e Daniel  e os prebenxamíns dos que destaca Raúl. 

   Agora toca disputar a Final provincial diante do Cidade de Lugo o vindeiro sábado día 3 de maio , rival co que xa coincidiron na final do pasado Torneo da Deputación de Lugo.

    Desexámoslle sorte ós de Manolo, pero a clasificaión para a final xa é un obxetivo moi importante polo que unha victoria sería a guinda do pastel.

   En Alevíns por fín boas noticias, coa victoria do Alevín A de Suso Rey en Lugo diante do ANPA Rosalía se Castro    por 34-40. Primeira victoria en liga FGB Minibasket Masculino nun partido cheo de imprecisións pero no que os nosos souperon remontar nos últimos cuartos. Esta semana teñen doble compromiso siante do ANPA Rosalía en Burela (xoves 1 , 17h) e o domingo 4 en Ferrol (17h) diante do CB Ferrol.  

    Nas ligas FGB infantís doble derrota no final das ligas :
  • Feminina, con derrota en Burela diante Cidade de Lugo 39-41 nun partido no que as de Madar volveron a ter pouca sorte nos finais apretados. Destacou novamente Paula con 16 puntos . O equipo remata na 4ª posición  con 6 derrotas pero cunha melloría no xogo de equipo con respecto á primeira fase.
  • Masculina, derrota na prórroga dos de Angel Cao 60-63, nun final apretado contra Ciade de Lugo en Vista Alegre. A rotación insuficiente (5 xogadores por irse os alevíns ara xogar en Lugo) e os fallos nos tiros libres nos momentos finais condederon ós de Lugo unha prórroga onde se fixo aínda máis evidente a falta de recambios.  rematan a liga na 3º posición provincial (se gañaran serían segundos) sendo unha gran clasificación para este equipo que se fixo corto conforme pasaban as xornadas.