viernes, 31 de octubre de 2014

A temporada en marcha !!

Primeiros resultados oficiais

     O equipo Senior Masculino , coa dirección técnica de Manolo empezou con mal pe a temporada , pagando a novatada de ser un equipo de nova creación, a falta de rodaxe e compenetración dos seus compoñentes. Dúas derrotas a domicilio en Lugo nas dúas primeiras xornadas: contra Suministros La Ronda (54/29 sin opcións diante dos campións vixexentes) e  contra Enfoca As. (60/46 con baixas importantes na viaxe).
     Non lles virá mal este fin de semana sen partido para preparar a fondo o primeiro partido como local diante do A.X. Sagrado Corazón o vindeiro sábado día 8 en Burela (20h).
CB Burela Junior Masculino en Ribadeo

      Por outra banda, o outro equipo dirixido por Manolo, o junior masculino , tamén debutou na 2ª división con un balance de 1 victoria e outra derrota. 

   Na visita a Lugo da 1ª xornada derrota contra Cidade 98 (un dos candidatos a dominar o grupo) cun resultado abultado (69/27) onde xogaron: Rafa (4), Mario (2), Angel, Román, Cristian (5), Noel, Miguel (4), Damián (2) e Alvaro (6).

  Máis sorte tiveron na segunda xornada en Ribadeo contra Hotel Bouza, cunha traballada victoria 36/47, nun partido ben dominado ata o descanso pero que no terceiro cuarto deixaron achegarse ós locais para cerrar o partido cun gran final. Xogaron : Rafa (5), Mario (2), angel, Román, Cristian (18), Noel, Miguel (5), Damián (14) e Alvaro (3).
Destacaron na anotación Cristian e Damián e na defensa Alvaro.
Manolo nun tempo morto

   Na clasificación só hai 1 equipo invicto e o resto moi igualdados, polo que poder sumar victorias na 1ª volta será moi importante para facer medrar a este equipo inexperto e no que xogan varios cadetes de forma habitual.

  Este fin de semana nova xornada con nova viaxe a Lugo para xogar contra Galén (rival asequible cunha victoria e outra derrota) o domingo ás 12h.