domingo, 27 de abril de 2014

Final Feminina: Victoria en Vigo

Victoria en Vigo. Vista Alegre dictará sentencia

    Fai un ano o CB Burela perdía os dous partidos da final polo título da 2ª división feminina e agora, un ano despois , coa experiencia e traballo de toda unha temporada o noso equipo volvía a afrontar unha final contra o equipo campión da zona Sur.

    Gran resultado nos traen as nosas de Vigo, victoria por 4 puntos 54-58, que deixa a eliminatoria aberta para o partido de volta do vindeiro fin de semana en Burela. Unha nova victoria ou unha derrota por menos de 4 puntos deixaría o título para o CB Burela, pero non será fácil contra un rival moi forte, moi físico e cunha rotación maior que as nosas. O apoio dos nosos seguidores , un bo ambiente en Vista Alegre , axudaría como unha xogadora máis na mermada a estas alturas rotación burelesa. tamén a recuperación de xogadoras ausentes pode ser importante para este importante e definitivo partido, que será o último de esta temporada para unhas xogadoras que están en época de estudos e que deberon organizarse moi ben para compatibilizar estudo e baloncesto.

    O partido en Vigo estaba de inicio lastrado polas ausencias de Miriam e Claudia, que se unían ás lesionadas ó longo do ano, ademáis as juniors (que son parte da rotación) xogaban esa mesma tarde en Pontecesures, polo que as xogadoras disponibles eran 4 seniors e 4 juniors probablemente cansadas.

       Aínda así a posta en escena foi brillante, cunha primeira metade moi boa en defensa (individual e con moi boa actitude) e os parciais 8-11 e 21-31 non foron maiores por pérdidas de balón  e fallos de canastas claras. As transicións e as contras daban unha renda moi boa para iniciar a segunda metade aínda que xa a defensa tiña que ser zona para reservar forzas e persoais.

       A segunda metade se iniciou da mesma maneira, cun intercambio de puntos, pero as locais incrementaron a intensidade defensiva, os árbitros foron moi permisivos coa defensa local e as faltas persoais de Mar (única interior do equipo e con 4 faltas no 3º cuarto) colapsaron o noso ataque perdendo a diferencia e acabando o cuarto por 41-38 para as viguesas. As perspectivas non eran moi favorables, coas locais con 5 puntos arriba pero as nosas non se rendiron, aguantaron e mantiveron no partido con diferencias cortas, chegando o final voltando á defensa individual e conseguindo unha diferencia corta pero moi interesante para o partido de volta.

     Destacaron todas pola súa entrega e esforzo, pero en ataque lucíronse Margarita e Lucía C.

  Anotadoras: Lucía 12, Mar 8, Tatiana, Marta 6, Margarita 19, Adela 5 e Celia 8.

      16 faltas , sen eliminadas. Parciais   8-11  /  13-20  /  20-7  / 13-20

jueves, 24 de abril de 2014

Senior Fem.: Ida da final en Vigo

FINAL 2ª DIVISIÓN SENIOR FEMININA

      O CB Burela Senior Feminino volve á competición despois de gañar a liga no seu grupo Norte e conseguir de forma brillante o ascenso á 1ª Feminina cun balance de 21 victorias e 1 derrota.  Esta eliminatoria será a Final da 2ª división senior de Galicia .

       O rival na Final é o campión do grupo Sur, o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia de Vigo, que rematou a súa liga cun total de 14 victorias e 1 derrota. o partido será no polideportivo do Colexio Seis do Nadal de Vigo o vindeiro sábado ás 20 h, quedando para o seguinte fin de semana o partido de volta en Burela.

          Para o noso clube é a segunda final consecutiva, despois de que o ano pasado disputara a final contra o CB Allariz (con doble derrota), depois de gañar a liga e ter que renunciar ó ascenso por motivos económicos.     

         O equipo que dirixe Rubal intentará rematar esta temporada tan brillante ofrecendo o mellor baloncesto posible , conseguindo un bo resultado en Vigo para rematar a temporada cunha alegría máis.

miércoles, 23 de abril de 2014

TORNEO LOURENZA EN XOGO: As infantís, CAMPIONAS

As infantís gañan o Lourenzá en Xogo

 
O pasado fin de semana disputouse o clásico torneo "Lourenzá en xogo", que xuntou nas categorías infanti, cadete , junior e senior a equipos de diversas procedencias do basket español. O noso equipo senior renunciou a participar por falta de efectivos polo que a nosa participación foi do equipo infantil feminino que adestra Madar, que na pasada edición foi o campión. E non poideron ir mellor as cousas para as nosas que despois de gañar os tres partidos se proclamaron vencedoras do torneo.
Cb Burela coa copa de gañadoras do "Lourenzá en Xogo"

     O equipo de Madar estivo reforzado con dúas xogadoras do CB Viveiro e 1 do CB Ribadeo, nun exemplo de cooperación dos equipos de A Mariña que pon o nivel do basket da costa moi parello ó dos equipos de grandes cidades de Galicia.

     Despois de gañar con solvencia ó Osuna de Madrid e ó Lourenzá-Mondoñedo tiveron que sufrir para gañar ó Ensino de Lugo no partido final, cun resultado de 25-30.

martes, 15 de abril de 2014

Canteira: O futuro é noso

Iniciación ó baloncesto: o noso futuro

    Dentro das categorías de base do noso clube hai unha que non ten liga propia (só disputa amigables contra os poucos clubes nos que se adestra en estas idades) polo que está  pouco visible. Son os nenos e nenas que naceron nos anos 2006,2007 e 2008 que xa adestran cada semana en dúas sesións e dos que son responsables as xogadoras do 1º equipo Margarita, Claudia, Lucía e , ocasionalmente, Tatiana.
As categorías premini (laranxa) e iniciación (azul) cos seus adestradores
    Son en total 16 nenos/as que se inician no basket e que os máis maiores xa participaron en adestramentos e partidos dos benxamins (Masculino A en liga federada e Benxamín feminino escolar) sen que a súa inclusión entre nenos/as máis grandes se note demasiado. De cara a anos sucesivos, poderá competir con garantías no seu primeiro ano benxamín mentres que os nenos que se inicien máis tarde terán un proceso de adaptación e aprendizaxe máis lento.

    Non só se benefician dunha actividade físca lúdica onde aprenden a relacionarse con outros nenos/as pois tamén  aprenden a realizar unha actividade de cooperación nun entorno con normas, beneficiandose para o baloncesto en particular e para as actividades da súa vida no futuro: cooperación, solidariedade, atención, concentración, traballo.....

    Felicitar ós/ás adestradores, pais/nais e os propios nenos/as polo traballo realizado, do que recolleran os froitos nun futuro moi cercano.

   Este é un dos activos máis importantes do CB Burela na actualidade, base da mellora deportiva e institucional do clube no futuro.

    

lunes, 14 de abril de 2014

Copa Diputación: Infantís

Pouca fortuna para os nosos/as infantís

  Na segunda xornada da Copa Diputación o turno era para os infantís e cadetes, no noso caso os infantís tanto en categoría masculina como feminina.

Os dous equipos infantís do Cb Burela no Pazo dos deportes
Fonte: CB Ribadeo
  • En categoría masculina o noso equipo despois de gañar a Estudiantes encontrouse en semifinais co todopoderoso CB Ribadeo que non lles deu opción ós nosos. De novo a corta plantilla non chega para competir cos mellores da provincia.
  • En categoría feminina, moi mala sorte para as de Madar que despois de gañar a Galén Lugo perderon por só un punto no partido que lles daba acceso á final. De novo os pequenos detalles non foron propicios e se marchou outro partido nun final apretado.
   Tamén tiñamos representación en cadetes femininos, pois Tatiana competía co CB Viveiro, chegou a unha final que tivo que ser suspendida.

domingo, 13 de abril de 2014

Copa Diputación : Minibasket

Copa Diputación: Boas sensacións co MiNiBaSkEt

   Sábado de baloncesto para os nosos pequenos en Lugo coa disputa da Copa Diputación para as categorías mini e premini mixto ou feminino.  O CB Burela desprazouse ó Pazo dos deportes de Lugo con casi 40 xogadores e adestradores cos equipos alevín masculino, alevín feminino e benxamín masculino.

   Foi unha gran experiencia para os nosos nenos, moitos deles sen participar en este tipo de torneos, coñecendo a outros equipos e xogadores, aprendendo da competición e vivindo partidos moi competidos. Os nosos equipos estiveron a alto nivel, gañando a maior parte dos partidos e os partidos que perderon foron por pouca marxe, e acadaron dous terceiros postos e unha final (benxamíns).

Expedición do CB Burela á Copa Diputación de Lugo
  1. Alevín Masculino. Despois dunha gran primeira fase con victorias amplias diante Galén Lugo e de Martínez Otero de Foz, tocaba semifinal co CB Ribadeo e despois dun moi intenso partido no que os nosos disfrutaron de ata 12 puntos de ventaxa , un mal último cuarto con só 2 puntos anotados, deixaba ós nosos sen final perdendo por só 1 punto e desperdiciando varios ataques para gañar o partido. Enorme a desilusión do equipo dirixido por Madar que acusou o cansancio e unha rotación menor pola falta de Xoel e Miguel. Resultado inxusto cos nosos , que fixeron méritos durante o día para ser finalistas, pero a terceira praza  non está nada mal
  2. Alevín feminino, que perdeu o seu primeiro partido de forma clara e no seguinte , que podía valer unha final, perderon contra Galén por 8 puntos despois de fallar moitísimas entradas a canasta e perder moitos balóns, acusando un nerviosismo qe non lles deixou competir conforme ó seu nivel. Pola tarde, unha victoria contra Lourenzá-Mondoñedo, deixounas satisfeito a un grupo con posibilidades que contou coa axuda das benxamíns Julia, Ana e Sofía.                                                                                                                                 
    CB Burela Benxamín , coas súas merecidas medallas
  3. Benxamín masculino, cos 14 xogadores cos que contaba Manolo obrigaba a rotar descansos en cada partido pero o equipo chegou con brillantez á unha semifinal na que deixou fora ó CB Ribadeo e , xa na final, un encontro con moitísima presión e  nervios os nosos perdían contra Cidade de Lugo por só tres puntos , acusando unha arbitraxe moi protestada na que se permitía todo tipo de contactos .Unha medalla para cada xogador foi o colofón perfecto para este grupo, no que moitos participan por primeiro ano.

sábado, 12 de abril de 2014

Base: Os juniors chegan ó pódium provincial

Junior masculino: PODIUM!!!

   Os junior remataron a temporada nun extraordinario terceiro posto final na provincia de Lugo, enorme éxito para os de Manolo, que na disputa da eliminatoria para decidir o terceiro posto lucense, mantiveron a renda obtida en Burela diante Tigres máis Descanso en Lugo, e aínda que perderon por 5 puntos nun mal partido quedaron terceiros.
    O partido dos de manolo foi condicionado pola alta temperatura do pabellón que afectou ó rendemento dos dous equipos pero para os nosos un partido con poucos puntos (41-36) fixo que a renda ca que se presentaron en Lugo fora boa.

   Este equipo , de nova formación , e con moitos xogadores de 1º ano e varios en idade cadete mellorou a base de traballo na segunda volta (foi o mellor equipo na parte final da liga regular) e só o equipo de Estudiantes de Lugo o deixou fora da final, e este terceiro posto fai xustiza cuns chavales e cun adestrador que traballaron moito todo o ano. queda , para rematar o ano, a participación en algún torneo fora da comarca, pois a Copa queda descartada polo desmesurado custe que supón para o noso clube.

Infantil Masculino CB Burela
Rogelio, Brais, Noel, marco, Angel
Antón, David, Diego, Alex e Adrián
  Infantil masculino, cunha victoria en Vista Alegre diante de Estudiantes de Lugo 58-38, que os afianza na terceira posición da liga e fai que o partido diante do Cidade de Lugo sexa clave para poder optar a unha impresionante segunda praza provincial (os primeiros , inalcanzables, CB Ribadeo). Gran partido dos de Angel Cao e Rogelio con Marco en plan estelar rondando os 40 puntos, pero coa axuda de Noel, Angel, Diego... que serán moi importantes para o seguinte partido.

Infantil feminino, cunha derrota no último suspiro en Viveiro (39-38), nun bo partido das de Madar, que tutearon ás locais (este ano sempre saíron derrotadas coas de Viveiro). Partido de moitos nervios onde anotar se facía moi difícil e algunha mala decisión no último minuto xunto coa erros desde a liña de persoal fixeron que o partido se decantara a cara ou cruz e saiu cara para as de Viveiro a 3 segundos do final.
    Este equipo ,froito do traballo e da unión de todos, vaise superando pouco a pouco, aumentando os seus recursos ofensivos e defensivos, e aínda de que non gañaron ningún partido na segunda fase, están cada vez máis cerca das rivais.

Alevín masculino FGB, nova derrota dos de Suso 86-39en Ferrol diante do Basket School, que non superaron un mal inicio e a baixa de Miguel, indisposto na viaxe, e encaixaron dous parciais moi negativos diante dun equipo superior en físico e tamén en rotación . A segunda metade foi máis igualada pero a diferencia era moi grande para poder competir cos ferroláns de tia a ti. Non se dan adaptado á categoría os alevíns, con moitos erros no pase e na finalización. Debemos destacar a participacións dos tres benxamíns habituais (Hugo, Pablo F. e Antón).
  Dentro de 15 días recibiremos en Burela a un rival asequible, ANPA Rosalía de Lugo, onde os nosos deben poder competir cun rival que non os supera nin en físico nin en roración.

 Alevín feminino escolar , cunha victoria no Monte Castelo diante o CB Viveiro (61-20), cun gran inicio (24-7) e gran xogo dun grupo alevín moi mellorado durante os meses do inverno. carla, Nuria, Milagros... van a máis e agora están acompañados por un grupo de benxamíns que empezan a axudar nesta categoría. As de Lolo sólo son superadas na liga por Martínez Otero de Foz .
CB Burela Benxamín Feminino Escolar 2013/14

Benxamín feminino escolar, cunha derrota en Foz diante do Pilar (49-41) nun gran partido no que as de Margarita souperon remontar diferencias de máis de 10 puntos para chegar ó último cuarto con 3 puntos de ventaxa (37-40) para acabar cun mla último cuarto no que só poideron anotar 1 tiro libre. Gran aportación de Claudia e Julia nun equipo moi mermado polas ausencias e no que a prebenxamín Marta anotou 8 puntos. 
   O equipo están na terceira posición do grupo, por detrás do Cb Ribadeo e do Pilar de Foz.

lunes, 7 de abril de 2014

Sr. Fem.: Derrota na última xornada

Campionas a pesar da derrota 

    Ultima xornada da 2ª feminina FGB e primeira derrota do noso equipo senior diante das segundas clasificadas (Sta. María del Mar) por un axustado 57-63.

   O noso equipo presentábase na última xornada de liga co campionato gañado e recibía ó potente equipo coruñés coas baixas de última hora de Lucía Carabán e Tatiana Pardo coa motivación de rematar a liga imbatidas.

Celia, destacada
   O partido iniciábase de forma positiva coa dinámica habitual con gran defensa e transicións que nos daba ventaxas no marcador (15-8), pero non era o xogo contundente de outros días polas pérdidas de balón e polo menor ritmo do equipo. A  defensa menos intensa, erros no pase e unha mala lectura da defensa visitante apretaba o marcador ó descanso  (30-27), dando opcións a un equipo rival moi motivado, que pola supeioridade física dominaba o rebote.

  O peor veu despois do descanso, cos erros de canastas moi fáciles e un mal balance defensivo permitía ás coruñesas anotar con facilidade e dar volta ó marcador cunha ventaxa curta (43-46) ó final do terceiro cuarto. O evidente baixón físico e un mal cuarto onde se fallaron de novo moitos pases e canastas cercanas a aro non nos deixou achegarnos a menos de 3 puntos, acumulando acertos e erros nun intercambio de canastas que non nos beneficiaba sen dominar en defensa (nin con cambios defensivos diversos), polo que a derrota final 57-63 foi xusta.

   Polas nosas , dentro dun esforzo individual xeral , destacou de novo Margarita (27 puntos, 18 na segunda parte) e Celia (13 ptos, tope persoal da junior esta temporada). Faltou anotación exterior e máis xogadoras en dobles díxitos.

  Polo CB Burela xogaron e anotaron: Miriam 3, Mar 2, Marta 3, Claudia 2, Margarita 27, Adela 7 e Celia 13.
21 faltas, eliminadas Mar e Celia. Parciais  15-8/15-19/13-19/14-17
Clasificación final

  O equipo está pasando por un baixón físico e de xogo desde o Nadal e necesitará cargar as pilas  cunha boa posta a punto física e mental para afronta afinais de mes o partido de ida da final galega de 2ª división diante do Seis do Nadal Coia (Vigo), campión do grupo Sur.  Esta será a segunda final consecutiva para as nosas despois de gañar as dúas últimas ligas no seu grupo Norte.

miércoles, 2 de abril de 2014

BASE: Os junior dan un paso hacia a 3ª posición provincial

Base: Os junior acarician o terceiro posto

  Nova xornada das ligas FGb da nosa canteira e resultados de todas as cores, destacando a victoria dos junior na eliminatoria provincial polo 3º posto.


  1. JUNIOR MASCULINO, coa victoria dos de Manolo 60-45 en Vista  Alegre diante dos capitalinos Tigres Máis Descanso. Os nosos fixeron valer a mellora do seu xogo despois do Nadal para dar un paso hacia a terceira posición provincial. Só lles queda gañar ou perder por menos de 15 puntos en Lugo o vindeiro fin de semana para rematar no pódium provincial. De novo a defensa  e a calidade ofensiva de Cristian e Omar deronlle ó noso equipo ventaxas no marcador.  O vindeiro sábado (18.30h) en Lugo o partido de volta.
  2. INFANTIL MASCULINO , Coa abultada derrota en Ribadeo do equipo de Ángel Cao  91-26. A gran superioridade dos ribadenses desde o inicio non deu opción ós nosos, que só deron algunha acción de mérito no último cuarto. O feito de viaxar só con 5 infantís e 2 alevíns condiciona moito a este grupo que o vindeiro domingo (16,30) en Burela se xogará a posibilidade de rematar en terceira posición diante de Estudiantes de Lugo (estamos empatados con 1 victoria).
  3. INFANTIL FEMININO, tamén con derrota no Monte Castelo diante das favoritas CB Sarria 39-71, nun partido no que non tiveron opcións e no que o esforzo ofensivo de Paula non chega para estar máis metidas nos partidos. O vindeiro sábado en Viveiro (19.30h) poden ter opcións de disputar un partido de tia a ti co CB Viveiro e poder estrenarse cunha victoria.                                    
    Equipo infantil feminino ó completo CB Burela
  4. ALEVÍN MASCULINO 1ª FGB, con derrota en Vista Alegre contra o CB Ferrol nun partido igualado no que todo se decideu no último cuarto (43-70). Despois de ver o mellor xogo dos nosos nesta liga, de estar sempre no partido (incluso por diante no marcador), o cansancio e as malas decisións condenaron ós nosos a unha derrota máis ampla do que merecían os nenos de Suso Rey. Deben mellorar máis para estar nos partidos e ter opciónde pelexar polas victorias diante de equipos técnicamente parexos pero sempre en inferioridade física. O viondeiro domingo o equipo se despraza a Ferrol para xogar co potente Basket  School (17h).
  5. BENXAMÍN MASCULINO, con resultado diverso, coa victoria do equipo 2004 (A) 33-60 en Viveiro, que os sigue deixando líderes en solitario , e coa derrota do equipo 2005 en Ribadeo por un claro 74-39, que non lles permite saír da terceira posición. A vindeira semana o euipo A visita ó Ribadeo (domingo 10.30h), mentres que o equipo B recibe ó Viveiro co propósito de voltar á senda das victorias (sábado 16h)
       PARTIDOS AMIGABLES
   
       Os Prebenxamíns e alevíns masculinos  se desprazaron a Xove para xogar cos equipos locais (que non participan en ningunha liga) e voltaron con dúas victorias amplias: o alevín gañou 31-73 e o perbenxamín tamén se impuxo por 29-43.