martes, 30 de septiembre de 2014

Empezamos a pretemporada

PRETEMPORADA EN MARCHA



  O CB Burela , unha vez iniciados os adestramentos empeza a disputar os seus primeiros amigables para prepararse para as ligas 2014/15.

  Os infantís masculinos perderon en Ribadeo con claridade e deberán mellorar en defensa e ataque para competir cos ribadenses na liga provincial, asimesmos as cadetes femininas perderon tamén en Ribadeo coas locais (reforzadas con varias juniors) e deberán reforzar o traballo nos adestramentos para mellorar o xogo en ataque.

   Por último, primeiro torneo das seniors en Castropol e primeiras victorias do noso equipo recén ascendido á 1ª Autonómica. O sábado venceron ó Avilés Sur con claridade 25/64 e o domingo apabullaron ó Inmaculada de Santiago na final por 38/90, conseguindo este torneo con total superioridade.
Equipo que disputou a final en Castropol

    Sábado CB Burela 64 - Avilés Sur 25
   Salo (4), Lucía C (6), Mar (10), Tania (4), Marta Cifu (7), Fátima (8), Claudia (2), Adela (7) e Celia (8)
    Domingo -  CB Burela 90 - Inmaculada 38
    Salo(2), Marta A. (2), Mariña (13), Mar (15), Tania (2), Marta Cifu (10), Fátima (14), Lucía C. (9), Adela (14) e Celia (9).

    Dentro do nivel de xogo propio de pretemporada, con erros en ataque e algún despiste defensivo, destaca a participación de toas as xogadoras disponibles e a incorporación ós conceptos de  xogo propios das novas xogadoras: salo, Mariña, Marta A., Tania e Fátima. Esta última destaca polo seu rendemento como recén chegada e junior de 1º ano.

   Como novidade temos que destacar que tamén teremos equipo junior masculino ás ordes de Manolo, que será de moita utilidade para acompañar ó novo equipo senior.

jueves, 11 de septiembre de 2014

NOVA TEMPORADA 2014/15

A temporada 2014/15 xa está en marcha


   Despois dun verán no que os nosos xogadores máis novos se luciron nos orneos de verán na modalidade 3x3, empeza unha nova temporada cos seguintes horaros de adestramento:

  • Prebenxamíns Mixtos (2007 , 2008, 2009) mércores (17/18,15h) e venres (17,10/18,20h) no Pabillón de Os Castros.
  • Benxamín Feminino (2005/2006), mércores e venres (18,15/19,30h) : Pabillón de Os Castros
  • Benxamín Masculino B (2006/2007) mércores e venres (18,15/19,30h) : Pabillón de Os Castros
  • Benxamín Masculino A (2005) mércores e venres (17/18,15h) : Pabillón de Os Castros
  • Alevin Feminino (2003/2004)  : luns e xoves  (18/19,15h) : Pabillón de Os Castros
  • Alevín Masculino (2003/2004) :  luns e xoves  (18/19,15h) : Pabillón de Os Castros
  • Infantil Maculino (2001/2002):  Martes, mércores e venres (17/18,30h) : Pabillón Vista Alegre martes e mércores e Monte Castelo os venres.
  • Infantil Feminino (2001/2002):  Martes, mércores (17/18,30h)e venres (15,30/17h) : Pabillón Vista Alegre martes e mércores e Monte Castelo os venres.
  • Cadete Feminino (1999/2000/2001) : Martes, xoves e venres (15,30/17h) : Pabillón Vista Alegre martes e xoves e Monte Castelo os venres.
     Os adestramentos darán comezo a partir do luns 22 de setembro

     Tamén, como novidade, teremos equipos senior tanto masculino como feminino, o equipo feminino en 1ª Autonómica e o masculino en 3ª (provincial).

   Animamos a todos os nenos e nenas a incorporarse ó baloncesto, segundo deporte nacional por número de licencias (1º en categoría feminina).

    En caso de dúbidas , poden chamar ó 670 56 35 31