viernes, 26 de diciembre de 2014

Victoria dos senior para despedir o ano

Cara para os senior e cruz para as cadetes

Héctor e Randy, destacados
  Última xornada do ano para o CB Burela , con só dous partidos  fin de semana comn desigual sorte nos resultados finais:
Clasificación actual SENIOR
  • SENIOR MASCULINO, victoria clara  dos nosos senior diante Garabolos, cun resultado final 65-46. O equipo de Manolo parece que vai asentando o seu xogo, potenciando os seus puntos fortes e ocultando as súas debilidades. O xogo interior vai empezando a tomar protagonismo e no partido do domingo destacou Héctor con 14 puntos e no xogo exterior non se depende tanto do tiro de 3 puntos destacando Randy con 18 puntos. Só o lunar das pérdidas de balón fixeron que este partido fora redondo para o CB Burela. Agora toca descansare empezar a preparar o derby contra O Ribadeo do 11 de xaneiro co que remata a primeira volta da liga.  Na clasificación estamos na 8ª posición pero a unha soa victoria dos quintos clasificados.

Clasificación Cadete Feminino
  • CADETE FEMININO, derrota contra CB Ribadeo 40-51, na que o equipo de Madar fixo frente a un dos equipos favoritos nun bo partido no que destacaron Paula (13 puntos) e Teresa. A aportación do resto do equipo estivo moi repartida e a ausencia por lesión de María Chao sigue pesando na dirección en pista do equipo. Destaca o feito de perder por unha diferencia moito menor que a primeira volta, notándose certa evolución positiva no equipo ó que lle faltan referencias ofensivas. O equipo está asentado na parte media da clasificación, asentado na 4ª posición , que realmente é a posición que este equipo pode aspirar pola diferencia de nivel dos equipos que están nas tres primeira prazas. O seguinte partido srerá no mes de febreiro (por xornadas adiantdas e ó descansar na seguinte xornada) contra Cidade de Lugo, rival moi asequible para incrementar o número de victorias.

jueves, 18 de diciembre de 2014

Resultados fin de semana

Resultados do CB Burela

    •  Prebenxamín, victorian apurada diante CB Viveiro en Burela : 39-38
    • Benxamín federado, derrota en Burela diante Cidade de Lugo : 59-65
    • Alevín feminino, derrota en Lourenzá 30-18
    • Infantil masculino, victoria en Viveiro 47-55
    • Infantil feminino, victoria en Viveiro 32-50
    • Cadete feminino, derrota en Lourenzá 43-27
    • Junior masculino, clara derrota en Burela diante Cidade de Lugo 28-77
    • Senior masculino 3ª, derrota inesperada contra Cidade de Lugo 43-67
    • Senior feminino 1ª, victoria contra Porriño en Burela 70-62

    Destaca a derota cadete en Lourenzá nun pabillón no que se xogou sen luz e os árbitros se negaron a parar o partido, a derrota dos junior nos qu é baixa cristhian e o mal partido dos seniors que non deron a talla diante do cidade.

    O equipo senior masculino recibe ó garabolos o vindeiro domingo 21 (17h), rival da zona media  e o noso equipo intentará conseguir a segunda victoria.
    Seniors e juniors  posan xuntos co seu adestrador, Manolo Cobas
    O equipo junior entra nas vacacións de nadal con tempo de preparar a visita do CB Ribadeo (10 de xaneiro), situado na zona media con 4 victorias e outras tantas derrotas.

     


30.000 visitas : Gracias


30.000 motivos para seguir

GRACIAS A TODOS OS QUE SIGUEN Ó CB BURELA

Son a nosa forza para seguir

jueves, 11 de diciembre de 2014

VICTORIA DAS SENIOR CONTRA PORRIÑO

IMPORTANTE VICTORIA DAS SENIOR EN BURELA

   Nova xornada da 1ª autonómica e segunda victoria do CB Burela diante do PBB Porriño por 70-62, primeira victoria como locais esta temporada.

    Despois de varios finais apretados a visita do colista Porriño era unha boa oportunidade de voltar ó camiño das victorias, refrendando o bo xogo quelevaba desplegando o noso equipo en varios partidos sen a recompensa da victoria (que se escapaba nos últimos instantes dos partidos).

     As baixas das senior Laura Chao e Marta Alvarez supoñían un problema na mermada rotación local, polo que o concurso das máis novas era para este partido moi importante.

   Empezou o partido con boa producción ofensiva por parte dos dous equipos (8-10 min. 5), pero coas variantes defensivas as nosas colleron xa ventaxa no marcador ó finalizar o 1º cuarto (19-13). O segundo cuarto foi o mellor do partido, moi productivo en ataque (23 puntos) e cunha boa defensa, podendo deixar finiquitado o partido, pero algúns erros en ataque e  os rebotes en defensa perdidos aínda deixaban as visitantes no partido, pero 15 puntos abaixo (42-27). Gran 1ª parte (como en anteriores partidos) con todas as xogadoras producindo e momentos de gran acerto ofensivo, destacando a entrada de Adela no partido con 9 puntos, Marta na súa boa liña e Mar no xogo interior.

Tempo morto en Vista Alegre
   A segunda parte empezou coa mellora ofensiva das de Porriño que con dous triples (S. Alonso con 8 puntos casi seguidos) o que baixaba a ventaxa a 10 puntos mediado este cuarto, diferencia coa que se chegou o final (52-42) pero coa sensación de que as de Burela empezaban a fallar en cousas moi sinxelas como o pase e tiros cercanos.
   Esta sensación negativa se foi incrementando ó mesmo tempo que a diferencia iba baixando, con moitas imprecisións e ataques precipitados, cunha baixada da producción reboteadora e a  aparición da interior A. Alonso (10 puntos en este cuarto) , chegando a reducir a diferencia ata un inquietante 60-59. As fantasmas de outros partidos estaban presentes  e xunto a lesión de Lucía Carabán e a eliminación por faltas de Margarita (gris todo o partido), deixaban todo para resolverse nos últimos 3 minutos. A calma e varios ataques aproveitando os espacios da defensa visitantes volvían a meter ás nosas no partido e acumular unha ventaxa de 8 puntos no final (70-62).
Adela, no seu mellor partido

   Adela e Marta Cifu lideraron o apartado ofensivo e destaca a aparición da junior Fátima que ,con 15 anos, aportou 10 puntos e tivo moito acerto nos seus tiros e non lle pesou a responsabilidade.

    Xogaron : Fátima (10), Mar (10), Tania (2), Marta Cifu (16), Lucía C. (2), Marga (8), Adela (16) e Celia (4)
  
Parciais:  19-13 / 23-14 // 10-15 / 18-20   23 faltas (eliminada Marga min.36)

    Luces e sombras nun partido que nos enseña o camiño a seguir e ó mesmo tempo nos indica os erros a correxir, pero cunha victoria nos reforza na nosa moral e permite afrontar o parón do Nadal coas ideas claras do camiño a seguir. O peor do partido foi a lesión de nocello de Lucía C., que terá este parón para poder recuperase e voltar a ser o timón do equipo.

    A vindeira xornada (10 de xaneiro) nos desprazamos a Vigo para enfrentarnos a Seis do Nadal, vellas coñecidas da final de 2ª división do ano pasado, e que están a facer unha boa temporada (3 victorias, unha máis que o noso equipo).

lunes, 8 de diciembre de 2014

Nova derrota na prórroga das senior

As senior caen en Santiago nun final moi apretado

  Cuarta xornada da 1ª Autonómica e viaxe a Santiago para enfrentarse a Pío XII, todo un clásico da categoría e unha das plantillas máis completas, tanto por número como por calidade. 

   De novo , o inicio das de Rubal foi moi brillante cunha defensa moi efectiva e un ataque brillante baseado nas transicións e nun moi bo movemento de balón , cunhas ventaxas de ata 11 puntos ó rematar o cuarto (6-17). O segundo cuarto tamén foi para as nosas pero cun criterio arbitral moi riguroso dos contactos en defensa, as nosas empezaban a baixar o ritmo defensivo (pasando a zona) e as rivais íbanse ó descanso con 13 puntos abaixo (18-31).   Destacaban polas nosas Mar (o mellor partido da temporada) , Marta Cifu e Lucía C. , cun baloncesto vistoso e efectivo.
Mar
  A segunda metade empezou cunha subida da intensidade defensiva das santiaguesas que as levou a recortar as diferencias tanto polo seu acerto exterior como polas pérdidas das nosas , que acusaban o desgaste como tamén empezaban a ter problemas de faltas (Marga 4). O resultado aínda era favorable para o CB Burela 34-38 cando se iniciaba o último cuarto no que as locais , pletóricas ,se adiantaban no marcador ó mesmo tempo que iban caendo eliminadas 4 das 5 titulares (Mar, a 7 minutos do final, Marga, Marta e Celia), polo que o resto de xogadoras debía conter a avalancha santiaguesa e remontar 5 puntos de desventaxa nos últimos 3 minutos. Lucía C., motor do equipo, tomou o mando e volveu a poñer ás nosas por diante con varias accións de mérito e se mantiveron opcións de victoria cunha posesión final na que as visitantes non lograron anotar e o partido se foi á prórroga (59-59).
   Con todo en contra, as nosas se adiantaron 59-63, pero o cansancio e as continuas faltas sinaladas en contra (¡¡30 faltas!!, 19 na segunda metade, nun equipo que non destaca pola agresividade e que defendeu en zona boa parte do partido), déronlle de novo unha lixeira ventaxa ás locais coa que rematou o partido (70-65).
   Xogaron : Marta A.(2),  Fátima (2),  Mar (16), Laura, Tania, Marta C. (7), Lucía C.(19), Marga (8), Adela (5) e Celia (4).   
       Parciais 6-17 //12/14 // 16-7 // 25-21 //11-6      30 faltas (eliminadas Mar, Marta, Marga e Celia)

   Debemos destacar como positivo o bo xogo das nosas na primeira metade, o esforzo xeral e a aportación de xogadoras pouco habituais que deberon sumar en minutos decisivos  e pola parte negativa os problemas do equipo contra defensas moi agresivas nas que os contactos son continuos cun criterio arbitral varía moito dunha xornada a outra.

   Catro partidos de liga con resultados moi apretados , que podían ser 4 vicorias ou catro derrotas pero que, na realidade nos colocan penúltimos con 1 victoria e 3 derrotas nunha liga moi igualada. 

  A vindeira semana, en Vista Alegre (domingo 17h), unha nova oportunidade de sumar unha victoria antes do parón do Nadal, coa visita do colista Poriño (sen victorias en 4 partidos).


  


domingo, 7 de diciembre de 2014

Hugo , Pablo e Antón coa selección da Mariña

Presencia de xogadores do CB Burela en Santiago

  Os xogadores do CB Burela Alevín masculino , Hugo Cobas , Pablo Fdez.e Antón Expósito, foron seleccionados para representar á Mariña na Xuntanza de seleccións de Minibasket que se celebrou hoxe , sábado día 6, en Santiago.

   Un ano máis o noso clube aporta xogadores a este combinado, xogadores de primeiro ano alevín (o que lles da máis mérito, no caso de Antón aínda en idade benxamín) e que reforza o traballo dos adestradores de categoría iniciación, benxamín e alevín do noso clube, así como un premio ó seu esforzo e dedicación nestes anos nos adestramentos da súa categoría e , moitas veces, da categoría inmediatamente superior.
Convocatoria da Selección da Mariña

  Hugo e Pablo (2004)e Antón (2005) xa formaron parte do equipo alevín que o pasado ano disputou Liga Galega por primeira vez na historia do noso clube, e tiveron minutos para reafirmar a súa valía e coller experiencia para destacar na categoría de minibasket (na que lles queda outro ano máis).

   Desde o CB Burela queremos ofrecer o seu exemplo para todos os nenos e nenas que se inician neste deporte, reforzando a idea de esforzo e continuidade para conseguir este tipo de logros.

   Asimesmo, unha xogaora alevín formada no noso clube (aínda que este ano milita no CB Ribadeo), Nuria Bermúdez, tamén foi seleccionada (esta vez para o combinado de Lugo) e tamén se debe destacar o mérito dos nosos adestradores.

sábado, 6 de diciembre de 2014

RESULTADOS 29/30 novembro

   Xornada desigual do CB Burela con grandes resultados en categorías inferiores e  derrotas nas categorías junior e senior. Destacan as victorias das infantís femininas en Burela sobre CB Ribadeo e , sobre todo, a fantástica victoria das cadetes en Viveiro, remontando 17 puntos de desventaxa na segunda parte. Na parte negativa o mal resultado dos juniors en Lugo (con polémica arbitraxe) e a derrota das seniors na casa nos últimos instantes do partido.

   Asimesmo destacar a falta de cumprimento da normativa de minibasket nos partidos de liga escolar en Foz, onde non se respeta o reparto de minutos obrigatorio para todos os xogadores disponibles, criterio e normativa que o noso clube respeta e aplica sin pensar no resultado final pensando na formación dos nos@s nen@s como deportistas e persoas.
  1. Benxamín escolar (Feminino), contra O Pilar Foz  39-28 derrota
  2. Benxamín masculino escolar, Descansa
  3. Benxamín masculino federado, Burela contra  CB Ribadeo  63-41 Victoria
  4. Alevín feminino,Aprazada a visita a Lourenza-Mondoñedo
  5. Alevín masculino, San Cibrao, , sábado 10h  contra EEDD Cervo 20-48 Victoria
  6. Infantil feminino, Burela contra CB Ribadeo 51-45 Victoria
  7. Infantil masculino, Burela contra CB Ribadeo 31-60 derrota
  8. Cadete feminino contra CB Viveiro 49-52 Victoria
  9. Junior masculino contra Estudiantes 98  72-33 derrota
  10. Semior masculino contra Os Cachivaches  64-43 derrota
  11. Senior Feminino, Burela - Universitario Campus Ourense 54-57 derrota