jueves, 24 de diciembre de 2015

Dende o Club Baloncesto Burela desexámosvos a todos os adestradores, xogadores/as e seguidores unhaFELIZ NAVIDAD

martes, 15 de diciembre de 2015

OITAVA VITORIA CONSECUTIVA DO SENIOR MASCULINO

SDC. GARABOLOS 66 - CB. BURELA 74

Garabolos é un serio  rival e xogar na súa cancha complicado para calquer equipo, saben loitar e vender cara a derrota. Saben pelexar e perden os partidos por escasa marxe.
No primeiro cuarto Garabolos fixo unha boa defensa, nós circulamos ben o balón pero fallamos no tiro, no segundo cuarto fomos mellorando algo no tiro e chegamos ao descanso cunha triple lonxana, dende medio campo, de Pedrosa que nos facía chegar ao descanso gañando de 5 puntos.
Nos terceiro e último cuartos onde voltamos a estar estáticos non circulando ben o balón. De todas formas aguantamos os acercamentos do rival e rematar gañando nunha pista na que é complicado facelo.

MARCADORES PARCIAIS:
1º CUARTO  14 - 18
2º CUARTO  16 - 16
3º CUARTO  18 - 20
4º CUARTO  19 - 20

ANOTADORES:
Samuel, Andrés 23, Cristhian 19, Manolo 11, Héctor 2, Rafa 3, Omar 3, Pedrosa 13 e Mario

GAÑA O INFANTIL MASCULINO

INFANTIL MASCULINO: CB. BURELA 41 - CELTAS DE FOZ 14

Partido cómodo dos nosos que sirviu de aprendizaxe  para reforzar conceptos e no que tiveron minutos todos os xogadores:
MARCADORES PARCIAIS
1º CUARTO  11 - 2
2º CUARTO   8  - 4
3º CUARTO   7 -  4
4º CUARTO  15 - 4
ANOTADORES:
Martiño 4, Hugo 9, Alex 11, Cristian, Xoel 2, Daniel 2, David 7 e Antón 6.

domingo, 13 de diciembre de 2015

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO 12 - 13 DE DECEMBRO

Só a derrota por 5 puntos do sénior femenino empaña os moi bos resultados da fin de semana.

PRIMEIRA DIVISIÓN AUTONÓMICA FEMENINA
CB. Burela 52 - Peleteiro 57

TERCEIRA DIVISIÓN MASCULINA
S.D.C. Garabolos 66 - CB. Burela 74

SEGUNDA DIVISIÓN  CADETE FEMENINA
CB. Viveiro 37 - CB. Burela 39

SEGUNDA DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA
CB. Burela 41 - Martínez Otero Celtas 14

MINIBASKET MASCULINO
CB. Ría de Ribadeo 83 - CB. Burela 68

PREMINIBASKET MASCULINO
CB. Ría de Ribadeo 26 - CB. Burela 44

MINIBASKET ESCOLAR MASCULINO
CB. Burela 47 - Cervo 30

PREMINIBASKET ESCOLAR MASCULINO
CB. Burela 63 - Cervo 12

PREMINI FEMENINO ESCOLAR
CB. Viveiro 28 - CB. Burela 31




martes, 1 de diciembre de 2015

SÉTIMA VITORIA CONSECUTIVA DO SÉNIOR MASCULINO

CB. BECERREÁ 47 - CB. BURELA 70

1º CUARTO: 11 - 9
2º CUARTO: 10 - 22
3º CUARTO: 16 - 23
4º CUARTO: 10 - 16
Anotadores :
Martín: 1
Andrés: 14
Cristhian: 14
Manolo: 13
Héctor: 4
Mario: -
Rafa: 3
Omar: 4
Jacobo: 17
Partido complicado no primeiro cuarto, fallando tiros cómodos e con pouca consistencia no xogo interior, no segundo cuarto gracias a unha maior presión das liñas de pase e un maior acerto no tiro de media distancia unido a un mellor xogo interior logrouse ir ao descanso con dez puntos de ventaxa.
Tras o descanso Becerreá planteou unha defensa zonal que causou algún problema nos primeiros compases do terceiro cuarto, pero ao ir asentando o xogo e circulando mellor o balón puidose anotar varias veces de tres puntos obligandoos a defendernos de novo en individual. No último cuarto cerrouse o partido correndo uns cantos bos contraataques consolidando asi a faceta das transicións rapidas, algo necesario este ano para ter mais repertorio de xogo.
O equipo ao final do encontro co marcador detrás.

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO 28- 29 DE NOVEMBRO

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMININA

C. Pío XII Rosalía 67 - CB. Burela 52

TERCEIRA DIVISIÓN MASCULINA

CB. Becerreá 47 - CB. Burela 70

CADETE FEMININA

CB. Burela 25 - Pan de Mondoñedo 46

ALEVÍN FEMENINO FEDERADO

CB. Burela 25 - Galén 65


ALEVÍN FEMENINO ESCOLAR

Colexio O Pilar 63 - CB. Burela 21

ALEVÍN MASCULINO FEDERADO

CB. Burela 88 - Galén 56

BENXAMÍN FEMENINO FEDERADO

CB. Burela 46 - Galén 30

BENXAMÍN FEMININO ESCOLAR

Colexio O Pilar 43 - CB. Burela 37

BENXAMÍN MASCULINO FEDERADO

CB. Ría de Ribadeo 19 - CB. Burela 69

martes, 24 de noviembre de 2015

PROGRAMA DE RADIO BURELA: Crónica de dous partidos desta fin de semana


No arquivo que acompañamos crónicas dos partidos Cadete feminino e Sénior Masculino do noso colaborador Juan Luis Moreno

http://www.ustream.tv/recorded/78386634

lunes, 23 de noviembre de 2015

CRÓNICA PARTIDO SÉNIOR

VILALBA 42 - C.B. BURELA 58

Partido difícil ante un rival moi complicado na súa cancha. O resultado final non reflexa  a igualdade que houbo na cancha, xa que aínda que fomos sempre por diante, por unha marxa máis pequena do que reflexa o resultado final.
Non foi un dos mellores partidos do noso equipo, xa que no ataque non circulamos con fluidez e tivemoa unha mala porcentaxe de acerto no tiro, isto contrarestamolo cunha boa defensa e un bo poder reboteador que nos facilitou máis posesións que ao rival.
RESULTADOS POR CUARTOS:
1º CUARTO  16 - 18
2º CUARTO   9  - 15
3º CUARTO   8  - 14
4º CUARTO   9  - 11
ANOTADORES: Pedrosa 17, Samuel, Andrés 15, Mario, Cristhian 11, Javi, Manolo 2, Omar 2.


Equipo
P.J.
P.G.
P.P.
P.F.
P.C.
PTO.
R.

1
7
6
1
450
327
13
+1
2
7
6
1
427
344
13
+6
3
6
5
1
316
277
11
+2
4
7
3
4
450
409
10
-1
5
7
3
4
347
386
10
-3
6
7
2
5
390
415
9
+1
7
7
2
5
286
370
9
-1
8
6
0
6
221
359
6
-6

CRÓNICA PARTIDO DE INFANTIS

C.B. BURELA 43 - RIBADEO 65

Nos primeiros cuartos non soubemos respostar a súa presión en toda cancha, perdemos moitos balóns que posibilitaron canastras fáciles dos adversarios.Tras o descanso fomos melloroando neste aspecto, pero foinos imposible remontar o partido.
Nós tamén o pasamos mal para defender cando o rival ten un xogador alto na cancha, o noso xogador máis alto Bruno segue lesionado.
Anotacións por cuartos:
1º Cuarto  8  - 19
2º Cuarto  9  - 16
3º Cuarto 15 - 19
4º Cuarto 11 - 11
Anotadores: MARTIÑO 16, HUGO, ALEX 7, CRISTHIAN 4, IVAN 2, XOEL, DANIEL 3, DAVID 4, AARON 4, ANTÓN 3.

domingo, 22 de noviembre de 2015

BO FIN DE SEMANA PARA OS NOSOS EQUIPOS

RESULTADOS FIN DE SEMANA DO 21-22 DE NOVEMBRO

SÉNIOR FEMENINO 1ª Autonómica
CB. Burela 46 - UNI de Ferrol 52

CB. Burela 61 - Calasancias  Coruña 55

SÉNIOR MASCULINO 3ª División
Vilalba 42 - CB. Burela 58

INFANTIL MASCULINO Federado
CB. Burela 43 - Ribadeo 65

ALEVÍN MASCULINO
C.B Burela 34 - Estudiantes 79 (Federado)
Celtas de Foz 26 - CB. Burela 57 (Deporte escolar)

ALEVÍN FEMENINO Federado
Sarria   30  CB. Burela 49

BENXAMÍN FEMENINO Federado
CB. Burela 40 - Estudiantes 75

BENXAMÍN MASCULINO
CB. Burela  65 - Estudiantes Verde 14

lunes, 16 de noviembre de 2015

VICTORIA DO INFANTIL MASCULINO

C.B. BURELA  44 - ENSINO 42
1º Cuarto  10 - 15
2º Cuarto  10 - 7
3º Cuarto  13 - 9
4º Cuarto  11 - 11

 Dúas triplas finais decidiron o partido.
Partido igualado con moitas perdas de balón pola nosa banda e dificultades en capturar rebotes, dificultade que se debe en boa parte a falla de altura do equipo.
Ao final o acerto no tiro decantou o partido ao noso favor.

MOI BO PARTIDO EN VISTA ALEGRE

VICTORIA do senior masculino en fronte do Ribadeo

C.B.Burela 59 - Ribadeo 58
1º CUARTO : 14 - 14
2º CUARTO : 16 - 21
3º CUARTO : 12 - 12
4º CUARTO : 17 - 11
Anotadores :
Martín : 7
Samuel : 3
Angel:-
Andrés : 19
Cristhian : 11
Javi:-
Héctor : 2
Mario :-
Rafa:-
Pedrosa : 15
Omar : 2
Partido complicado diante dun gran rival no cal o equipo foi sempre por detrais no marcador a partir do segundo cuarto, motivo polo que a remontada se convirteu nun feito moi complicado que se culminou no ultimo tramo do derradeiro cuarto.
Foi un encontro marcado polo desacerto no tiro e polas dificultades no rebote, posto que eles cargabano ben. Nunca se deixou de creer na victoria e grazas en parte polos tiros libres anotados de Cristhian na última posesión, sumado ao mellor porcentaxe no tiro e ao gran traballo defensivo por parte de todos logrouse remontar. Ribadeo tivo a última posesión do encontro pero non foi capaz de anotar.
Gran ambiente nas gradas, que axudou moito ao equipo, así da gusto xogar!! Moitas gracias a todos e como xa sabedes sodes benvidos en todos os partidos de ahora en diante.
‪#‎VamosBurela‬ ‪#‎SomosEquipo‬

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

RESULTADOS FIN DE SEMANA DO 14-15 DE NOVEMBRO

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMININA
Sarria 58 - CB. Burela 54

TERCEIRA SÉNIOR MASCULINA
CB. Burela 59 - Ribadeo 58

CADETE FEMENINA
CB. Burela 44 - Cidade de Lugo 36

INFANTIL MASCULINO
CB. Burela 44 - Ensino 42

ALEVÍN FEMININO
CB. Burela 38 - Cidade de Lugo 68

ALEVÍN MASCULINO
CB. Burela 41 - Cidade de Lugo 56

BENXAMÍN MASCULINO
CB. Burela 29 - Galén 38

lunes, 9 de noviembre de 2015

Resultados da fin de semana

BOA  FIN DE SEMANA PARA OS NOSOS EQUIPOS.

Primeira autonómica, sénior femenina
CB. Burela 56 - La Salle 44

Terceira sénior masculina
Sarria 47 - CB. Burela 76

Segunda Infantil masculina
CB Viveiro 42 - CB. Burela 38

Mini Masculino
CB. Viveiro 32 - CB. Burela 64

Mini Feminino
CB. Viveiro 38 - CB. Burela 23.

martes, 3 de noviembre de 2015

PARTIDOS DA PRÓXIMA FIN DE SEMANA

ESTA FIN DE SEMANA EMPEZAN ALGÚNS DOS EQUIPOS DA BASE


SÉNIOR FEMENINO
CB. BURELA - LA SALLE Domingo día 8 ás 17:00 pavillón Vista Alegre.

SÉNIOR MASCULINO
SARRIA - CB. BURELA Sábado día 7 ás 20:00 Pavillón do Chanto Sarria.

INFANTIL MASCULINO
CB. VIVEIRO - CB. BURELA Sábado día 7  ás 16:00 en Viveiro

ALEVÍN MASCULINO
CB. VIVEIRO - CB. BURELA Domingo día 8 ás 17:30 en Viveiro

ALEVÍN FEMENINO
CB. VIVEIRO - CB. BURELA  Domingo día 8 ás 19:30 en Viveiro.


lunes, 2 de noviembre de 2015

TERCEIRA VICTORIA CONSECUTIVA DO SÉNIOR MASCULINO

C.B. BURELA 64 - CHANTADA B 37


Partido cómodo dos de Manolo diante dun Chantada B que está aínda en periodo de formación e adaptandose á categoría. O noso equipo domiñou claramente o partido sobre todo no xogo interior.
Este partido valeunos para darlles minutos aos xogadores menos habituais. Se queremos poñer unha eiva ao noso equipo foi a excesiva relaxación e confianza do último cuarto, aínda que entra dentro da normalidade que poidan ocorrer estas situacións.
Resultados por cuartos:
1º cuarto . 19 -6
2º cuarto   20 - 12
3º cuarto  12 - 7
4º cuarto  13 - 12
Anotadores: Martín 7, Samuel 6, Cristhian 8, David 5, Javi 10, Héctor 9, Mario 2, Rafa, Pedrosa 7, Omar 10.

lunes, 26 de octubre de 2015

APRAZADO O PARTIDO DO SÉNIOR FEMENINO

O SÉNIOR FEMENINO DEBUTARÁ O PRÓXIMO 8 DE NOVEMBRO EN VISTA ALEGRE

O partido que estaba programado para o próximo fin de semana no pavillón de Esteiro (Ferrol) entre o equipo local Universitario de Ferrol e o CB. Burela foi aprazado ata o próximo 20 de novembro en Vista Alegre, asi que o debut do noso equipo en liga terá lugar o próximo 8 de novembro en Vista Alegre ante o poderoso LA SALLE  de Santiago que a temporada pasada nos gañou os dous partidos. Esperemos que nesta terceira ocasión cambien as tornas.

VICTORIA DO SÉNIOR NO DERBY EN SAN CIBRAO

CD. SAN CIBRAO 45 - C.B. BURELA 59

Moi bo ambiente no Pavillón Da Veiga en San Cibrao con moitos aficionados tanto locais coma de Burela nas gradas. Partido dos que crean aficción.
Partido serio o do noso equipo dominando o xogo dende o principio ata o final, aínda que no arreón final do equipo local, no último cuarto, non puxo en perigo a victoria, a pesar de que perdemos este cuarto.
Dominamos o rebote xogando en varias fases con tres xogadores "grandes". Pola nosa banda preferiamos un partido máis rápido pero a condensación fixo o parquet moi resbaladizo de aí a opción de xogar cos máis grandes. Tivemos unha boa circulación de balón e tiros cómodos que de estar un pouco máis finos no tiro farian posible unha victoria máis cómoda. Unha nova victoria para nós que nos dá tranquilidade, xa que gañar fóra non é fácil e máis complicado aínda se é un derby.

RESULTADOS POR CUARTOS:
1º Cuarto  9 - 17
2º Cuarto  7  -17
3º Cuarto 11 -13
4º Cuarto 18 -12

ANOTADORES: Jacobo PEDROSA, 25, MARTÍN 4, DAVID, SAMUEL, ANDRÉS 17, JAVI 2, RAFA, HÉCTOR 2, CRISTIAN 9, OMAR E ADRIÁN.
Categoría:Temporada:
Resultados y Clasificación|Calendarios|Equipos|Próximos Partidos
Resultados y Clasificación
2015/2016 3ª DIVISION MASCULINA

 


Jornada 3 25/10/2015
C. B. BECERREÁ - S.D.C. GARABOLOS60-5724/10/201518:00
C.D. SAN CIPRIAN - C. B. BURELA45-5925/10/201519:00
RESTAURANTE MONTERO TERRA CHA - C.B. CHANTADA ´B´54-4624/10/201520:00
PRAIA AUGAS SANTAS RIBADEO - CAFETERIA POLO C. B. SARRIA76-4925/10/201512:00

Clasificación Jornada
 EquipoP.J.P.G.P.P.P.F.P.C.PTO.R. 
1PRAIA AUGAS SANTAS RIBADEO3302051236+3
2C. B. BECERREÁ3301721596+3
3C. B. BURELA3211701585+2
4RESTAURANTE MONTERO TERRA CHA3211651585+1
5CAFETERIA POLO C. B. SARRIA3121571624-2
6C.D. SAN CIPRIAN3121331644-1
7S.D.C. GARABOLOS3031731883-3
8C.B. CHANTADA ´B´3031151783-3

Próxima Jornada 4 01/11/2015
PRAIA AUGAS SANTAS RIBADEO - C. B. BECERREÁ-01/11/201500:00
CAFETERIA POLO C. B. SARRIA - RESTAURANTE MONTERO TERRA CHA-31/10/201520:00
C. B. BURELA - C.B. CHANTADA ´B´-01/11/201500:00
S.D.C. GARABOLOS - C.D. SAN CIPRIAN-01/11/201512:00
Imprímelo

lunes, 19 de octubre de 2015

PRIMEIRA VITORIA DO SÉNIOR MASCULINO

CB. BURELA 59 S.D.C. GARABOLOS 54

Partido xogado no Pavillón Monte Castelo o sábado 17 ás 18:00 horas.
Primeira vitoria do noso equipo sénior masculino ante un bo rival que fixo unha defensa en zona.
Tivemos intres en que circulamos ben o balón contra a zona que xunto coa bos defensa presionante permiteunos ir ao descanso con 9 puntos de ventaxa.
No terceiro cuarto chegamos a estar 13 puntos arriba dando a impresión de que podiamos  romper o partido, a partir deste intre empezamos a precipitarnos tirando sin posicións claras e dando moitas facilidades ao rival, o que propiciou que chegaran a empatar e faltando 5 minutos que se puxeran 4 puntos arriba.
A partir deste intre voltamos  a defender con intensidade e o acerto no tiro permitiron chegar ao final con ventaxa de 5 puntos.
Os de Manolo obtiveron  a primeira vitoria, pero deben mellorar moito en concentración e ter máis tranqulidadeno xogo.
Resultado por cuartos:
1º cuarto  9  -10
2º cuarto 23 - 13
3º cuarto 15 - 18
4º cuarto 12 -13

Anotadores:
Martín 2, Samuel 2, Cristhian 17, David 2, Hector, Mario, Adrián, Rafa, Andrés 16, Jacobo 16 e Omar 4.

lunes, 12 de octubre de 2015

PRIMEIRO PARTIDO DE LIGA PARA O SÉNIOR MASCULINO


CB. BURELA 52 - CB. BECERREÁ 59
O pasado domingo 4 de outubro iniciábase a liga para o noso equipo sénior masculino, recibimos en Burela ao CB. Becerreá. Resultado final Burela 52 - Becerreá 59.
A pesar de que non fixemos un mal partido pasounos factura un inicio de temporada con poucos adestramentos e un só partido amisto de pretemporada, nun equipo que ten bastantes cambios respeto da anterior temporada. En cambio o Becerreá que ten o mesmo equipo do ano pasado era un equipo máis conxuntado.
Perdemos demasiados balóns e temos que pechar máis o rebote. Para o ser o primeiro partido non o fixemos mal de todo, concedemos demasiados ataques ao rival, hai que mellorar en defensa e practicar as axudas.
Resultados por cuartos:
1º Cuarto: 9 -12
2º Cuarto: 22-14
3º Cuarto 9 - 18
4º Cuarto 12 - 15
Xogaron e anotaron: Angel, Cristhian (16), Mario, Rafa, David (4), Adrián, Jacobo (19), Omar, Manolo (8) e Samuel (5).

viernes, 4 de septiembre de 2015

Horario dos adestramentos


Estes son horarios dos adestramentos da tempada 2015/2016.
Todos os interesados poden acudir aos pavillóns nos horarios correspondentes a falar co adestrador.




VOLTA Á ACTIVIDADE

NOVA TEMPORADA 2015/2016

Ao longo do presente mes de setembro comenzarán os adestramentos en todas as categorías, para as categorías alevín (nados en 2004 e 2005) benxamín (2006 e 2007)  e prebenxamín ( nados no 2008 e posteriores) comenza o 21 de setembro.
Na próxima entrada poñeremos os horarios semanais.
Todos os nenos/as que desexen xogar ao noso deporte poden poñerse en contacto co club no tlfno. 670563531.

lunes, 27 de abril de 2015

SENIOR FEMININO: Victoria para pechar a liga

Final da liga para as senior con bo sabor de boca


     Último partido de liga para o CB Burela na súa primeira experiencia na 1ª Autonómica Feminina e o equipo de Rubal buscaba deixar un bo sabor de boca diante da nosa afición, despois dunha liga onde xa cumpriran os obxectivos varias xornadas atrás.
   Só a baixa de Marta Álvarez (desde xaneiro non participou) e co equipo ó completo buscaba a victoria diante o calasancias de Coruña, rival que rematou a liga en quinta posición (nós seremos sextas) e que nos derrotara no partido de ida por 11 puntos en Riazor.

  Despois dun inicio dubitativo, con varias perdas de balón, o xogo e o marcador eran igualados (15-12).
  Moitas faltas e moitos tiros libres quitabanlle brillo ó xogo pero  a emoción parecía asegurada cun partido moi igualado (31-26 ó descanso), o noso equipo non era capaz de sacar diferencias no marcador pola mala selección de tiro, pero en defensa estaba cumplindo , non deixando anotar con fluidez ás coruñesas.
O noso equipo celebrando a victoria e o final de liga:
   Despois dun inicio pouco acertado da segunda parte, as visitantes lograron acercarse con tres triples da súa exterior Nimo, pero as transicións do equipo de Burela e un novo impulso da súa defensa individual revertiron a dinámica negativa para seguir incrementando a diferencia , dinámica que sigueu no último cuarto coas nosas xa por encima dos 10 puntos de ventaxa. Os últimos minutos son para esquecer, pois o equipo contrario centrouse máis nos árbitros que no partido polo que a diferencia final quedou en 17 puntos.

  Non foi o mellor partido da temporada, pero unha victoria para rematar a liga sempre senta ben, destacando o xogo de conxunto do equipo, sen depender en ataque de nungunha xogadora e coa participación de todas as xogadoras dispoñibles. As máximas anotadoras foron Mar e Adela con 13 puntos.

Clasificación final da 1ª Autonomica Feminina 2014/15
  Na clasificación un sexto posto cumple sobradamente co obxectivo da temporada, pero nos queda un mal sabor de boca dos 7 partidos perdidos por unha diferencia menor de 5 puntos, e de ter sorte en algún de esos partidos poderíamos falar dunha clasificación moito mellor.

  O adestrador Rubal recalcou o mérito de cada xogadora en individual e da excelente química do grupo , que con moitísimo esforzo e moi poucos medios plantou cara toda a temporada a clubes clásicos do basket feminino galego. Tamén debemos agradecer a nosa  afición o seu apoio en cada partido.

   Agora toca descanso , recuperar lesións e golpes e preparar o final de curso da maior parte das xogadoras coa incertidume de poder seguir competindo o ano que ven nunha liga na que este equipo debe estar por calidade e traballo.

lunes, 20 de abril de 2015

SENIOR FEMININO: Derrota axustada en Santiago

As Seniors caen en Santiago nun final moi axustado

   Penúltima xornada da 1ª Autonómica e derrota en santiago diante de La Salle por un axustado 69-65, nun partido no que a pesar da derrota as nosas consiguen de forma matemática eludir as dúas últimas prazas da liga a falta dunha xornada.

   Como ven sendo habitual, ás baixas habituais de Marta A., e Salomé sumouse Laura Chao que non viaxou ó estar lesionada e cun total de 8 xogadoras na acta se iba a  afrontar este partido. Pero un novo infortunio se iba a producir, Marta Cifu, a nosa capitana e xogadora máis destacada nos últimos partidos, se resentía de problemas musculares no quentamento ,polo que só quedaban para xogar 5 seniors e dúas juniors.

    O partido empezou de forma igualada, e un triple final das locais reduceu a desventaxa de 4 puntos a un das nosas (19-21) . Neste primeiro cuarto Lucía con 8 puntos daba ritmo  e  lideraba ó equipo .
  O segundo cuarto cambiou moito polo parcial en contra das locais (17-3 en seis minutos) cun gran acerto exterior e varias canastras afortunadas que contrastaban coas dificultades das de Rubal de acertar no tiro, con varios fallos en tiros cercanos, pero o grupo non desfalleceu e acercouse a 4 puntos ó descanso (39-35).

   Un novo mal cuarto das nosas tanto en defensa como en ataque xunto co gran acerto local desde a liña de 6,75 disparaba as diferencias por encima dos dez puntos (59-49, min.30) o que facía perigrar a victoria e, incluso o basketaverage (o CB Burela gañou de 15 como local), polo que se necesitaba cambiar a dinámica no último cuarto, no que as de Santiago cun predominio do tiro exterior, chegaban a ter ata 12 puntos arriba.  Outro esforzo das nosas, rebaixando pouco a pouco  as diferencias , nos colocaba cun esperanzador 67-65 no último minuto pero dous tiros libres das locais sentenciaban o partido.

    Destacaron Lucía Carabán  (tres triplas de catro intentos)e Margarita en ataque (gran final de partido).

    Unha lástima, todo o gran esforzo realizado sin premio final, lamentando as  canastras fáciles falladas (ata 7 tiros que entran habitualmente non se meteron), con decisións arbitrais moi discutidas, pero outro partido para estar orgullosos do noso equipo. Tamén debemos resaltar o mérito do equipo local, cun xogo exterior moi acertado (10 triplas, casi 50 puntos das tres xogadoras exteriores máis destacadas).

   Xogaron e anotaron : Fátima 8, Mar 10, Tania 2, Lucía 16, Margarita 23, Adela 2 e Celia 4.
    19 faltas (eliminada Mar, min 38). Parciais : 19-20/20-14/20-14/10-17

Clasificación e última xornada
   A vindeira xornada remata a liga e o CB Burela recibe a Calasancias Coruña (5º clasificado) coa sana intención de darlle unha alegría á nosa aficón, despois do apoio prestado todo o ano. No partido disputado en Coruña as nosas perderon por once puntos nun partido marcado polas ausencias e a lesión de nocello de Lucía Carabán.

   Rubal espera recuperar se é posible a Marta Cifuentes e a Laura, pero o seu estado físico debe ser óptimo para non correr ningún risco de lesión máis importante.