martes, 27 de enero de 2015

Canteira: Ben por abaixo e mal por arriba

Resultados positivos dos máis pequenos

   Nova xornada para aas categorías inferiores do CB Burela e resultados adversos dos máis grandes e moi positivos do máis pequenos.

  1. Junior masculino, coa derrota diantes do líder do grupo AXSC Innova Construcciones en Lugo por 72-50, derrota que entraba dentro do previsto e que sirve para empezar a volvar a coller o ritmo despois de varios resultados moi adversos. Os vindeiros partidos contra Monforte, Chantada e Galén poden darlle ó equipo de Manolo a clasificación para a fase do título, se manteñen a cuarta praza.
  2. Infantil masculino, derrota en Foz dos de Rogelio 39-31, despois dun inicio fatal onde chegaron a ter ata 21 puntos de desventaxa. O último cuarto deixou ver as posibilidades do equipo e deixou a diferencia final en 8 puntos. Partido moi parecido ó da 1ª volta e no que a superioridade física dos focenses volveu a ser decisiva. De todas formas o equipo rematou a 1ª fase en terceira posición e xogará a fase do título diantes dos de Foz, o CB Ribadeo, Cidade de Lugo, Estudiantes 02 e AXSC de Lugo.
    Clasificación final infantil masculina do grupo Norte
  3. Infantil feminino, coa dolorosa derrota en Ribadeo  45-43, despois dunha prórroga, nun partido no que as nosas tiveron a posesión para levarse a victoria. Quedan en terceira posición da liga e as de Madar rematarán a liga dentro de 15 día recibindo ó CB Viveiro nun partido sen trascendencia na clasificación final.
  4. Alevín masculino, con victoria clara no Pabillón Monte Castelo diante do CB Viveiro 61-45. 
  5. Alevín feminino, coa derrota inesperada en Burela diante do CB Viveiro 24-58, na que non tiveron opcións as nosas nun moi mal partido. Dolorosa derrota diante dun rival ó que se lle gañou con anterioridade  e pola diferencia final no marcador.
  6. Benxamín masculino federado, cunha victoria moi clara en Lugo diante Estudiantes Vermello 18-68. Os de Lolo pecharon a acta ó superar os 50 puntos de ventaxa e siguen en segunda posición na liga.
  7. Benxamín feminino, con derrota en Burela diante o CB Viveiro 21-27, no que as de Margarita sempre se mantiveron  no partido pero sempre teñen o hándicap de competir con equipos mixtos.
  8. Benxamín masculino escolar, victoria en San Cibrao contra as Escolas Deportivas locais 30-48
  9. Prebenxamín, con victoria en Xove 40-46, un impulso de moral para seguir adestrando e vendo as melloras dos máis pequenos.

lunes, 26 de enero de 2015

Un mal terceiro cuarto condena ás senior en Coruña

Derrota das senior en Coruña

  Último partido da 1ª volta da 1ª Autonómica Feminina e derrota das nosas diante de A.D. Calasancias por 59-48 no Pabillón de RiazorII. O equipo local era un gran adversario para as nosas ó estar clasificado en segundo lugar cunha victoria máis que o CB Burela, e as nosas intentaban acadar a cuarta victoria consecutiva.  O equipo de XM Rubal partía cunha rotación moi escasa pola ausencia das juniors vinculadas do CB Viveiro (por incompatiblidade de horarios), Salo e  da lesionada Lucía Paz que cumple as últimas etapas da sús longa recuperación. Polo tanto 8 xogadoras diante dun equipo moi físico sería unha complicación aínda maior.

Tania Paleo
  O partido foi moi igualado na primeira parte, onde as ventaxas foron escasas, rematando o primeiro cuarto 15-14 para as locais pero coa mala noticia da recaída da lesión de nocello de Lucía Carabán mo minuto 8 do partido, polo que xa non iba a participar máis no xogo. O segundo cuarto foi moi positivo para as nosas e a aportación de Margarita fixo conseguir unha máxima renda de 5 puntos (19-24) gracias ás variantes defensivas e ás transicións aínda que un arreón local volvía a igualar o partido 28-27. 

  A segunda parte foi moi distinta cun terceiro cuarto moi malo para as nosas e un acerto brutal das coruñesas desde a liña de 3 puntos (6 triples, 5 seguidos) o que disparou o marcador ata un casi decisivo 50-36 ó final do cuarto. A volta á defensa individual permiteu rebaixar a diferencia a 8 puntos pero o cansancio non fixo perigar a victoria das locais.

Marga, 20 ptos, en Coruña
  Destacou Margarita, cada vez máis entonada nesta liga, o esforzo de Marta Cifu e a aportación por dentro de Tania , que despois de varios anos sen xogar volve a disfrutar na cancha.

  Na parte negativa , a lesión de Lucía e os erros defensivos en segundas axudas, que deberán correxirse de inmediato.

  Polo CB Burela xogaron: Marta A., Mar 4, Laura, Tania 6, Lucía C.4, Marta Cifu 10, Margarita 20 e Adela 4.   13 faltas , eliminada Mar (min.38)     Parciales  15-14/13-13//22-9/9-12

 Na clasificación voltamos a caer ó sexto posto (empatadas coas quintas) e a vindeira semana iniciamos a segunda volta diante do lider Universitario de Ferrol no pabillón de Esteiro (domingo 17h.).

  Unha vez rematada a 1ª volta a bagaxe é moi positiva, competindo cara a cara con todos os equipos e para un equipo debutante con marxe de mellora , é unha clasificación moi meritoria, xustificando o esforzo persoal de xogadoras, técnico e clube para competir nunha liga na que demostramos cada fin de semana que é a nosa.
CLASIFICACIÓN DA 1ª VOLTA DA 1ª AUTONÓMICA

sábado, 17 de enero de 2015

Nova victoria das seniors

Terceira victoria seguida das seniors 

  Nova xornada da 1ª Autonómica e victoria do CB Burela diante La Salle Santiago 63-46, terceira consecutiva das nosas e cuarta en total . O equipo visitante iniciaba opartido cunha victoria menos e agora queda a dúas victorias na clasificación , na que o noso equipo pode subir ata a cuarta praza.

  Afrontaba Rubal o partido coas baixas de Laura (por estudos) e Salo, pero o resto do equipo non iba a deixar que se notaran as ausencias, e cun inicio igualado 9-10 parecía que iba a ser outra vez un partido igualado, pero as nosas nun bo final de cuarto culminado por un triple de Celia deixaban xa certa diferencia no marcador (18-10). O segundo cuarto foi igualado e as forasteiras deixaron o seu mellor baloncesto, colocándose a 3 puntos pero chegaban o descanso 6 abaixo (30-24).

  A segunda parte foi moi boa por parte do CB Burela, cunha gran circulación de balón, acerto no tiro e defensa por veces asfixiante, polo que o terceiro cuarto no que as nosas ofrecían o seu mellor baloncesto agrandaba  a diferencia ata un 50-38,  parcial que aumentaría  ata os 16 puntos de ventaxa nun final de partido no que as rivais vivían e morrían desde a liña de 6.75.

Celia, destacada
   Polas nosas, Margarita estivo acertada no tiro, Celia fixo o seu mellor partido como xogadora do CB Burela, e colaboraron  como sempre as demais xogadoras (Mar e Marta Cifu en dobres díxitos), destacando a aportación de Tania e Marta Alv. desde o banquiño.

  Xogaron e anotaron: Marta A., Fátima (6), Mar (10), Tania (2), Marta Cifu (12), Lucía C., Margarita (16), Adela (4) e Celia (13).
         17 faltas , eliminada Margarita min 37  18-10/12-14/20-14/
13-9

   A vindeira xornada as nosas visitan Coruña para enfrentarse ó Calasancias, segundo na clasificación , que a tempada anterior competían ben na 1ª Nacional (renunciando a súa praza), polo que será un difícil desprazamento.

Fin de Semana con só 4 partidos federados

HORARIOS DE SÁBADO 17

  Nova xornada das ligas federadas con pouca actividade dos nosos equipos e ningun partido de competición escolar (polas competicións de campo a través).

  • Premini:  CB BURELA-CB VIVEIRO, sábado 10,30h no Monte Castelo, boa oportunidade de ver os progresos dos máis pequenos.
  • Benxamín masculino federado, Estudiantes Lugo- CB Burela, no pabillón do Palomar o sábado ás 17h.
  • Infantil feminino, Ensino Lugo- CB Burela, Anexo do Pazo ás 16h.
  • Cadete feminino, Ensino Lugo- CB Burela, Anexo do Pazo ás 18h.
  • Senior feminino, CB Burela - La Salle Santiago, sábado 16h Pabillón Vista Alegre
 SORTE A TODOS/AS


CB BURELA - LA SALLE : sábado 16h


Resultados fin de semana

XORNADA DESIGUAL

  Despois dun fin de semana xon pouca actividade, o CB Burela consigueu victorias en categoría infantil e dúas derrotas en junior e senior masculino.

  • Gran victoria das infantís diante dun Estudiantes de Lugo moi limitado, cun tanteo final 47-15. As de Madar dominaron o partido de principio a fin e chegan na xornada 6 ó liderato compartido co Hotel Bouza Ribadeo (o Ensino Salesianos ten un partido menos disputado). A seguinte xornada visitan Lugo (sábado pola tarde, 16 h.) ó potente e candidato ó título Ensino Salesianos.
  • Victoria esperada dos infantís de Rogelio diante do Estudiantes 59-37, no que os nosos gañaron por ter mellores xogadores pero que deben mellorar o xogo colectivo. Diego Pardo liderou o ataque local ben axudado por Julián, Alex e Ángel. A vindeira xornada se xogarán a segunda praza da liga en Foz diante do Celtas Martínez, pois o liderato está desde fai tempo nas mans do Hotel Bouza de Ribadeo.
  • Derrota  moi abulatda dos juniors diante do Hotel Bouza de Ribadeo en Burela (39-66) no peor partido dos nosos. Despois dun primeiro cuarto esperanzador (12-11) os nosos viñéronse abaixo, sen rebote nin dirección na pista, polo que os visitantes engordaron a diferencia moi por encima da diferencia real entre os equipos. Cristhian e Miguel foron os mellores en ataque aínda que o máis destacado foi Damián . A vindeira xornada non terá partido pola petición de aprazamento do Galén lucense (xogarán o 14-2). Na clasificación o equipo segue na cuarta posición empartado co propio Galén, polo que deberá poñerse as pilas para asegurarse praza de paly-off polo título.
  • Derrota dos seniors en Ribadeo diante  do CB Ría de Ribadeo 62-55 nun mal partido dos de Manolo que non tiveron opcións durante os 40 minutos. A falta de dirección e calma no xogo de ataque e os despistes defensivos lastraron ó noso equipo. Con todo o final do partido rematou cunha diferencia que nos debe dar esperanzas de victorias na segunda volta. Jacobo con 16 puntos e randy con 13 lideraron ó CB Burela.

domingo, 11 de enero de 2015

Victoria axustada en Vigo

Victoria na prórroga do CB Burela

  Sexta xornada da 1ª Autonómica para as nosas rapazas senior e terceira victoria na liga en Vigo diante do Seis do Nadal-Coia.
  Intenso partido , moi igualado, entre dous equipos moi parellos, cun final de infarto no que as nosas tiveron gañado e perdido varias veces o partido pero que tivo que resolverse nunha prórroga na que as nosas souperon chegar con opcións ás últimas xogadas e aproveitar a oportunidade de sumar esta importante victoria.

 Desprazábase o equipò de Rubal coas baixas de Marta Alvarez, Laura Chao e Salo por motivos académicos, polo que a rotación das nosas quedaba reducida a 8 xogadoras. Tamén debemos resaltar que non chegaban no seu mellor momento polos problemas que tiveron durante as vacacións de Nadal para adestrar.

 De inicio xa se deixaba ver a igualdade co que iba a trancurrir o partido aínda que as nosas nun bo final de cuarto superaban as locais  12-17 facendo unha gran defensa con variantes tácticas. En ataque Mar e Lucía Carabán aportaban por dentro e por fora. O segundo cuarto foi igualado  e as locais conseguiron rebaixar as ventaxas para chegar ó descanso 3 puntos abaixo (26-29). Neste cuarto levou o peso anotador Margarita con 7 puntos consecutivos.
As nosas, celebrando a victoria

  Despois do descanso o CB Burela estivo por debaixo das súas posibilidades con moitas perdas de balón sen sentido, fallos en situacións fáciles e acusaron a intensidade defensiva local polo que as viguesas déronlle a volta ó marcador cun parcial 15-9, poñéndose 3 arriba (41-38) para iniciar o último cuarto con lixeiras ventaxas (de ata 4 puntos) pero as nosas voltaban ó seu xogo habitual e equilibraban o marcador gracias a aportación de Mar con 7 puntos no final do partido e neses minutos finais de infarto chegaban con empate a 54 e posesión en ataque de 9 segundos que non souperon aproveitar polo que se chegaba a outra prórroga . Cinco minutos finais cargados de presión, faltas e tiros libres para rematar cun tiro libre de Lucía C. nos poñía con ventaxa 59-60 que as locais non conseguían dar a volta nos últimos segundos.

  Polo CB Burela, xogaron : Fátima (1), Mar (19), Tania, Marta Cifu (6), Lucía Carabán (11), Marga (11), Adela (6) e Celia (6).  19 faltas eliminada Marga min.42  

   Gran victoria nun xélido pabillón de Balaídos, cun longo desprazamento (540 kms.) que permite ás nosas alcanzar a parte media da clasificación coas mesmas victorias que o 4º clasificado e unha victoria menos que as segundas clasificadas. Enorme o mérito das nosas xogadoras que coa base do equipo da pasada temporada compiten con todos os equipos da liga.

jueves, 8 de enero de 2015

A XORNADA (equipos federados): 10 /11 xaneiro

    Primeira xornada do 2015 con interesantes encontros :
  • Senior feminino, coa visita ó Seis do Nadal de Vigo, reedición da final de 2ª división do pasado 2014. O equipo de Rubal viaxa o sábado 10 (16h) a Vigo para intentar competir como nas anteriores xornadas aínda que ten varías dúbidas no plantel para viaxar.
  • Senior Masculino 3ª, coa visita ó colista Augas santas Ribadeo nun derby que de seguro será moi emocionante. Os de manolo terán unha moi boa oportunidade de certificar a súa meloría e trer a Burela unha nova victoria. será o domingo 11 ás 5 da tarde en Ribadeo.
  • Junior Masculino, recibindo ó CB Ribadeo, ó que xa venceu a domicilio e voltar a ter máis victrias que derrotas. A volta de Cristhian  será a mellor noticia neste primeiro partido da segunda volta. Será o sábado 10 ás 18h en Burela (Mte. Castelo).
  • Cadete Feminino, o equipo de Madar descansa ó ser un grupo impar.
  • Infantil Masculino, o equipo de Rogelio e Madar recibe ó EStudiantes 2001 , domingo 10.30h, que aínda non coñece a victoria, para afianzar a terceira posición e xogarse na vindeira xornada a segunda posición diante Celtas martínez en Foz.
  • Infantil Feminino, o equipo de Madar recibe ó Estudiantes 02 o domingo (12h) para seguir na estela de Ensino Salesianos na cabeza do grupo. É unha verdadeira oportunidade de sumar outra victoria diante dun equipo que só coñece a derrota na liga.
  • Benxamín masculino, descansda para preparar a visita a Lugo da seguinte xornada.
  SORTE A TODOS

miércoles, 7 de enero de 2015