lunes, 23 de febrero de 2015

Cruel final para as nosas senior

Derrota a falta de 2 décimas do CB Burela

    Novo partido das senior en Burela, despois dunha semana de parón ó ser unha liga impar, diante do Arxil de Pontevedra 64-65, nun final moi apretado e de gran emoción.

   A igualdade do partido de ida (victoria das nosas no último segundo) facía supoñer que o partido iba a ser igualado, pero as baixas que acumula o noso equipo (Lucía Carabán e Lucía Paz por lesión, Marta Alvarez e Laura Chao por estudos) deixaban moi reducido (8) o número de xogadoras na convocatoria polo que as visitantes partían como favoritas ó presentar o seu conxunto ó completo . 

   O inicio (0-8, min. 3) facía presaxiar outro mal partido das locais, pero un tempo morto de Rubal , a aparición de Margarita con 7 puntos seguidos e a volta ó xogo habitual daban a volta ó marcador (17-15 ó final do primeiro cuarto. A igualdade era a nota predominante ata o descanso e o 33-30 do marcador deixaba todo por facer na segunda parte.

Mar, entrando a canasta
   A segunda parte seguía con lixeiras diferencias da nosas (ata 8 puntos por encima e replicas visitantes (47-45 ó final do terceiro cuarto) coa boa labor de Mar na zona visitante e da pontevedresas Díaz e Taboada, alternando varias defensas os dous equipos sin que o encontro se decantase.  O último cuarto foi de infarto con diferencias mínimas, pero o cansancio local, cada vez máis evidente, xunto coas eliminacións  (Celia min.33 e Marta Cifu min. 38) polo que se perdeu a iniciativa no marcador, aproveitando as visitantes pérdidas de balón que lles deron bandexas fáciles. Pero O CB Burela nunca se rinde e consigueu revertir unha desventaxa de 3 puntos cunha canastra da junior Fátima e dous tiros libres de Adela para colocarnos arriba 64-63 a falta de 4 segundos. Catro segundos fatídicos nos que o equipo de Arxil consigueu un tiro da súa xogadora máis veterana que lles daba a victoria a falta de dúas décimas.

   Destacaron en Burela Mar inmensa na zona, Margarita dominante ata que unha defensa " de abrazo" das visitantes a sacaron do partido e unha Adela moi castigada na dirección do equipo. Polas visitantes a interior Díaz e a veterana Taboada levaron o peso do partido.

Clasificación actual
  Polo CB Burela xogaron e anotaron: Fátima (5), Mar (20), Tania, Marta Cifu (7), Margarita (16), Adela (12) e Celia (4).  24 faltas  Eliminadas Celia e Marta Cifu
    Parciais: 17-15 / 16-15 / 14-15 / 17-20

   Con este resultado o CB Burela pasa á séptima posición con 4 victorias en 10 partidos, e o vindeiro fin de semana haberá outro descanso para viaxar a Ourense o seguinte fin de semanadiante do potente Universitario Campus Ourense (sábado 7, 16h). Esperamos que o noso equipo recupere algunha das xogadoras ausentes no partido do domingo.

martes, 10 de febrero de 2015

Pleno da canteira !!!! (1ª parte federados)

Pleno de victorias dos equipos de base

  Nova xornada para os equipos de base do CB Burela e pleno de victorias para os nosos :

LIGAS FEDERADAS

  Junior masculino. Gran victoria dos junior en Chantada, despois de disputar unha prórroga 58-60. Importantísima pois deixa ós nosos a unha victoria de acadar a cuarta praza da liga, cun importantísimo partido contra Galén (5ºclasificado) o vindeiro sábado 14 en Burela (12h).

   Esta victoria na prórroga foi sustentada pola aportación en ataque de Cristhian e Miguel e coa colaboración defensiva de todos os xogadores, sobrepoñéndose a un triple forzadísmo a tabla para forzar a prórroga dos chantadinos e xogando con intelixencia no tempo extra para asegurar a victoria.

Equipo infantil en Lugo
   Infantil masculino. Outra gran victoria dos de Rogelio en Lugo (no Pazo Provincial ademáis) 34-51 contra  Cidade de Lugo , no que despois dun inicio dubitativo (empate a 23 no segundo cuarto) a defensa e a boa toma de decisións ofensivas levou ós nosos a borrar ós locais cun parcial demoledor de 0-14. O último cuarto, de trámite, sirveu para repartir minutos entre os dez xogadores desprazados.

  Máis mérito para este equipo é que o equipo rival era o primeiro clasificado da liga Sur.
   Destacaron Diego e Juli polos nosos dentro dun nivel bastante alto.
    A vindeira xonada inclúe un novo desprazamento a Lugo para xogar co Sagrado corazón 8dentro de 15 días.

Equipo infantil en Burela
  Infantil feminino.  Victoria moi clara diante do CB Viveiro en Burela 50-20, as de Madar no deron opción ás visitantes e siguen nunha moi interesante progresión que as leva  á segunda posición da liga, só superadas polo Ensino Salesianos. pasa ó grupo que loitará polo campionato e o vindeiro partido será en Lugo contra Cidade de Lugo dentro de 2 fins de semana.
Clasificación da 1ª faseda liga Norte
  Benxamín masculino. Doble victoria dos de Lolo, cunha  victoria 34-81 diante do Divina Pastora en Lugo, onde os menos habituais foron os que levaron o peso do partido, anotando e collendo confianza. O domingo recibiron en Burela ó Estudiantes Verde e nova victoria 62-25 do equipo xa cos mellores na pista. Os de Lolo seguen a toda máquina e só Cidade de lugo discute o seu liderato no grupo Norte. Os nosos son líderes provisionais e a vindeira xornada (cxa en marzo) visitan ó Cb Ribadeo
Clasificación Benxamín no grupo Norte

Os seniors suman unha nova derrota en Lugo

Derrota dos senior en Lugo

    Partido da 3ª división de baloncesto masculino e derrota en Lugo 63-51 no Pazo Provincial dos Deportes diantedo equipo colíder da categoría A.X. Sagrado Corazón.

   Os de Manolo coas baixas dos exteriores Randy e Humberto chegaban mermados para este difícil partido e tampouco viaxaban os juniors porque xogaban esa mesma tarde en Chantada, polo que a rotación quedaba en 9 xogadores disponibles.
Manolo e o seu equipo nun tempo morto en Lugo

    Bo partido dos de Burela, aínda que sempre foi por detrás no marcador, pero chegou ó último cuarto con opcións situándose a 3 puntos nun par de ocasións, pero algunhas precipitacións, rebotes defensivos que lle daban segundas e terceiras opcións ós lucenses, a falta de axudas defensivas e a entidade do rival fixo que non se chegara a igualar o partido e nas últimas posesións os lucenses conseguiron a súa máxima renta coincidindo co final do partido.

   Destacaron na ofensiva Jacobo (18), Héctor (17) e Ángel (11), sin poder esquecer o esforzo colectivo de este grupo que pouco a pouco lle vai pillando o aire á categoría.

Tiro forzado no Pazo dos Deportes de Lugo
   Agora o CB Burela afronta varios partidos contra rivais da zona medio-baixa da táboa , unha gran oportunidade de sumar victorias e escapar das últimas posicións da clasificación.


lunes, 2 de febrero de 2015

Dura derrota das senior en Ferrol

As senior firman o seu peor partido

   Mal viaxe das senior a Ferrol onde disputaron diante do líder o seu peor partido das últimas temporadas e encaixaron unha mersida derrota por un abultado 58-27.

   As baixas de Marta Álvarez e ,sobre todo, a de Lucía Carabán por lesión (esguince de nocello) lastraron ás nosas que só plantarpn cara durante os primeiros 10 minutos do partido.

    O partido foi igualado no primeiro cuarto (9-7) no que as defensas dos dous equipos se impuxeron ós ataques e no que o CB Burela non se foi por diante ó fallar varios ataques con tiros cercanos ó aro. 

   As ferrolanas, cun scouting previo do noso equipo en Coruña, sabían que un alto ritmo defensivo castigaría a rotación do noso equipo e castigaron ás titulares cunha defensa dura e un ataque implacable que abreu diferencias antes do descanso (28-11) despois do colapso total do ataque das de Rubal (só unha canastra en xogo no 2º cuarto). 

A segunda parte debía ser un tempo para a reacción das nosas que en defensa non desentonaban pero que fallaban moito en tiros claros e nas perdas de balón (¡¡27 en todo o partido!!), polo que as ferrolanas aumentaban a diferencia cada minuto  (44-17, min 30) para chegar a superar os trinta puntos no final do partido.
Adela

   As claves de esta derrota tan abultada diante dun equipo co que se compiteu en Burela foron varias: a falta de acerto no tiro, as perdasde balón de pases fáciles, o desánimo do equipo despois do segundo cuarto que, sumado a enfrentarse a un equipo moi ben preparado tanto en defensa como en ataque que está a dominar a categoría, foron factores que sumaron en contra dos intereses das nosas xogadoras.

   Aparte se debe reseñar a labor arbitral, que deixaba a unha defensa moi forte e de contacto só con 13 faltas(4 na segunda metade) e castigaba calquer contacto visitante con 23 faltas.

   Non podemos destacar o bo xogo de ningunha das nosas xogadoras, pero tanto a capi Marta como a castigadísima Adela pelexaron con gran corazón todo o partido.

    Polo CB Burela xogaron:  Fátima, Mar (5), Laura, Tania, Celia (4), Marta Cifu (9), Margarita (2), Adela (7) e Salo.   23 faltas     9-7/19-4//16-6/14-10

  Agora toca parón por xornada de descanso e outra xornada sim partido polo Entroido para recibir ó Arxil de Pontevedra o vindeiro 22 de febreiro. Toca descansar, recuperar lesións e golpes, traballar nos adestramentos. sufrir adestrando para volver a disfrutar nos partido de bo xogo e mellores resultados.

  Na clasificación, mantemos o sexto posto, con 4 victorias e 5 derrotas