lunes, 27 de abril de 2015

SENIOR FEMININO: Victoria para pechar a liga

Final da liga para as senior con bo sabor de boca


     Último partido de liga para o CB Burela na súa primeira experiencia na 1ª Autonómica Feminina e o equipo de Rubal buscaba deixar un bo sabor de boca diante da nosa afición, despois dunha liga onde xa cumpriran os obxectivos varias xornadas atrás.
   Só a baixa de Marta Álvarez (desde xaneiro non participou) e co equipo ó completo buscaba a victoria diante o calasancias de Coruña, rival que rematou a liga en quinta posición (nós seremos sextas) e que nos derrotara no partido de ida por 11 puntos en Riazor.

  Despois dun inicio dubitativo, con varias perdas de balón, o xogo e o marcador eran igualados (15-12).
  Moitas faltas e moitos tiros libres quitabanlle brillo ó xogo pero  a emoción parecía asegurada cun partido moi igualado (31-26 ó descanso), o noso equipo non era capaz de sacar diferencias no marcador pola mala selección de tiro, pero en defensa estaba cumplindo , non deixando anotar con fluidez ás coruñesas.
O noso equipo celebrando a victoria e o final de liga:
   Despois dun inicio pouco acertado da segunda parte, as visitantes lograron acercarse con tres triples da súa exterior Nimo, pero as transicións do equipo de Burela e un novo impulso da súa defensa individual revertiron a dinámica negativa para seguir incrementando a diferencia , dinámica que sigueu no último cuarto coas nosas xa por encima dos 10 puntos de ventaxa. Os últimos minutos son para esquecer, pois o equipo contrario centrouse máis nos árbitros que no partido polo que a diferencia final quedou en 17 puntos.

  Non foi o mellor partido da temporada, pero unha victoria para rematar a liga sempre senta ben, destacando o xogo de conxunto do equipo, sen depender en ataque de nungunha xogadora e coa participación de todas as xogadoras dispoñibles. As máximas anotadoras foron Mar e Adela con 13 puntos.

Clasificación final da 1ª Autonomica Feminina 2014/15
  Na clasificación un sexto posto cumple sobradamente co obxectivo da temporada, pero nos queda un mal sabor de boca dos 7 partidos perdidos por unha diferencia menor de 5 puntos, e de ter sorte en algún de esos partidos poderíamos falar dunha clasificación moito mellor.

  O adestrador Rubal recalcou o mérito de cada xogadora en individual e da excelente química do grupo , que con moitísimo esforzo e moi poucos medios plantou cara toda a temporada a clubes clásicos do basket feminino galego. Tamén debemos agradecer a nosa  afición o seu apoio en cada partido.

   Agora toca descanso , recuperar lesións e golpes e preparar o final de curso da maior parte das xogadoras coa incertidume de poder seguir competindo o ano que ven nunha liga na que este equipo debe estar por calidade e traballo.

lunes, 20 de abril de 2015

SENIOR FEMININO: Derrota axustada en Santiago

As Seniors caen en Santiago nun final moi axustado

   Penúltima xornada da 1ª Autonómica e derrota en santiago diante de La Salle por un axustado 69-65, nun partido no que a pesar da derrota as nosas consiguen de forma matemática eludir as dúas últimas prazas da liga a falta dunha xornada.

   Como ven sendo habitual, ás baixas habituais de Marta A., e Salomé sumouse Laura Chao que non viaxou ó estar lesionada e cun total de 8 xogadoras na acta se iba a  afrontar este partido. Pero un novo infortunio se iba a producir, Marta Cifu, a nosa capitana e xogadora máis destacada nos últimos partidos, se resentía de problemas musculares no quentamento ,polo que só quedaban para xogar 5 seniors e dúas juniors.

    O partido empezou de forma igualada, e un triple final das locais reduceu a desventaxa de 4 puntos a un das nosas (19-21) . Neste primeiro cuarto Lucía con 8 puntos daba ritmo  e  lideraba ó equipo .
  O segundo cuarto cambiou moito polo parcial en contra das locais (17-3 en seis minutos) cun gran acerto exterior e varias canastras afortunadas que contrastaban coas dificultades das de Rubal de acertar no tiro, con varios fallos en tiros cercanos, pero o grupo non desfalleceu e acercouse a 4 puntos ó descanso (39-35).

   Un novo mal cuarto das nosas tanto en defensa como en ataque xunto co gran acerto local desde a liña de 6,75 disparaba as diferencias por encima dos dez puntos (59-49, min.30) o que facía perigrar a victoria e, incluso o basketaverage (o CB Burela gañou de 15 como local), polo que se necesitaba cambiar a dinámica no último cuarto, no que as de Santiago cun predominio do tiro exterior, chegaban a ter ata 12 puntos arriba.  Outro esforzo das nosas, rebaixando pouco a pouco  as diferencias , nos colocaba cun esperanzador 67-65 no último minuto pero dous tiros libres das locais sentenciaban o partido.

    Destacaron Lucía Carabán  (tres triplas de catro intentos)e Margarita en ataque (gran final de partido).

    Unha lástima, todo o gran esforzo realizado sin premio final, lamentando as  canastras fáciles falladas (ata 7 tiros que entran habitualmente non se meteron), con decisións arbitrais moi discutidas, pero outro partido para estar orgullosos do noso equipo. Tamén debemos resaltar o mérito do equipo local, cun xogo exterior moi acertado (10 triplas, casi 50 puntos das tres xogadoras exteriores máis destacadas).

   Xogaron e anotaron : Fátima 8, Mar 10, Tania 2, Lucía 16, Margarita 23, Adela 2 e Celia 4.
    19 faltas (eliminada Mar, min 38). Parciais : 19-20/20-14/20-14/10-17

Clasificación e última xornada
   A vindeira xornada remata a liga e o CB Burela recibe a Calasancias Coruña (5º clasificado) coa sana intención de darlle unha alegría á nosa aficón, despois do apoio prestado todo o ano. No partido disputado en Coruña as nosas perderon por once puntos nun partido marcado polas ausencias e a lesión de nocello de Lucía Carabán.

   Rubal espera recuperar se é posible a Marta Cifuentes e a Laura, pero o seu estado físico debe ser óptimo para non correr ningún risco de lesión máis importante.

sábado, 18 de abril de 2015

Axenda 18/19 abril

Partidos CB Burela 18/19 abril

Novo fin de semana de competición cos seguintes partidos:

  •     Benxamín Feminino, amigable en San Cibrao co grupo mixto benxamín das Escolas Deportivas do  Concello de Cervo.
  •     Benxamín Masculino (Premini), Galén - Cb Burela , Lugo, sábado 18 12,30h.
  •     Infantil Feminino: Galén - CB Burela , Lugo, sábado 18 12,30h.
  •     Infantil Masculino: Celtas-Martínez Foz / CB Burela, Foz, domingo 19 18h.
  •     Senior feminino, La Salle - CB Burela , Santiago , domingo 19, 19h.
 SORTE A TOD@S

La Salle - CB Burela


miércoles, 15 de abril de 2015

CANTEIRA : Pleno de triunfos para o CB Burela

Victorias en infantís e premini

  Gran fin de semana para o Cb Burela en categoría de formación , cun pleno de victorias nos tres partidos disputados:

Equipo ó completo Infantil Feminino do CB Burela
  1. Infantil Feminino, victoria fácil en Monforte  diante do Val do Lemos 21-49, onde as de Madar fixeron un bo partido e non deron opcións ás locais. Despois dunha primeira parte axustada (8-19) as nosas puxeron a directa e levaron unha merecida victoria.  Destacou Aida con 10 puntos ben secundada por Paula P., Carla, Kesia e Paula N. Agora o equipo ocupa a 4ª praza do grupo polo título provincial, aínda que non ten moitas opcións de subir postos na clasificación.
  2. Infantil Masculino, victoria sen brillo diante do colista AXSC Hierros Ferreiro por 55-49, Os visitantes sempre foron a remolque, con diferencias que chegaron a superar os 10 puntos, pero os de Rogelio non estiveron precisos no pase e perderon moitos balóns fáciles polo que os visitantes foron recortando diferencias ata empatar o partido a falta de 3 minutos. A volta á orde en ataque e varias defensas correctas devolveron a ventaxa e aseguraron a victoria en Burela.
    Tempo morto do equipo infantil masculino
    Destacou David, e sumaron máis de 10 puntos Diego e Ángel polos nosos.   O equipo está cuarto e ten moi compricado acadar a terceira posición pois agora toca xogar cos rivais máis fortes, empexando o vindeiro domingo en Foz e o seguinte recibindo ó campión, Hotel Bouza Ribadeo.
  3. Premini masculino, enorme paso adiante dos de Lolo coa victoria en Monforte diante do Val do Lemos Desguaces Manolo por 65-76, equipo imbatido ata que os nosos conseguiron esta importante victoria. Os de Lolo dan outro paso xigante hacia o título provincial aínda que a relaxación é mala compañeira no deporte. Destacou de novo Antón (38 puntos) e Diego, que son os líderes do conxunto. Toca recibir ó Maristas de Lugo , que será un rival moi asequible para este equipo que nos deu esta temporada moitas ledicias.

Senior Masculino: victoria no derbi para despedir a liga

Victoria dos seniors diante de Ribadeo

   Última xornada de liga e victoria no derbi diante do rival comarcal Praia Augas Santas Ribadeo por 47-39. O equipo de Manolo quería acabar con bo sabor de boca a primeira temporada de este equipo senior en competición e que mellor rival que outro equipo da comarca no pabillón de Vista Alegre.

Equipos junior e senior con Manolo
    O inicio do partido foi pobre (3-7, min 10) e os de Ribadeo tiñan un lixeira ventaxa ó descanso que o noso equipo soupo contrarrestar nun bo terceiro cuarto (gañando por 6) e consolidar no último periodo. Destacaron os irmáns Pedrosa (Diego e Jacobo) en ataque e o esforzo do resto do plantel.

   Na liga non poideron esquivar as 2 últimas posicións (hai que disputar unha liguiña de descenso a 4ª división) polo mal inicio de liga , con 8 derrotas nos primeiros 10 partidos. A segunda volta xa nos deu idea do potencial do equipo aínda que sempre estivo lastrado polas ausencias de xogadores veteranos.
Clasificación final 3ª Lugo

  Cun pouco de sorte este equipo podería estar pelexando por estar nas 4 primeiras prazas, pero agora queda unha liguiña co último clasificado de Lugo (Enfoca Asesores) e un equipo de Coruña (CB Xerión, o outro equipo renunciou a disputar esta fase) no que os de Manolo deben dar mostra do seu nivel e acadar a permanencia na terceira provincial .

  
 Podes ver no cadro de abaixo (clicando se agranda) o calendario de esta fase

Junior masculino : Último partido para acabar cuartos

Final de liga dos juniors

  JUNIOR MASCULINO
Cristhian tirando
   Final de temporada dos junior co obxetivo cumprido do ano: ser os mellores da costa e o mellor equipo de fora da capital lucense. A eliminatoria polo terceiro posto contra Estudiantes de Lugo xa estaba moi complicada por perder de 14 puntos na ida en Lugo (só con 5 xogadores) e o partido de volta (con 6 na acta) non parecía moi aberto. E así foi , o equipo de Manolo perdeu en Burela por 40-59 nun partido no que a capacidade física do rival e a ausencia de rotacións do nosos foi outra vez decisiva.

   Pero debemos quedarnos co esforzo e a gran temporada do equipo, sempre corto de efectivos, plantando cara durante todo o ano e cun xogador metido no quinteto ideal da competición : Cristhian.

  Debemos de felicitar ó seu adestrador Manolo xunto  co grupo : Cristhian, Miguel, Damián, Rafa, Ángel, Román, Mario e Álvaro (lesionado desde finais de 2014). Nin as baixas por lesión, operacións, emfermidades, viaxes, etc conseguiron para a este equipo que volveu a destacar a nivel provincial.

  Por último, tamén merecen mención os cadetes Rafa Noel e Ángel que preferiron sumar para o junior do CB Burela que irse a outros equipos da comarca para xogar na categoría da súa idade.
Rafa, Álvaro, Mario, Román e Manolo (arriba) Noel, Cristhian, Miguel, Ángel e Damián (abaixo) 

lunes, 13 de abril de 2015

Victoria das senior en Burela

Sexta victoria das senior diante Seis do Nadal

    Decimoséptima xornada da 1ª Autonómica Feminina e partido do CB Burela como local diante Seis do Nadal -Coia de Vigo, equipo cunha victoria máis que as nosas polo que unha victoria deixaría ós dous equipos empatados pero co basketaverage favorable ás nosas .

   Os partidos da temporada pasada na final da 2ª foron dous partidos moi igualados e no partido da 1ª volta resolveuse en Vigo na prórroga, polo que se preveía un partido moi igualado e emocionante.

   E o principio do partido parecía que se iba a romper esta dinámica igualada, cun Burela lanzado en ataque, poderoso en defensa cun parcial de 23-6 ó final dos primeiros 10 minutos. Todo o potencial do equipo quedaba demostrado nun cuarto casi perfecto.

   Pero o segundo cuarto o equipo se atascou en ataque (só unha canastra en xogo e 5 puntos en total), pero a defensa impedía anotar con fluidez ás viguesas polo que a diferencia ó descanso estaba por encima dos 10 puntos (28-15). 

Adela coa súa tarta de cumpreanos
   O descanso debía servir para refrescar ideas, pero a presión visitante xunto coa mala fortuna de tiros fáciles e a precipitación lles daba outro parcial favorable ás visitantes que conseguían baixar dos 10 puntos de desventaxa antes de empezar ó último cuarto (37-28). Quedaban 10 minutos nos que as de Coia non deixaron de presionar ás nosas con éxito (pérdidas de balón non habituais) ata poñerse a 1 punto (41-40) a falta dos últimos 5 minutos. Un tempo morto de Rubal, un cambio defensivo e o cansancio das de Vigo déronlle a volta ó partido cun parcial final de 10-3, froito da fe das nosas e de xogar máis valientes e agresivas. O resultado final foi cómodo cun 51-44 que non fixo perigrar a victoria final.

   Polas nosas destacou Marta en ataque, e o esforzo de todo o plantel (8 xogadoras, despois da baixa a última hora de Laura). Destaca tamén que esta victoria sirveu para festexar o cumpreanos de Adela.


          Xogaron : Fatima 2, Mar 10, Tania, Marta Cifu 15, Lucí Ca 4, Margarita 8, Adela 6 e Celia 6.
     18 faltas , sen eliminadas - Parciais : 23-6/5-9/9-13/14-16

  Con esta victoria o equipo volve á sexta praza , viaxando o vindeiro domingo a Santiago para xogar con La Salle (penúltimo clasificado).
Clasificación actual




viernes, 10 de abril de 2015

Axenda do fin de semana

Moito basket para ver en Burela

      Primeira xornada de abril das ligas e cruces FGB e moito baloncesto en Burela para ver e disfrutar

   Sábado 11 :  
16h. (Vista Alegre), Junior masculino  CB Burela-Estudiantes de Lugo. Os de Manolo buscan acabar con victoria un ano positivo despois de perder cunha diferencia de 14 puntos en Lugo nun partido ó que se desprazaron só con 5 xogadores dispoñibles.
 20h. (Vista Alegre), Senior Masculino 3ª), derby con maiúsculas CB Burela-Augasantas Ribadeo. Último partido de liga regular para os seniors, buscando as boas sensacións da 2ª volta.

 En Monforte de Lemos
  18h.  Premini  Val do Lemos- CB Burela A.  os de Lolo buscan a primeira victoria da fase de título provincial en Monforte. Os de Monforte están imbatidos e dominaron o grupo Sur con autoridade.

   18h. Infantil Feminino, Laybe Monforte-CB Burela as de Madar buscan unha victoria  diante as colistas da liga.

  Domingo 12:  
  12h (Monte Castelo), Infantil masculino CB Burela -Hierros Ferreiro Lugo, os de Rogelio buscan a victoria despois de 4 derrotas consecutivas, buscando as sensacións e xogo dos promeiros partidos da fase polo título.

  17h., (Monte Castelo), senior feminino, CB Burela- Seis do Nadal -Coia, as de Rubal buscan unha nova victoria diante dun equipo ó que lle gañaron na 1º volta na prórroga. Seguro que a emoción non faltará. O hándicap de cambiar de pabellón non é `positivo pero  non debe afectar ó xogo das nosas.
                       

sábado, 4 de abril de 2015

Volve a 1ª AUTONÓMICA


O Benxamín masculino, campión de liga federada

O Premini federado CAMPIÓN da liga Norte

Lolo
Adestrador
Premini
CB Burela
   O equipo Benxamín A do CB Burela consigueu en Lugo rematar na primeira posición do grupo Note da Liga Premini de Lugo (federación, non escolar), conseguindo así outro novo fito para o noso clube e poder participar na fase do título provincial con moitas posibilidades de rematar nas primeiras posicións, optando ó titulo de mellor equipo da provincia de Lugo.

   O grupo co seu adestrador Lolo á cabeza  desprazábanse a Lugo para medirse co conxunto co que perderan en Burela no seu único lunar da temporada (Cidade de Lugo, invicto na liga). ademáis tiñan que remontar seis puntos de esa derrota para ter posibilidades de ser campións, e nun gran partido non só foron capaces de gañar senón que tamén conseguiron remontar a diferencia gañando por trece puntos en Lugo (46-59) polo que se proclamaron campións de liga.
Nico,  Jorge Vivero, Dani, Antón, Fernando, Jorge Fanego
Marcos, Joaquín, Pablo Alonso, Adrián e Diego Novoa
   Pero non foi fácil, a defensa preparada polos lucenses xunto coa permisividade arbitral fixo máis dificil o partido, cunha defensa propia das artes marciais sobre os nosos mellores xogadores, que se sobrepuxeron a esta presión e conseguiron esta brillante victoria.

Clasificación Liga Norte Lugo 2014/15
   Agora toca coñecer ós mellores do grupo Sur, O Val do Lemos (imbatido), Galén e Maristas (de Lugo os dous), nunha fase polo título que parece moi interesante e competida.

  Podes ver a clasificación no cadro da esquerda.

x

COPA DEPUTACIÓN: Mala sorte para as infantís e cadetes

Copa Deputación : os infantís subcampións

   O pasado domingo disputouse a Copa Deputación de Lugo para as categorías infantil e cadete, coa presencia por parte do CB Burela dos equipos infantis Masculino e feminino e o equipo cadete feminino, aportando á copa un total de 38 deportistas de estas categorías. A sorte foi esquiva co equipo infantil feminino,  equipo masculino cumpreu coas espectativas e as cadetes non tiveron o mellor día diante de equipos máis completos.
  1. Equipo cadete feminino, con Madar ó frente e dúas derrotas diante do Sup. Claudio de Lourenzá (13-23) e do CB Sarria (12-41), quedando fora das semifinais. O equipo de Lourenzá coa súa defensa zonal non deixou que brillasen as individualidades do noso equipo e o equipo de Sarria foi moi superior (é o campión provincial). Ademáis a nova máis triste foi a lesión de Paula (un golpe moi forte nas costelas) que necesitou atención médica e que se perde varias semanas de competición e torneos.
  2. Equipo Infantil feminino, con moi mala sorte pois merecían algo máis polo seu esforzo e valentía durante os dous partidos da primeira fase, perdendo por escaso marxe diante do Ensino Vermello (18-21) e do Estudiantes (18-20), quedando fora das semifinais. Un pouco de sorte levaría ás nosas a semifinais ou máis arriba pero as de Madar volven para Burela con dúas derrotas pero coa cabeza moi alta e orgullosas do esforzo realizado.
    CB Burela Infantil nun partido no Pazo dos Deportes de Lugo
  3. Equipo Infantil Masculino, nunha competición moi reducida gañaron a Hierros Ferreiro (47-32), nun partido matinal no que só con chispazos individuais chegou para gañare pola tarde perderon co Hotel Bouza Ribadeo (45-69), nun partido que aguantaron no primeiro cuarto pero que os rivais aproveitaron un baixón dos nosos para irse 20 puntos arriba e ser campións. Mellores sensacións do equipo de Rogelio diante do equipo dominadorde esta temporada ó que lles gañaron algún cuarto. As ausencias (só 8 xogadores dispoñibles) non deben ser escud¡sa para o seu rendemento.

miércoles, 1 de abril de 2015

COPA DEPUTACIÓN (1ª parte): Os Preminis campións en masculino e feminino

Os dous preminis gañan a Copa Deputación

  Fin de semana intenso para o CB Burela coa disputa da Copa Deputación de Baloncesto Base. Na categoría de Minibasket (ata os 12 anos) a sede foi Ribadeo (con mois boas e novas instalacións adicadas ó basket) e participaban 4 equipos (1 alevín mixto: Mini e 3 benxamíns: Premini) e foi todo un éxito para o noso clube coa victoria  dos conxuntos participantes en categoría premini. Destaca o feito de que era a representación de premini máis importante do evento.

     En categoría Premini masculino o equipo A de Lolo gañou de forma brillante a competición, gañando con amplos marxes e coa participación de todos os nenos desprazados a Ribadeo, destacando de forma individual a aportación de Antón Expósito e de Diego Novoa . Os nosos gañaron a Maristas de Lugo (72-30), ó CB Viveiro (54-18) e na final ó Hotel Bouza Ribadeo (74-38). Unha nova alegría para este equipo que quedou na primeira posición da liga provincial no seu grupo Norte, e que vai iniciar a fase decisiva polo título provincial despois das vacacións de Semana Santa.
  En Cambio o equipo B tamén con Lolo ó frente non pasou da primeira ronda porque está formado por xogadores de primeiro ano e xogadores de iniciación (6 e 7 anos), tendo que medirse na cancha con nenos que lles levaban ata 3 anos, cunha diferencia física moi grande. Pero Alvaro, Nico, Raúl, Pablo, David e Gabriel competiron e xa deron pinceladas do que poden dar no futuro.

     En Premini feminino, as nosas dirixidas por Margarita gañaron unha final moi reñida a Estudiantes de Lugo por 29-26. Un partido cun inicio explosivo das nosas (14-2) que se igualou pero no que as de Marga non deixaron escapar nun frenético final . Destacou Nuria nas nosas, e a  participación de Henar sendo aínda xogadora de iniciación. Na foto da esquerda se pode ver a todo o grupo celebrando a victoria coa copa e as camisetas de agasallo por parte da Deputación, cun gran ambiente no equipo que se ve nos seus grandes sorrisos.



    En Mini Masculino/Mixto os/as de Madar non tiveron sorte e perderon en cuartos co Galén (que despois disputaría a final) 58-61. As ausencias de xogadores destacados (Pablo F.) e os nervios no final do partido non deixaron ós nosos comandados por Hugo pasar a semifinais. O feito de participar cun equipo formado por nenos e nenas de dous conxuntos que xogan competicións diferentes tamén foi un lastre para o CB Burela. Con todo durante fases do encontro foron por diante e só os lanzamentos exteriores de tres puntos dos de Lugo no final de partido fixeron que este grupo quedara eliminado. Outra vez a sorte lles dará o seu lado máis agradable.

     Un éxito para a base do noso clube, no que debemos destacar ós xogadores/as, adestradores/as e pais e nais que fan que o baloncesto exista en Burela e que nos depare éxitos como os de Ribadeo.
Grupo de MInibasket da Copa Deputación 2015 en Ribadeo