martes, 19 de abril de 2016

ÚLTIMO PARTIDO DA TEMPORADA PARA O SÉNIOR MASCULINO

VILALBA 71 -  CB. BURELA 46


Partido para rematar a temporada e onde non nos xogabamos nada e no que optamos por que xogasen todos aqueles que non son habituais coma Angel e Ortega.
Os tres primeiros cuartos foron bonitos e igualados, pero o último foi un desastre pola nosa banda a igual que a arbitraxe.
Felicitar a todos os nosos xogadores pola temporada realizada e que nos quedamos as portas de disputar o ascenso de categoría.
ANOTADORES: Mario, Héctor 9, Manolo 7, Samuel 3, Ortega 9, Rafa 8, adrián 4 e Martín 4.

RESULTADOS PARCIAIS:
1º CUARTO :  19  -  16
2º CUARTO :  10  -  18
3º CUARTO :  17  -    8
4º CUARTO :  25  -   4

AO INFANTIL MASCULINO FAISELLE COSTA ARRIBA O XOGAR A FASE POLO TÍTULO

CIDADE DE LUGO 62 - CB. BURELA 26


Coma en case toda esta fase saímos a cancha sentindonos inferiores, temos que aprender a saír sen complexos e seguro que o rival atopaba máis dificultades. Costounos saír da presión que nos fixeron ao longo dos 40 minutos e regalamos demasiados balóns ao contrario, non tanto polo acerto deles senón máis ben polos nosos erros.
Manolo manifestaba ao final do encontro que non entende como un equipo que xoga tan ao límite coas mans e pernas e cargando ao contrario nos desprazamentos defensivos se lle permita polos árbitros, nestas categorías non se deben permitir tantos contactos que sempre benefician ao equipo que xoga máis duro.

RESULTADOS PARCIAIS:
1º CUARTO :  17  -  5
2º CUARTO :  14  -  8
3º CUARTO :  17  - 11
4º CUARTO :  14  -  2
ANOTADORES. Martiño 1, Alex 10, Cristian, Xoel 2, Daniel, David 8, Aarón 5, e Iván.

RESULTADOS FIN DE SEMANA 16 - 17 DE ABRIL

RESULTADOS DESTA FIN DE SEMANA


1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA FEMININA
CB. BURELA 59 - PORRIÑO 42

DIVISIÓN MASCULINA
VILALBA 61  - CB. BURELA 46

2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA
CIDADE DE LUGO 62 - CB. BURELA  26

MINI MASCULINO
COLEXIO FINGOI 54 - CB. BURELA 79
GALÉN  49 - CB- BURELA  62

PREMINI MASCULINO
CB. BURELA 22 - FRANCISCANOS 26

miércoles, 6 de abril de 2016

FOTOS DOS PREMINI


O equipo premini masculino celebrando o título de campión da copa Deputación e foto que publica o xornal o progreso no día de hoxe 6/abril/2016




Mostrando IMG_20160406_192953.jpgMostrando IMG_20160406_192953.jpgMostrando IMG_20160406_192953.jpg

NON FOI POSIBLE, O CB. AUGAS SANTAS DE RIBADEO ASPIRARÁ A 2ª DIVISIÓN

CB. BURELA  44 - CB. AUGAS SANTAS RIBADEO 56


Partido dos que fan afección, moita xente nas gradas das dúas aficcións animando aos seus equipos.
Empezamos moi ben o partido con defensa na liña de pase, dificultando a súa circulación  e maniatando o seu xogo interior. A medida que o partido avanzaba cada vez tivemos máis dificultades en realizar o noso xogo, xa que Ribadeo ten xente con moita experinecia e que é difícil de marcar.
Ata o terceiro cuarto fomos capaces de estar no partido, o que nos fundiu foi a precipatación de cuarto cuarto, no que xogamos de maneira moi individual esquecendo o xogo de equipo que nos dera bo resultado no primeiro cuarto. Outra lagoa no partido foi o escaso acerto no tiro e unha pouca máis de consistencia no rebote no que seguramente influiu a falta do noso mellor xogador, lesionado, Andrés, que estivo a paslo mal na grada no podendo intervir no xogo.
Felicitar al Augas Santas por ser o campión da 3ª división provincial e desexarlle acerto na fase de playoff de ascenso.
RESULTADOS PARCIAIS:
1º CUARTO :  21 - 11
2º CUARTO :   5  - 12
3º CUARTO :  10 - 14
4º CUARTO .   8  - 19

ANOTADORES: Martín 5, Samuel 8, Cristian 5, Javi 4, Manolo 9, Héctor 4, Mario, Rafa, Miguel Rivas, Omar, Adrián, Pedrosa 9.

INFANTIL MASCULINO: CB. BURELA 19 - CIDADE DE LUGO 56

Mostrando IMG_20160406_192953.jpgMAL PARTIDO DO EQUIPO INFANTIL MASCULINO


 Costounos máis do debido  salir da presión a que nos someteu Cidade, xa que abusamos do bote  e non invertimos o balón coa fluidez pecisa. Tampouco  estivemos moi acertados na defensa, xa que desde a distancia non se defende. Démoslles demasiadas facilidades ao adversario.
Esta liguiña tennos que valer para aprender a competir, sen mirar demasiado ao resultado.

RESULTADOS PARCIAIS:
1º CUARTO :  3 - 18
2º CUARTO :  4 - 7
3º CUARTO :  7 - 13
4º CUARTO :  5 - 18

ANOTADORES: Martiño, Hugo, Alex 3, Cristian, Iván, Xoel, Daniel 3, David 7, Aaron 2, Antón 4

lunes, 4 de abril de 2016

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO 2-3 DE ABRIL

Mal fin de semana en canto a resultados.

3ª DIVISIÓN SÉNIOR MASCULINO
CB. BURELA  44 - CB. RIBADEO 56

2ª DIVISIÓN CADETE FEMENINA
CB. BURELA  35  - ESTUDIANTES DE LUGO  62

2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA
CB. BURELA   19 - CIDADE DE LUGO  56

MINI FEMNINO 
CB. BURELA   31- CB. RIBADEO 66

MINI MASCULINO
CB. BURELA  72  - CELTAS DE FOZ  21

PREMINI MASCULINO
CB. BURELA  39 - CIDADE DE LUGO 51

PREMINI MIXTO
CB. BURELA  38 - CB. VIVEIRO  43