miércoles, 6 de abril de 2016

NON FOI POSIBLE, O CB. AUGAS SANTAS DE RIBADEO ASPIRARÁ A 2ª DIVISIÓN

CB. BURELA  44 - CB. AUGAS SANTAS RIBADEO 56


Partido dos que fan afección, moita xente nas gradas das dúas aficcións animando aos seus equipos.
Empezamos moi ben o partido con defensa na liña de pase, dificultando a súa circulación  e maniatando o seu xogo interior. A medida que o partido avanzaba cada vez tivemos máis dificultades en realizar o noso xogo, xa que Ribadeo ten xente con moita experinecia e que é difícil de marcar.
Ata o terceiro cuarto fomos capaces de estar no partido, o que nos fundiu foi a precipatación de cuarto cuarto, no que xogamos de maneira moi individual esquecendo o xogo de equipo que nos dera bo resultado no primeiro cuarto. Outra lagoa no partido foi o escaso acerto no tiro e unha pouca máis de consistencia no rebote no que seguramente influiu a falta do noso mellor xogador, lesionado, Andrés, que estivo a paslo mal na grada no podendo intervir no xogo.
Felicitar al Augas Santas por ser o campión da 3ª división provincial e desexarlle acerto na fase de playoff de ascenso.
RESULTADOS PARCIAIS:
1º CUARTO :  21 - 11
2º CUARTO :   5  - 12
3º CUARTO :  10 - 14
4º CUARTO .   8  - 19

ANOTADORES: Martín 5, Samuel 8, Cristian 5, Javi 4, Manolo 9, Héctor 4, Mario, Rafa, Miguel Rivas, Omar, Adrián, Pedrosa 9.